(Preme a ligazón para acceder a entrevista na TVG)
domingo, 8 de noviembre de 2015
sábado, 7 de noviembre de 2015
El escritor Miguel Boó presentó el libro en el que narra cómo un emigrante gallego se metió en el bolsillo a la intelectualidad, y a las celebridades de Brasil y de medio mundo
Durante 3 décadas, su restaurante
Antonio´s fue también refugio de la oposición a la dictadura militar
La escritora brasileña Nélida Piñón
y el conselleiro de Cultura, Román Rodriguez, respaldaron ayer en un abarrotado
salón real del compostelano Hostal de los Reyes Católicos –con más de 250
asistentes-, al escritor y periodista Miguel Boó en la presentación de su libro
“Manuel Rieiro: Cómo conquisté Brasil”, en el que se narra el espectacular
éxito de un emigrante de Santa Comba que emigró con 17 años y sin apenas
estudios para convertirse pocos años después en el “rey español de la bohemia
carioca”.
El autor de la biografía recordó
que en 1998 conoció a Nélida Piñón cuando se la presentó el propio Rieiro con
motivo de su investidura como doctora honoris causa por la Universidad de
Santiago –primera mujer en alcanzar tal distinción, en cinco siglos de esta
institución- y destacó que el nexo de unión entre ellos y el propio libro no
era otro que el de la emigración.
CAMINO ALFONBRADO DE FLORES
Sobre el contenido de la biografía
dijo que esta se remontaba al momento en el protagonista se embarca hacia
Brasil, huyendo de la miseria y sin sospechar siquiera que en Río de Janeiro de
cumpliría el presagio de su abuela de que a partir de su marcha, su vida
transcurriría por un camino alfombrado de flores. “Manolo Rieiro –añadió-
tendría a suerte de conocer, nada más llegar a su particular El Dorado, a la
que sería su hada madrina, Niomar Moniz Sodré Bittencourt, directora del Museo
de Arte Moderna. Allí aprendería nuestro hombre a amar el arte y a ser el
campeón del mundo de las relaciones públicas”.
Pocos años después, y aprovechando
los contactos adquiridos durante su período de trabajo en el Museo, Manolo de Buxán fundaría el mítico
restaurante Antonio´s que al poco, y durante casi tres décadas, se convertiría
en el templo de la intelectualidad carioca.
CÉLEBRES Y FAMOSOS
Desde las grandes figuras de la bossa nova –Vinicius, Tom Jobim, Joao
Gilberto, Chico Buarque hasta artistas plásticos como Di Cavalcanti
–contemporáneo y amigo de Picasso o Matisse- , o arquitectos como Niemeyer,
pasando por grandes figuras de la literatura como Pablo Neruda, Carlos Fuentes,
Nélida Piñón, Jorge Amado, Paulo Coelho, etc. todos pasaron e incluso fueron
clientes asiduos del Antonio´s. Como lo fue Juscelino Kubistchek, el primer
presidente constitucional de la República, el “presidente bossa nova”, el que con el eslogan “50 años de progreso en 5 años
de gobierno”, metió a Brasil en la modernidad y construyó de la nada la
espectacular e impactante capital en Brasilia.
Pero también reservaron mesa en su
local celebridades como el bailarín Nureiev, Mick Jagger, Francis Ford Coppola,
Jack Nicholson, Roman Polanski, Michael Caine los tres astronautas del Apolo XI
que ancló en la superficie de la Luna, Fran Sinatra y sus acompañantes Ava
Gardner y Ursula Andress, y hasta la propia Reina de Inglaterra.
O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez presentou a Miguel Boó. |
CONDECORACIONES Y RECONOCIMIENTOS
El periodista
Miguel Boó finalizó su intervención apostillando que además de cultura y de glamour, Rieiro también dió cobijo y cuartel general a los
opositores a la dictadura de los “anos do chumbo”. Sobre el particular recordó
que estos días en Brasil se recuerda precisamente el 40 aniversario del
asesinato del periodista croata, de origen judío, Vladimir Herzog, torturado en
las cárceles del régimen. Vlado, como se
conocía al responsable del canal TV Cultura, era también asiduo del Antonio´s.
Nada pudo hacer Rieiro por él, pero sí por otros represaliados y detenidos a
los que incluso llegó a sacar de la cárcel, gracias a sus dotes diplomáticas
con algunos de los altos mandos del ejército. “Por todo ello –concluyó- Manuel
Rieiro Romar fue condecorado y homenajeado por todos los estamentos de la ciudad
y del Estado de Rio, amén de recibir del Rey Juan Carlos I la Orde de Isabel la
Católica.
Por su parte, Nélida Piñán certificó
la talla humana y ciudadana de Rieiro, ratificó los méritos que acumuló el
empresario gallego y alabó la sensibilidad de Miguel Boó “por entender que en
Manuel Rieiro había un personaje que se ha convertido en leyenda”. Cerró el
acto el representante de la Xunta de Galicia que se mostró muy honrado de
presidir una mesa en compañía de la escritora galardonada con el Príncipe de
Asturias de las Letras (2005) y “de alguien tan sorprendente como Manuel
Rieiro, un emigrante aventurero y de vida casi novelesca que fue capaz –con
esfuerzo, motivación y trabajo- de poner en marcha un mito como el del
Antonio´s”.
Transcricion da intervención de Miguel Boó na presentación do seu libro “MANUEL RIEIRO: CÓMO CONQUISTÉ BRASIL”
Boas tardes e benvidos.
Non
podería empezar a miña intervención sen agradecer a presenza hoxe
aquí da grande escritora universal que é Nélida Piñón Cuiñas, á
que tiven o privilexio de coñecer, grazas ao seu amigo Manolo Rieiro
cando no ano 1998 foi investida doutora Honoris Causa pola USC; por
certo, primeira muller en 500 anos desta institución académica que
acadou tal recoñecemento. E precisamente a súa “República dos
sonhos”, obra mestra da literatura mundial, ten moito que ver con
eles dous e mais co libro que hoxe presentamos, porque está
directamente relacionado coa emigración e, especialmente, con esa
idea que a gran novela de Nélida baralla: o trunfo, o éxito na vida
non ten por qué estar vencellado, nen moito menos, o acúmulo de
ouro e poder.
Assim
que contar hoje aquí con Nélida Piñón é unha honra ben grande e
inesquecible. Muito obrigado. Fico en dédeda impagable con voçé.
E, por
suposto, quero expresar o meu fondo agradecemento ao conselleiro de
Cultura, Román Rodríguez, por este inmerecido respaldo á miña
condición de escritor, complementaria, en todo caso, da de
xornalista.
No sei
se se adoita que un xefe se preste a este tipo de actos cun
subordinado, como è o caso, pero para min ten máis valor que se me
subiran o soldo. Por iso debo dicirche que non te imaxinas, meu
conselleiro, a gratitude –a gratidao- que sinto.
Pero
falaba de emigración. O primeiro que,
na miña nenez, me puxo en contacto co Brasil foi un selo de correos
de 1969 dos moitos que conseguía na aldea dos meus pais, polas
cartas que alí enviaban os nosos emigrantes.
O
selo en cuestión equiparaba aos meus herois daquela, os astronautas
que foran á Lúa, Neil Armstrong, Michael Collins e Edwin Aldrin
–despois pecharei o círculo- con un tal Santos Dumont. O selo
reproducía na metade esquerda un debuxo do mentado Santos coa Tour
Eiffel por tras, e na metade dereita o alunizaxe da nave Apolo XI.
Souben moito despois que o tal Santos era un aviador e inventor
brasileiro, máis importante que os irmaos Wright, ata o ponto de que
podía considerarse non só un precursor senón mesmo o pai da
aviación.
A
emigración, pois, –como non podía ser menos- foi o fío que,
deste xeito, me puxo en contacto con aquel país. E a emigración
volveu ser conditio sine
qua non
para que tres lustros despois, en 1985, topara de bruces, de fuciños,
cun carioca universal que, ao mesmo tempo, ven sendo un galego
excepcional.
Naturalmente,
ese galego de Buxán de Cícere, fillo adoptivo e cidadán honorario
de Río de Janeiro, para quen “Vivir é un acto de permanente
intercambio e donaciòn”, non é outro que Manolo Rieiro Romar
Non me
podo lembrar quen me presentou a Manuel Rieiro, pero foi no ano 1985.
Meses despois daquel primeiro encontró publicaríalle unha reportaxe
na contraportada de La Voz de Galicia. Unha reportaxe que se titulaba
“Manolo Rieiro emigró de Santa Comba con un baúl de ropa y
algunas viandas, y hoy es ciudadano honorario de Río de Janeiro”,
e que ainda él conserva amarelecida polo paso do tempo, tanto a
folla do periódico como o sobre no que viaxou ata Brasil.
Nesa
páxina enteira, un servidor daba conta das andanzas do entón
alcumado “Rei español da bohemia de Ipanema”. Enton, o noso
heroe tiña 42 anos e levaba case duas décadas rexentando o
restaurante Antonio´s que xa se convertera no templo da
intelectualidade carioca e no refuxio dos opositores á ditadura
militar.
Desde
aquel primeiro encontro, cada vez que Rieiro volveu a Galicia,
combinamos e partillamos sobre novos episodios e noticias dos que me
daba conta, cada cal máis literalmente increíble que os anteriores.
Dese xeito, contábame, como quen non quería a cousa, que polo seu
local pasaran os astronautas americanos primeiros en alunizar (velaí
o circo pechado); que lle negou mesa –amablemente por suposto- a
Frank Sinatra, que ía acompañado de Ava Gardner coa que estivera
casado, e da primeira “chica Bond”, a belísima Ursula Andress,
porque non a reservaran e non era o caso de deixar a nengún carioca
previsor sen o seu sitio, por moi famoso que fora o cliente; ou que
polo Antonio´s pasara a mesmísima Raiña Isabel II de Inglaterra…
Naturalmente,
eu non podía dar creto ao que me contaba, porque aquilo parecía
froito dunha mente ensoñadora, fantasiosa, algo esaxerada… Pero,
qué va!
Cando
moitos anos despois, -sete exactamente- Manolo Rieiro me preguntou
se estaría disposto a escreber as súas memorias, díxenlle que sí
coa boca pequeña, pero enseguida lle pedín documentos, xornais,
revistas, libros, cartas, fotos, cadros, notas manuscritas… E foi
entón cando descubrín, por exemplo o poema que lle adicara e
asinara Pablo Neruda; as notas e cartas de Vinicius de Morais, Nélida
Piñón ou Paulo Coelho e, en definitiva, a ratificación de que todo
canto me contara, e moito máis, estaba documentado.
E así
naceu o libro que presentamos hoxe. Un relato que se inicia na aldea
de Buxán de Cícere, en Santa Comba, hai 55 anos. Daquela, un rapaz
de 17 anos –un auténtico Apolo a xulgar polas fotos- que mesmo
fora vocalista da Orquestra Hermanos Ucha, que só tiña os estudios
elementais e só sabía as catro reglas, decidiu facer as maletas, o
baúl máis ben, e fuxir da miseria cara a emigración. Non podía
sospeitar que no seu soñado Rio cumpriríase o presaxio da súa
avoa, pronunciado na noitiña que saiu da aldea, e que comezaría
para él o percorrido por una camiño alfombrado de flores.
Manolo
Rieiro tería a sorte de coñecer, ao pouco de chegar á cidade
maravillosa á que sería a súa fada madriña, Niomar Muniz Sodré
Bittencourt. Foi no Museo da Arte Moderna, da que a súa benefactora
era a directora. Alí aprendería a amar a arte e tamén a ser o
campeón do mundo das relacións públicas nun ámbito no que se daba
cita a crème de la crème
da cidade.
Poucos
anos despois do encontró con Dona Niomar, fundaría o mítico
bar/restaurante Antonio´s e o convertiría no templo da
intelectualidade carioca durante case tres decenios:
Desde
as grandes figuras da bossa nova –Vinicius de Moraes, Tom Jobim,
Joao Gilberto, Chico Buarque ata artistas plásticos como Di
Cavalcanti, arquitectos como Niemeyer, pasando por grandes figuras da
literatura como Pablo Neruda, Carlos Fuentes, Nélida Piñón, Jorge
Amado ou Paulo Coelho, todos estiveron e mesmo foron clientes asiduos
do Antonio´s. Pero tamén reservaron mesa no seu local celebridades
como o bailarín Nureiev, Mick Jagger, Francis Ford Coppola, Jack
Nicholson, Roman Polanski, Michael Caine, Brigitte Bardot ou os
mencionados cosmonautas, Frank Sinatra e as súas despampanantes
acompañantes, e a mesma Raiña de Inglaterra
Naqueles
tempos, o pintor lisboeta Eurico Abreu inmortalizou a algúns deses
grandes clientes do Antonio´s nun cadro que ven de servir de capa e
contracapa a este libro. No óleo levitan, pululan, beben e polemizan
dende o lendario Vinicius de Moraes ata o presidente Juscelino
Kubistchek de Oliveira, tamén coñecido como o presidente bossa
nova, presidente constitucional da República, que co slogan de “50
anos de progresso en 5 anos de goberno” levou o pais á
modernidade, amais de crear da nada a impactante e espectacular
capital Brasilia. Pero tamén aparecen retratados no lenzo o pintor e
caricaturista Di Cavalcanti, contemporáneo e amigo de Picasso ou
Matisse; o critico musical Lucio Rangel quen presentara a Vinicius e
Tom Jobim, ou a actriz Leila Diniz, que alborotara a todo o país
exhibindose en bikini en 1971, grávida de 6 meses…
E ben,
ademais de cultura e de glamour, hai que dicilo, Rieiro tamén deu
acubillo no seu local aos opositores á ditadura dos anos do chumbo.
Precisamente estes días conmemoran en Brasil os 40 anos da tortura
e asesinato, polo réxime militar, do xornalista croata de orixe
xudea, Vladimir Herzog, asiduo do Antonio´s. Nada puido facer por
este periodista, pero grazas á súa diplomacia con aqueles militares
represores, o emigrante galego foi quen de axudar a moitos
represaliados e mesmo conseguiu tirar da cadea a máis dun condenado.
Por
todo iso, e por moitas outras cousas que se contan no libro, Manuel
Rieiro Romar foi condecorado e homenaxeado por todos os estamentos da
cidade e do Estado de Rio, amén de recibir do Rey Juan Carlos I a
Orde de Isabel a Católica.
Moito obrigado queridas
amigas e amigos por asistir hoxe aquí, porque ainda que, sen dúbida
sería ótimo e mesmo maravilloso, non creo que nos vexamos con
motivo da próxima edición deste libro en portugués, edición que
será presentada en Rio de Janeiro
Hai trinta anos
Hai trinta anos fixen unha reportaxe do exitoso emigrante, quen ainda a conserva xunto o sobre no que lle chegou a Brasil
viernes, 6 de noviembre de 2015
Convite
Reproducción do convite para o acto de presentación celebrado en Santiago de Compostela o pasado día 28 de outubro de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)