sábado, 7 de noviembre de 2015

El escritor Miguel Boó presentó el libro en el que narra cómo un emigrante gallego se metió en el bolsillo a la intelectualidad, y a las celebridades de Brasil y de medio mundo

Durante 3 décadas, su restaurante Antonio´s fue también refugio de la oposición a la dictadura militar




La escritora brasileña Nélida Piñón y el conselleiro de Cultura, Román Rodriguez, respaldaron ayer en un abarrotado salón real del compostelano Hostal de los Reyes Católicos –con más de 250 asistentes-, al escritor y periodista Miguel Boó en la presentación de su libro “Manuel Rieiro: Cómo conquisté Brasil”, en el que se narra el espectacular éxito de un emigrante de Santa Comba que emigró con 17 años y sin apenas estudios para convertirse pocos años después en el “rey español de la bohemia carioca”.

El autor de la biografía recordó que en 1998 conoció a Nélida Piñón cuando se la presentó el propio Rieiro con motivo de su investidura como doctora honoris causa por la Universidad de Santiago –primera mujer en alcanzar tal distinción, en cinco siglos de esta institución- y destacó que el nexo de unión entre ellos y el propio libro no era otro que el de la emigración.

CAMINO ALFONBRADO DE FLORES
Sobre el contenido de la biografía dijo que esta se remontaba al momento en el protagonista se embarca hacia Brasil, huyendo de la miseria y sin sospechar siquiera que en Río de Janeiro de cumpliría el presagio de su abuela de que a partir de su marcha, su vida transcurriría por un camino alfombrado de flores. “Manolo Rieiro –añadió- tendría a suerte de conocer, nada más llegar a su particular El Dorado, a la que sería su hada madrina, Niomar Moniz Sodré Bittencourt, directora del Museo de Arte Moderna. Allí aprendería nuestro hombre a amar el arte y a ser el campeón del mundo de las relaciones públicas”.

Pocos años después, y aprovechando los contactos adquiridos durante su período de trabajo en el Museo, Manolo de Buxán fundaría el mítico restaurante Antonio´s que al poco, y durante casi tres décadas, se convertiría en el templo de la intelectualidad carioca.

CÉLEBRES Y FAMOSOS
Desde las grandes figuras de la bossa nova –Vinicius, Tom Jobim, Joao Gilberto, Chico Buarque hasta artistas plásticos como Di Cavalcanti –contemporáneo y amigo de Picasso o Matisse- , o arquitectos como Niemeyer, pasando por grandes figuras de la literatura como Pablo Neruda, Carlos Fuentes, Nélida Piñón, Jorge Amado, Paulo Coelho, etc. todos pasaron e incluso fueron clientes asiduos del Antonio´s. Como lo fue Juscelino Kubistchek, el primer presidente constitucional de la República, el “presidente bossa nova”, el que con el eslogan “50 años de progreso en 5 años de gobierno”, metió a Brasil en la modernidad y construyó de la nada la espectacular e impactante capital en Brasilia.

Pero también reservaron mesa en su local celebridades como el bailarín Nureiev, Mick Jagger, Francis Ford Coppola, Jack Nicholson, Roman Polanski, Michael Caine los tres astronautas del Apolo XI que ancló en la superficie de la Luna, Fran Sinatra y sus acompañantes Ava Gardner y Ursula Andress, y hasta la propia Reina de Inglaterra.

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez presentou a Miguel Boó.

CONDECORACIONES Y RECONOCIMIENTOS
El periodista Miguel Boó finalizó su intervención apostillando que además de cultura y de glamour, Rieiro también dió cobijo y cuartel general a los opositores a la dictadura de los “anos do chumbo”. Sobre el particular recordó que estos días en Brasil se recuerda precisamente el 40 aniversario del asesinato del periodista croata, de origen judío, Vladimir Herzog, torturado en las cárceles del régimen. Vlado, como  se conocía al responsable del canal TV Cultura, era también asiduo del Antonio´s. Nada pudo hacer Rieiro por él, pero sí por otros represaliados y detenidos a los que incluso llegó a sacar de la cárcel, gracias a sus dotes diplomáticas con algunos de los altos mandos del ejército. “Por todo ello –concluyó- Manuel Rieiro Romar fue condecorado y homenajeado por todos los estamentos de la ciudad y del Estado de Rio, amén de recibir del Rey Juan Carlos I la Orde de Isabel la Católica.

Por su parte, Nélida Piñán certificó la talla humana y ciudadana de Rieiro, ratificó los méritos que acumuló el empresario gallego y alabó la sensibilidad de Miguel Boó “por entender que en Manuel Rieiro había un personaje que se ha convertido en leyenda”. Cerró el acto el representante de la Xunta de Galicia que se mostró muy honrado de presidir una mesa en compañía de la escritora galardonada con el Príncipe de Asturias de las Letras (2005) y “de alguien tan sorprendente como Manuel Rieiro, un emigrante aventurero y de vida casi novelesca que fue capaz –con esfuerzo, motivación y trabajo- de poner en marcha un mito como el del Antonio´s”.


Transcricion da intervención de Miguel Boó na presentación do seu libro “MANUEL RIEIRO: CÓMO CONQUISTÉ BRASIL”




Boas tardes e benvidos.

Non podería empezar a miña intervención sen agradecer a presenza hoxe aquí da grande escritora universal que é Nélida Piñón Cuiñas, á que tiven o privilexio de coñecer, grazas ao seu amigo Manolo Rieiro cando no ano 1998 foi investida doutora Honoris Causa pola USC; por certo, primeira muller en 500 anos desta institución académica que acadou tal recoñecemento. E precisamente a súa “República dos sonhos”, obra mestra da literatura mundial, ten moito que ver con eles dous e mais co libro que hoxe presentamos, porque está directamente relacionado coa emigración e, especialmente, con esa idea que a gran novela de Nélida baralla: o trunfo, o éxito na vida non ten por qué estar vencellado, nen moito menos, o acúmulo de ouro e poder.

Assim que contar hoje aquí con Nélida Piñón é unha honra ben grande e inesquecible. Muito obrigado. Fico en dédeda impagable con voçé.

E, por suposto, quero expresar o meu fondo agradecemento ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, por este inmerecido respaldo á miña condición de escritor, complementaria, en todo caso, da de xornalista.

No sei se se adoita que un xefe se preste a este tipo de actos cun subordinado, como è o caso, pero para min ten máis valor que se me subiran o soldo. Por iso debo dicirche que non te imaxinas, meu conselleiro, a gratitude –a gratidao- que sinto.

Pero falaba de emigración. O primeiro que, na miña nenez, me puxo en contacto co Brasil foi un selo de correos de 1969 dos moitos que conseguía na aldea dos meus pais, polas cartas que alí enviaban os nosos emigrantes.

O selo en cuestión equiparaba aos meus herois daquela, os astronautas que foran á Lúa, Neil Armstrong, Michael Collins e Edwin Aldrin –despois pecharei o círculo- con un tal Santos Dumont. O selo reproducía na metade esquerda un debuxo do mentado Santos coa Tour Eiffel por tras, e na metade dereita o alunizaxe da nave Apolo XI. Souben moito despois que o tal Santos era un aviador e inventor brasileiro, máis importante que os irmaos Wright, ata o ponto de que podía considerarse non só un precursor senón mesmo o pai da aviación.

A emigración, pois, –como non podía ser menos- foi o fío que, deste xeito, me puxo en contacto con aquel país. E a emigración volveu ser conditio sine qua non para que tres lustros despois, en 1985, topara de bruces, de fuciños, cun carioca universal que, ao mesmo tempo, ven sendo un galego excepcional.

Naturalmente, ese galego de Buxán de Cícere, fillo adoptivo e cidadán honorario de Río de Janeiro, para quen “Vivir é un acto de permanente intercambio e donaciòn”, non é outro que Manolo Rieiro Romar

Non me podo lembrar quen me presentou a Manuel Rieiro, pero foi no ano 1985. Meses despois daquel primeiro encontró publicaríalle unha reportaxe na contraportada de La Voz de Galicia. Unha reportaxe que se titulaba “Manolo Rieiro emigró de Santa Comba con un baúl de ropa y algunas viandas, y hoy es ciudadano honorario de Río de Janeiro”, e que ainda él conserva amarelecida polo paso do tempo, tanto a folla do periódico como o sobre no que viaxou ata Brasil.

Nesa páxina enteira, un servidor daba conta das andanzas do entón alcumado “Rei español da bohemia de Ipanema”. Enton, o noso heroe tiña 42 anos e levaba case duas décadas rexentando o restaurante Antonio´s que xa se convertera no templo da intelectualidade carioca e no refuxio dos opositores á ditadura militar.

Desde aquel primeiro encontro, cada vez que Rieiro volveu a Galicia, combinamos e partillamos sobre novos episodios e noticias dos que me daba conta, cada cal máis literalmente increíble que os anteriores. Dese xeito, contábame, como quen non quería a cousa, que polo seu local pasaran os astronautas americanos primeiros en alunizar (velaí o circo pechado); que lle negou mesa –amablemente por suposto- a Frank Sinatra, que ía acompañado de Ava Gardner coa que estivera casado, e da primeira “chica Bond”, a belísima Ursula Andress, porque non a reservaran e non era o caso de deixar a nengún carioca previsor sen o seu sitio, por moi famoso que fora o cliente; ou que polo Antonio´s pasara a mesmísima Raiña Isabel II de Inglaterra…

Naturalmente, eu non podía dar creto ao que me contaba, porque aquilo parecía froito dunha mente ensoñadora, fantasiosa, algo esaxerada… Pero, qué va!

Cando moitos anos despois, -sete exactamente- Manolo Rieiro me preguntou se estaría disposto a escreber as súas memorias, díxenlle que sí coa boca pequeña, pero enseguida lle pedín documentos, xornais, revistas, libros, cartas, fotos, cadros, notas manuscritas… E foi entón cando descubrín, por exemplo o poema que lle adicara e asinara Pablo Neruda; as notas e cartas de Vinicius de Morais, Nélida Piñón ou Paulo Coelho e, en definitiva, a ratificación de que todo canto me contara, e moito máis, estaba documentado.

E así naceu o libro que presentamos hoxe. Un relato que se inicia na aldea de Buxán de Cícere, en Santa Comba, hai 55 anos. Daquela, un rapaz de 17 anos –un auténtico Apolo a xulgar polas fotos- que mesmo fora vocalista da Orquestra Hermanos Ucha, que só tiña os estudios elementais e só sabía as catro reglas, decidiu facer as maletas, o baúl máis ben, e fuxir da miseria cara a emigración. Non podía sospeitar que no seu soñado Rio cumpriríase o presaxio da súa avoa, pronunciado na noitiña que saiu da aldea, e que comezaría para él o percorrido por una camiño alfombrado de flores.

Manolo Rieiro tería a sorte de coñecer, ao pouco de chegar á cidade maravillosa á que sería a súa fada madriña, Niomar Muniz Sodré Bittencourt. Foi no Museo da Arte Moderna, da que a súa benefactora era a directora. Alí aprendería a amar a arte e tamén a ser o campeón do mundo das relacións públicas nun ámbito no que se daba cita a crème de la crème da cidade.

Poucos anos despois do encontró con Dona Niomar, fundaría o mítico bar/restaurante Antonio´s e o convertiría no templo da intelectualidade carioca durante case tres decenios:
Desde as grandes figuras da bossa nova –Vinicius de Moraes, Tom Jobim, Joao Gilberto, Chico Buarque ata artistas plásticos como Di Cavalcanti, arquitectos como Niemeyer, pasando por grandes figuras da literatura como Pablo Neruda, Carlos Fuentes, Nélida Piñón, Jorge Amado ou Paulo Coelho, todos estiveron e mesmo foron clientes asiduos do Antonio´s. Pero tamén reservaron mesa no seu local celebridades como o bailarín Nureiev, Mick Jagger, Francis Ford Coppola, Jack Nicholson, Roman Polanski, Michael Caine, Brigitte Bardot ou os mencionados cosmonautas, Frank Sinatra e as súas despampanantes acompañantes, e a mesma Raiña de Inglaterra

Naqueles tempos, o pintor lisboeta Eurico Abreu inmortalizou a algúns deses grandes clientes do Antonio´s nun cadro que ven de servir de capa e contracapa a este libro. No óleo levitan, pululan, beben e polemizan dende o lendario Vinicius de Moraes ata o presidente Juscelino Kubistchek de Oliveira, tamén coñecido como o presidente bossa nova, presidente constitucional da República, que co slogan de “50 anos de progresso en 5 anos de goberno” levou o pais á modernidade, amais de crear da nada a impactante e espectacular capital Brasilia. Pero tamén aparecen retratados no lenzo o pintor e caricaturista Di Cavalcanti, contemporáneo e amigo de Picasso ou Matisse; o critico musical Lucio Rangel quen presentara a Vinicius e Tom Jobim, ou a actriz Leila Diniz, que alborotara a todo o país exhibindose en bikini en 1971, grávida de 6 meses…

E ben, ademais de cultura e de glamour, hai que dicilo, Rieiro tamén deu acubillo no seu local aos opositores á ditadura dos anos do chumbo. Precisamente estes días conmemoran en Brasil os 40 anos da tortura e asesinato, polo réxime militar, do xornalista croata de orixe xudea, Vladimir Herzog, asiduo do Antonio´s. Nada puido facer por este periodista, pero grazas á súa diplomacia con aqueles militares represores, o emigrante galego foi quen de axudar a moitos represaliados e mesmo conseguiu tirar da cadea a máis dun condenado.

Por todo iso, e por moitas outras cousas que se contan no libro, Manuel Rieiro Romar foi condecorado e homenaxeado por todos os estamentos da cidade e do Estado de Rio, amén de recibir do Rey Juan Carlos I a Orde de Isabel a Católica.

Moito obrigado queridas amigas e amigos por asistir hoxe aquí, porque ainda que, sen dúbida sería ótimo e mesmo maravilloso, non creo que nos vexamos con motivo da próxima edición deste libro en portugués, edición que será presentada en Rio de Janeiro

Hai trinta anos


Hai trinta anos fixen unha reportaxe do exitoso emigrante, quen ainda a conserva xunto o sobre no que lle chegou a Brasil

viernes, 6 de noviembre de 2015

Convite


Reproducción do convite para o acto de presentación celebrado en Santiago de Compostela o pasado día 28 de outubro de 2015