viernes, 27 de abril de 2012

Xa sei por que Antón Reixa falaba tan ben da Cidade da Cultura e agora non

Xa sei por que Antón Reixa falaba tan ben da Cidade do Cultura hai un ano, cando publicou no Xornal de Galicia "Gustame a Cidade da Cultura", que reproducimos máis abaixo. Cóntao o xornalista compostelano José Antonio Pérez Docampo no artigo que vai a continuación. Pobre SGAE se o seu novo presidente é o bó de Antón!. Se hai que fiarse tanto das súas promesas para presidirnos aos autores, como do chaqueteo que se trae coa Cidade da Cultura, imos servidos. 
 
  

JOSE ANTONIO PÉREZ

APUNTE INICIAL

Reixa y la Cidade da Cultura

SE DEJÓ CAER Jordi Évole por la Cidade da Cultura con la intención de ponerla a parir, pero pareció no disgustarle la obra de Eisenman; tanto como ensalzó la disponibilidad de Anxo Lorenzo, el director xeral de Cultura, para debatir ante las cámaras sobre el complejo. Hasta ahí todo correcto. Críticas al proyecto pero sin la acritud de los pasajes anteriores (en Madrid y Valencia) del mismo programa. La guinda se la tenía que poner Antón Reixa, antaño ingenioso y polifacético creador, reconvertido ahora en presunto gestor de contenidos más pendiente del despacho que del duro día a día de los artistas. El exlíder de Os Resentidos pontificó resumiendo que la CdC se trataba simplemente de un montón de ladrillos. No fue la única barbaridad. Habló de una edificación "basta" fruto de "esa obsesión inmobiliaria que poco tiene que ver con la vida real". Y se cubrió de gloria alegando que Galicia "es el país del hambre, tenemos (los gallegos) el síndrome histórico del hambre y, en lo que son las infraestructuras culturales, trajo esta locura (sic)". Todo le sirve a Reixa para reafirmarse en Salvados. Pero el problema es que las hemerotecas existen. Y, por ejemplo, el 21 de noviembre de 2010, Antón Reixa escribía en el desaparecido Xornal de Galicia (periódico nada sospechoso de seguir el ideario de la Xunta) un jugoso artículo titulado Gústame a Cidade da Cultura. "Sei que esta opinión vén de resultar polémica, pero permítaseme argumentar", decía Reixa. Y argumentaba: "O resultado arquitectónico é espectacular e dunha beleza impresionante. Ao organicismo exterior e ben organizado no entorno, hai que sumar un acabado interior de liñas torturadas e impactantes. Diría que xa só o coñecemento do edificio, aínda que estivera baleiro, xustifica a visita da xente de Galicia e do turismo internacional". Pero es que, además, Reixa comparaba la Cidade da Cultura con la Catedral de Santiago y escribía: "Durante ós séculos peores, máis negativos e ruíns da historia de Galicia foise construíndo, en camadas sucesivas, a fabulosa Catedral en Compostela. Contemplando agora a beleza do edificio, non é que un se reconcilie con esa historia de negación do país, pero pódese chegar a pensar que cando menos nos quedou este extraordinario patrimonio arquitectónico. Visto o avance construtivo actual (e o resultado) da Cidade da Cultura, penso que poderiamos aplicar ese mesmo razoamento revestido de autoestima a unha iniciativa (a do complexo do Gaias), sen dúbida, xeneticamente tinxida de megalomanía". Significa esto que al calor de la poltrona de la presidencia del Clúster do Audiovisual Galego Reixa decía una cosa y ahora, aspirante al trono que Teddy Bautista dejó vacante en la SGAE, piensa lo contrario. Ya lo decía el filósofo Bronson Alcott: "La enfermedad del ignorante es ignorar su propia ignorancia".
 

(Publicado en "El Correo Gallego", 18 de marzo de 2012, página 30)

sábado, 21 de abril de 2012

Gústame a Cidade da Cultura

Por que será que Reixa falaba tan ben da Cidade do Cultura hai un ano, e no programa do Follonero, "Salvados" , da Sexta, hai menos de dous meses, a puña podre dediante de toda España?

Coraxe. Xa se pode visitar o estado actual das obras da controvertida Cidade da Cultura anotándose nunhas solicitadísimas visitas guiadas. Despois dunha desas vistas, escribo estas liñas.
Durante os séculos peores, máis negativos e ruíns da historia de Galicia foise construíndo, en camadas sucesivas, a fabulosa Catedral de Compostela. Contemplando agora a beleza do edificio, non é que un se reconcilie con esa historia de negación do país, pero pódese chegar a pensar que aínda ben que cando menos nos quedou este extraordinario patrimonio arquitectónico. Visto o avance construtivo actual (e o resultado) da Cidade da Cultura, penso que deberiamos aplicar ese mesmo razoamento revestido de autoestima a unha iniciativa ( a do complexo do Gaiás), sen dúbida, xeneticamente tinxida de megalomanía. Gústame a Cidade da Cultura. Sei que esta opinión vén resultar polémica, pero permítaseme argumentar.
O resultado arquitectónico é espectacular e dunha beleza impresionante. Ao organicismo exterior e ben integrado no entorno, hai que sumar un acabado interior de liñas torturadas e impactantes. Diría que xa só o coñecemento do edificio, aínda que estivese baleiro, xustifica a visita da xente de Galicia e do turismo internacional. Ao mesmo tempo, hai que sinalar unha racionalización do tamaño e ritmos do proxecto. Dous edificios aínda non construídos están aprazados con compromiso de terminación, pero con calendarios indefinidos. A crise e o redimensionamento imprescindible mandan.
Nas previsións actuais de contidos xa se ubican o Arquivo e a Biblioteca. Por certo, nese espazo para uns dous millóns de libros deberá haber sen dúbida unha destacada presenza da obra de Agustín Fernández Paz que, coa súa renuncia a un premio da Xunta, vén de blindar a nosa dignidade cultural (un traballador ilustre da lingua non podía ser alleo ás restricións lexislativas ­actuais que negativizan o desenvolvemento da súa materia prima). Nas previsións futuras contémplanse a restauración da memoria da Galicia emigrante en códigos de diversidade cultural, un grande teatro modular e outro centro, que esperemos que acolla infrarestruturas para a nosa industria cultural, nomeadamente as vinculadas á creación. Serán dunha centralidade absoluta os criterios que se deben esixir con rigor para as decisións de contidos do complexo.
Nas últimas semanas, padecemos a insoportable violación da aconfesionalidade do estado coa visita do Papa. É vital que Compostela e Galicia asuman con convición a construción e uso desta catedral laica e civil. Non pode haber maior cohesión da cidadanía galega e universal que a especial espiritualidade derivada da arte.
Melancolía. Tamén nestes días, contemplamos por televisión a beleza dos interiores da Sagrada Familia de Barcelona. Un edificio xenial arquitectonicamente pero froito evidente das convicións ultracatólicas de Gaudí. A ninguén se lle ocorriría negativizar a súa lenta terminación. Incorporemos con autoestima e orgullo crítico a Cidade da Cultura ao noso patrimonio nacional (nacional de Galicia, claro).