jueves, 4 de octubre de 2012

Miguel Boó fixo a doazón dunha gravación de Paz Andrade ao Consello da Cultura Galega


A gravación con un dos escasos discursos de Valentin Paz Andrade adicados á profesión periodística, custodiada dende hai máis de 28 anos por quen esto escribe, xa se atopa en lugar máis acaído ca miña humilde morada. Dende o pasado 28 de setembro deste 2012, cuxo Dia Das Letras adicamos en Galicia á figura do empresario, escritor, político, intelectual e galeguista pontevedrés afincado en Vigo, a devandita gravación –que orixinariamente se rexistrou en casette, e que ainda conservo- pertence ao Arquivo Sonoro de Galicia. O depósito do documento sonoro, neste servizo dependente do Consello da Cultura Galega, fíxose por parte da mesma Federación de Asociacións da Prensa (FEGAPE) da que eu mesmo fun promotor e anfitrión en 1984. Neste caso, os presidentes das asociacións de periodistas de Santiago de A Coruña –integrantes da FEGAPE- cederon a copia e as reseñas xornalísticas daquela data do 11 de xullo de 1984, ao presidente do CCG, Ramón Villares. Nas citadas noticias dase conta do discurso de Paz Andrade, que ao longo de 16 minutos defendeu a libertade de expresión e a autonomía de Galicia. O mesmo CD inclue os discursos do entón primeiro presidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor, e o de un servidor, Miguel Boó, como presidente da Asociación da Prensa de Santiago de Compostela e artífice da creación do órgano federativo dos periodistas Galegos.