jueves, 18 de octubre de 2007

Abreviatura (abreviatura autista de Deus)

A nova recollida no xornal Galicia-Hoxe
Alonso Boo publica "Abreviatura autista de Deus"
O xornalista Xosé Miguel Alonso Boo publicou a súa primeira novela, Abreviatura (Abreviatura autista de Deus), unha obra "iconoclasta, desesperada e claustrofóbica", como a definiu o propio autor. Alonso Boo explicou que se trata dunha historia dun xornalista, "como non podía ser doutro xeito", que existiu realmente, hoxe desaparecido, que ten problemas coa Xustiza pola súa responsabilidade profesional, unha paixón por outra muller e un final de enfermidade e dor. Esta situación é a que o leva ós seus monólogos internos dirixidos a un deus "que está permanentemente de vacacións", o que o leva a unha visión dese deus pequena.
A novela, asegura, vai de sexo, de relacións de parella, de relixión, de enfermidade e dor e reflicte tamén a actualidade galega e internacional. Este mesmo ano, Boo publicou un ensaio histórico titulado A Correspondencia Galega e o desastre do 98, no que narra as guerras de Cuba ou Filipinas, a perda das colonias e unha "visión galega" de como se viviu aquilo, como chegaban os soldados enfermos a morrer aquí.