viernes, 29 de enero de 2010

Aqueles marabillosos 80´s


Tal como éramos. A foto ven de ser publicada no volume editado pola Fundación Araguaney de Santiago de Compostela nos seus 25 anos de andaina. Correspóndese cunha actuación do meu grupo "Esguince de Frenillo" a beneficio dos xogadores da SD Compostela. Corría o ano 1986. Daquela os xogadores tampouco cobraban. De recordo regaláronnos unha bandeirola bordada a man polas monxas de Santa Clara. Coitadas, tiveron que escri bir con fio de ouro aquelo de "A S.D. Compostela, agradecida a Esguince de Frenillo"...