Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2007

"La Correspondencia Gallega" e o desastre do 98.

Imagen
" No ano de 1898, do antigo Imperio español, aquel tan extenso que no seu territorio nunca chegaba a poñerse sol, so quedaban Cuba, Puerto Rico, Filipinas e varios arquipélagos da Micronesia. Trinta anos antes xa estalara a primeira revolta importante na Gran Antilla cubana, onde os rebeldes lles plantaron cara ás tropas españolas durante dez anos, nunha confrontación que remataría coa paz de Zanjón. O armisticio saltaría polos aires cunha nova insurrección, a de 1895, que lideraría José Martí -creador, en 1892 nos do Partido Revolucionario Cubano- e que contaría, xa de inicio. con apoio estadounidense. Entre medias, en 1892, e tamén co concurso dos americanos, que operaban dende Hong Kong, produciuse o alzamento dos naturais das Illas Filipinas, con Emilio Aguinaldo á cabeza. En ambos os escenarios a loita foi encarnizada, pero en Cuba o exército optou pola guerrilla e por métodos que hoxe serían considerados como terrorismo: voladuras de trens de pasaxeiros, matanzas de propieta...