sábado, 28 de marzo de 2009

Pandeirada do traspaso


Ata hai nada, Touriño leváballe a Feijóo certa vantaxe moral no affaire do traspaso de poderes, no que un dicía xaque ao rei e o outro respostaba branca dobre.

Co seu ultimato de que non haberá nada que rañar ata mediados da semana que ven, o mandamáis en funcións acaba de poñerse a altura dun fatalmente asesorado presidente in pectore da Xunta. Feijóo debería saber que tendo tellado de vidro (inaugurar e gastar sendo vicepresidente en funcións), non se deben tirar pedras ao do veciño.

E que non se pode ir pola vida dicindo dese audi non beberei, si no teu garaxe tes un carro desa marca, porque ninguén vai entender que cos teus cartos podes facer o que che pete. Dito o dito paréceme unha indecencia da clase política –agora e hai 4 anos– manter unha lexislación que permite o marasmo gubernamental mentres se sigue a chuchar do bote.

Un baldón máis sobre a grosaría dos tres partidos –xuntos e revoltos, dereitas, esquerdas, nacionalistas e españolistas– que empatan no episodio de inmoralidade que conleva percibir o a plus de ex altos cargos.
Xornal de Galicia - 29.03.09

miércoles, 25 de marzo de 2009

Thirty years after

Sí señor, treinta años después localicé a viejos compañeros de fatigas de "La Voz de Galicia" y los convoqué a un yantar seguido de holgar -en el sentido de estar ociosos y entretenidos- en el Hostal de los Reyes Católicos de Santiago. Allí comparecieron Valentín G. Carrera, Tita Boquete, Alberto Castroverde, Concha Veiga, Tucho Calvo, Santi Romero, Joel Gómez. El gran fotógrafo que es Fernando Bellas, y que aparece de cuclillas, hizo la instantánea. No pudieron acudir, aunque quisieron, Miguel Somovilla y Xosé M. Palmeiro. ¡¡Que bueno que vinísteis!!

lunes, 23 de marzo de 2009

Hamás e os medios


Dende que Israel decretou o alto o fogo, o 17 de xaneiro, Hamás lanzou 81 misís e 49 bombas de morteiro contra os israelíes. Os medios de comunicación españois non deron a noticia nin nun solto, nin nunha cola de telexornal. Moitos deles están á espera de que Israel resposte para demonizar aos xudeos. Os ataques de Hamás, lonxe de tratarse de accións militares, concrétanse en 13 misís Kassam e dous Grad (estes cun alcance superior a 40 km) contra o exército israelí ¡e 68 contra a poboación civil! Do mesmo xeito, dos 49 morteiros guindados contra os xudeos, 9 o foron contra os seus uniformados ¡e 40 contra vivendas e escolas! Ademáis, nestes dous meses, os terroristas de Hamás continuaron traficando armas polos túneles gazatíes e tentaron sin éxito recepcionar un barco iraní cargado de armas.
Como a opinión pública non sabe que Hamás nada respecta, ha considerar que os 5.000 millóns de dólares recadados para reconstruir Gaza (200 de España) deben irse afloxando. Con eles Hamás surtiráse de armas e habilitará máis túneles. E Israel defenderáse.
Xornal de Galicia - 22.01.09

domingo, 15 de marzo de 2009

O 25 de abril do PSOE


O congreso extraordinario do 25 de abril debería ser para o PSOE galego unha especie de revolución dos caraveis como a acontecida no pais veciño, na mesma data de hai 35 anos. Hai xente nova disposta para tan necesaria tarefa, pero teño para min que os carcas do partido, os que teñen o cu pegado aos cargos, os que esqueceron, esmagaron e aldraxaron a ética no seu tránsito á moqueta e á soberbia, non van deixar que esa manchea de rapaces da iniciativa "sumandoideas" diga nin Pamplona. E sería unha magoa. Porque o que para o PSOE quere este animoso colectivo non é o poder a calquera prezo, senón sumando nas urnas máis votos ca ninguén ou acadando a maioría absoluta. Unha arela ben plausible se temos en conta que o que postulan sintoniza de cheo co que a maioría da xente quere: autocrítica, dereito á discrepancia sin que te expulsen (como se ten feito no BNG), unha educación na que o relevante sexa a súa calidade e non o mandilón dos nenos, unha Galicia políglota sin imposicións (contraproducentes per se) ou a reforma dos medios de comunicación públicos.
Xornal de Galicia - 15.03.09

domingo, 8 de marzo de 2009

Oportunistas e paniaguados

Sinto noxo de que a esquerda se enmerdara en corruptelas. Eu, dende logo, xa o viña dicindo. O que non sei é onde estaban metidos os columnistas que nestes días critican sen piedade ao fenecido bipartito e que nada dixeron nos últimos tempos. Resúltanme tan oportunistas como teimudos son, no seu particular "sostenella y no enmendalla", algúns intelectuais que aínda se empeñan en defender o indefendible. Os citados en primeiro lugar andiveron ben lixeiros para facer leña da árbore caída, sin que se lles coñeza crítica algunha en catro anos. E os paniaguados que se venderon por unha rolda de mojitos aínda non tiveron a elegancia democrática de aceptar que a dereita gañou soíña, a pesar do apoliticismo e do franquismo sociolóxico; e grazas, sen dúbida, á inexistente levedade dun inexistente cambio. Non aceptan que os populares foron respaldados pola rapaciada, polas cidades, pola alta participación. E o que compre non é botarlle outravolta as culpas aos demais; o que compre é aceptar que, cecais, as eleccións, non é que as gañara o PP, é que as perdeu o bipartito.

Xornal de Galicia - 08.03.09