Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

PRESENTACIÓN EN OURENSE DE ``SUSO VAAMONDE, VOZ DE TREBON´´

Imagen
  NA TERRA ADOPTIVA DE OURENSE   Convite á presentación do acto en Ourense     Suso Vaamonde viviu grande parte da súa vida vencellado a Ourense. De aquí era natural a súa primeira muller, Sinda, que tamén nos deixou, ¡tan nova! Aquí estudiou o fillo de ambos, Susiño. E aquí casaría con outra ourensá, Yuli Cuiñas.   Aquí se entregou ás autoridades para pasar 43 días polo cárcere antes de  ser indultad. E mesmo volveu a prisión para darlles un concerto aos reclusos. Aquí, en Ourense, non deixou de participar na “Escola Internacional de Vrao”, dentro das “Jornadas do Ensino Galiza-Portugal”, dende 1996 a 1999. Aquí fixo grandes amigos como o gran Celso Emilio, sen dúbida un dos seus preferidos, senón o máis. De feito, Celso morreu escoitando a música que Suso lle puxera a aqueles versos inmorrentes de “Celanova ten un vento…” E aquí cultivou amizades como a de moitos dos presentes, en primeiro lugar á de Miguel Santalices e Rosendo Fernández, que hoxe me honran coa sua presencia xunto a