viernes, 15 de mayo de 2009

Por que deixei de escribir no Xornal de Galicia



Como queira que os meus amigos e lectores do meu blog queren saber as razóns polas cales xa non aparecen as miñas columnas no Xornal de Galicia, paso a explicar moi brevemente o acontecido.
O 8 de abril enviei ao devandito periódico o meu artigo semanal, titulado “A UPG, cancro do BNG”, para ser publicado o Domingo de Pascoa ou de Resurrección. Como non apareceu nin na versión papel nin na edición dixital, dirixínme á responsable de opinión e deume unha curiosa explicación: que como se produciran novas en relación cos movimentos precongresuais do BNG, que aparentemente non coincidían coas apreciacións expresadas no meu artigo, decidiran aplazar a súa publicación ata despois de falar comigo.
Cando expliquei que para nada había contradicción entre o sucedido e o que eu aventuraba no texto, e que, en calquera caso se trataba dunha opinión asinada e non dunha información, quedamos en que non habería problema para publicalo ao día seguinte martes. Pero tal cousa non aconteceu. En troques diso, a segunda de a bordo da sección de Opinión respondeu, aos meus requerimentos, co seguinte mail:
...
Estimado Miguel
Escríbolle con motivo do artigo sobre a UPG e o BNG para decirlle que tal e como o recibimos non podemos publicalo. Isto é debido a que nos nosos estándares para publicar artigos de opinión, non podemos publicar artigos que conteñan descalificacións persoais e no seu artigo se inclúen calificativos como "radical e sumiso" aplicados a persoas. Ademáis, sobre o tema da candidatura de Carlos Aymerich e a UPG, segundo as nosas informacións (é o que estamos a publicar no xornal) Aymerich non vai ligado a UPG. Con todo, gustaríanos publicar o seu artigo se lle fai as modificacións precisas.
Moitas gracias e un saúdo
...
A miña inmediata resposta foi a seguinte:
Estimada M…:
Discrepo radicalmente de que tildar a alguén de radical sexa unha descalificación persoal. Moito menos ainda reputalo de sumiso (obediente, subordinado).
E, se quere atopar descualificacións personais, eu teño visto algunha publicada no Xornal.
En canto ao tema da candidatura de Aymerich, si o que facemos os colaboradores é opinar, a miña opinión non é outra que a que expoño. Opinión que, por certo concorda coa de Beiras e Nogueira, sin que iso queira decir que eu teña algo que ver con eles.
Dito o dito, mándolle de novo o artigo con autocensura, así terán a posibilidade de atender estes meus argumentos e publicar a versión orixinal, ou desoílos e publicar o texto castrado.
Cordialmente
Miguel Boó
...
Como tampouco así houbo reacción, mandei, nos seguintes termos, a miña renuncia a seguir escribindo:
“… ao meu entender se desprende que todo o anterior foi unha montaxe e que, dende un primeiro momento houbo intención de censura. Que a estas alturas da miña vida teña que oir que sustantivar ou adxetivar a un político como radical ou sumiso é unha descualificación persoal que impide a súa publicación, paréceme grotesco, indecente e atentatorio contra a libertade de expresión. Pero por si o trato que se me dispensou (e non era a primeira vez) non foi suficientemente aldraxante, velaí que ademáis incurre en flagrante discriminación.
Ainda aceptando que as palabras en cuestión foran descualificadoras -que, obviamente non o son- acontece que "os vosos estándares para publicar artigos de opinión, (que) non (vos) deixan publicar artigos que conteñan descalificacións persoais" foron literalmente pisoteados por outros colaboradores en numerosas ocasións. Como non teño tempo, somente me referirei a tres casos:
O columnista X. Pérez Igrexas deixou escrito en "Insultos desde a dereita" que Baltar é un fillo de puta e un cacique; en "Cainismo non é debate", dí que "exemplares como M. Romeu xa demostraron a súa deslealtade" (exemplar é un termo empregado despectivamente, e desleal é alguén que incumpre as leis da fidelidade, a honra e a bonomía de ben); e no artigo titulado "A covardía de Feijoo" chama neoliberal e covarde ao Feijoo.
Pero iso non foi todo. Como podes comprobar, contestei dando dúas alternativas e non aceptou ningunha delas, polo que o meu artigo sigue sin aparecer. Así que nesta situación de indefensión e atropelo dos meus dereitos, anuncio que deixo de ser colaborador de Xornal de Galicia. Iso sí, non sin agradecer sinceramente que se me convidara a formar parte dese proxecto ao que desexo moitos anos de vida.
E isa foi a historia. O artigo de marras está colgado neste mesmo blog http://miguelboo.blogspot.com/2009/04/upg-cancro-do-bng.html onde seguirei publicando o que me pete e onde espero seguir contando contigo como lector.
Apertas, meus amigos e amigas, e un brinde pola libertade de expresión outravolta aldraxada.

11 comentarios:

  1. Fixo vostede o que debía. O que non pode ser é que algúns medios vaian pola vida presumindo de ser distintos dos demais e ao final pecar do mesmo. Teño lido cousas súas e sempre apreciei que fora un discrepante da liña oficial do Xornal. Seguro que atopará de sobra onde seguir escribindo.

    ResponderEliminar
  2. Marcos Mayo (Oleiros)16 de mayo de 2009, 12:04

    Xornal Diario es una opción nacionalista que muy legítimamente se ha convertido en la voz de su amo. Se trata de un periódico nacido al amparo del viento y que corre serio peligro de protagonizar la segunda parte de "Lo que el viento se llevó". Es bastante triste que naciera para defender los intereses políticos del BNG a cambio de que este partido, desde el poder de la Xunta le diera una concesión eólica al dueño del citado periódico.

    ResponderEliminar
  3. Xornal é un Xornal curioso... novas en castelán, as novas non se diferenzan de outras, excepto as opinións sobre un BNG moderado e centrista... Só o lin unha vez, debo dicir, defraudoume.

    ResponderEliminar
  4. Actuaste con un par del primer al último instante. Te aplaudo. Juan plaza

    ResponderEliminar
  5. Una muestra mas de lo que es, significa y actua Xornal de Galicia y su director. Ya no había que haber escrito en él desde un inicio.
    Enhorabuena por dejar de hacerlo.

    ResponderEliminar
  6. Tes toda a miña solidariedade nesta desagradable cuestión. Chus.

    ResponderEliminar
  7. O Xornal responde a Voz do que manda buscando un Ideal que que sirva de Faro os que consideran que a Region debe segui-lo camiño do Progreso sen esquecer nunca que estamos a beira do Atlántico e non fai falta un Correo para soster esta Opinión. Vamos que todos están no lio e que o lio e, nada máis e nada menos, que a nosa libertade de expresión. Migueliño ¡ole tus...!

    ResponderEliminar
  8. Galiza Sosego
    http://galiza-sosego.blogspot.com/2009/05/por-que-deixei-de-escribir-no-xornal-de.html

    ResponderEliminar
  9. Qué esperabas de esa pandilla?
    Os cús botan peidos, todo resulta previsible e tristeiro, é o que hay.

    A seguir traballando, compañeiro, na misma dirección: toda a miña solidariedade. Un abrazo, Valentín G.

    ResponderEliminar
  10. Me parece una auténtica pasada....Joder con la censura.
    Miguel, una cosa, el director de Xornal, al que conozco bien porque fue quien me fichó para La Voz, le llamó tonto util a Touriño y no pasó nada.
    Como periodista no me queda más que solidarizarme contigo. Sabes que discrepo de muchas cosas de las que escribes, pero radical y sumiso no son insultos. Además, lo que tu dices, que la UPG es un cáncer para el BNG, ya se ha escrito en otros sitios y no ha pasado nada. Es una opinión, con la que se puede estar de acuerdo o no, pero nada más

    Un saludo grande.... Mario B

    ResponderEliminar