UPG, cancro do BNG


A UPG quere perpetuarse cun enroque político que ao cabo será a súa tumba. Agora ven de apadriñar a Guillerme Vázquez como verdadeiro gardián das esencias do marxismo leninismo, pero controlando baixo corda a Aymerich, ao que nos presentan como quintanista cando en realidade é tan radical e sumiso como o anterior. Só que de cara á galería, cando Carlos Aymerich trunfe, venderánnos a moto de que a UPG manda menos. Pero a “U” sigue chuchándolle o sangue ao BNG, no que se agocha camuflado o último partido comunista que con máis poder conta en toda Europa (alcaldías, concellerías, diputados a Cortes…).

Calquera maña lles sirve para manter o seu férreo control sobre os demais nacionalistas que vexetan na Fronte, aos que acotío lles abren (ou pechan) os locais e lles acenden e controlan os ordenadores. A estas alturas deberían saber que a sociedade galega xa percibiu que debaixo da súa pel de ovella ocúltanse os mesmos que no seu programa político vixente falan duns inquietantes “principios científicos da prevención do delito e defensa racial…” (1)

Comentarios

  1. Non son eu sospeitoso de ser da U, nin comunista, nin marxista-leninista, mais considero que os que estamos por unha "alternativa aberta" dentr do BNG non debemos caer en argumentacións tan simplistas e inexactas.
    Para min si son o Quintanismo e a UPG cousas distintas por cultura,composición, orixe e formación política, só que nos últimos anos confundíanse debaixo dun discurso populista e inxenuo que conduciu o BNG ao desastre.
    O noso contradiscurso alternativo de anos pretéritos a respecto do carácter dogmático, comunista, ideoloxista da U non é acaído nin certo. A UPG ,nunha sorte de arremedo á galega do comunismo capitalista chinés (socialismo de mercado), durante os anos do quintanismo, deixou claro que o seu comunismo non é nada máis ca un ritual interno e optou por un pragmatismo populista que verbalizado e explicitado polo Quintana non pasaba de papanatismo.
    Que a cultura política comunista sexa hoxe pouco máis ca un atavismo arcaico que afunde as súas raíces nos comezos do século XX non é óbice para se decatar de que o carácter comunista da U é algo no que só acreditan uns cantos robots de encefalograma plano que militan nela.

    ResponderEliminar
  2. O son das botas claveteadas sobre as pedras das ruas soa cada vez que eses tipos da "U" asoman. Saben que non teñen boa imaxe e que nunha sociedade moderna defender o que eles din defender non ten boa prensa asi que tratan de mover-los fios dos monicreques, Din que defenden a Patria pero a súa única Patria son eles mesmos es as suas obsesións xa que todolos demáis nunca poderemos estar ahí seremos , como pouco , marxinados, sempre suxeitos a recibi-lo "agarimo" da bota. ¿que os boten?.

    ResponderEliminar
  3. Alberto Castro Alonso25 de abril de 2009, 3:29

    En mi opinión, Quintana ya fue efectivamente un títere de la UPG. Y ahora es muy probable que prefieran dejar ganar al candidato que supuestamente no es de UPG, porque prefieren mover sus hilos desde la sombra que dar la cara -casposa y periclitada- a través de un candidato genuino. O sea, seguirían mandando pero dando la impresión de que la cosa se democratizó. Así, pues, el artículo parece plausible.

    ResponderEliminar
  4. Veño de ler o "post" e de ter noticia do "problema" que houbo para que este mesmo texto se publicara no xornal no que colaborabas.
    De entrada, no entendo o devandito "problema", fundamentalmente porque os xuizos de valor sobre a identidade ou personalidade político non poden misturarse co individuo, coa persoa mesma. É perfectamente factible, lexítimo e publicábel cualificar ao presidente de Gobierno de "socialista hipócrita" ou "socialista de TBO" e isto non quere dicir --para nada-- que a persoa chamada Rodríguez Zapatero sexa un hipócrita ou unha persoa de TBO.
    Nembargantes, o xornal que rexeitou a publicazón deste texto é moi libre de adoitar esa decisión. Non é un problema de liberdade de expresión, é unha empresa privada e, polo tanto, elixe a súa liá editorial, aos seus amigos e inimigos, aliados e contricantes, clientes e mesmo detractores.
    É lamentábel, pero eche o que hai.
    Unha aperta.
    (NOTA: A persoa da que tí falas no post e da que falan os comentarios non é títere da UPG. Está onde está e xoga o papel que xoga porque el o decidiu libremente. Títere é outra cousa).

    ResponderEliminar

Publicar un comentario