O pasado día 4 de outubro TVE perpetrou unha nova agresión «documental» contra a obxectividade informativa, contra o principio de ecuanimidade que debería ter un medio de comunicación público e a maior groria das teses islamofascistas que golpean non so contra Israel en forma de misis, senon mesmo contra os dereitos humans dos coitados palestinos, que seguen a ter a desgraza de contar con aliados tan descerebrados como os autores, emisores e defensores da comedia titulada Las heridas de Rafáh, exhibida sen pudor no primeiro canle da TV estatal.
A reportaxe-panfleto foi escrita por Esther Vázquez, dirixido por José Antonio Guardiola e Susana Jiménez Pons, e producida por Miguel Ángel Viñas e Ana Pastor, un quinteto que, en palabras do egrexio amigo Gustavo D. Perednik, “cobra sus honorarios del pueblo español a fin de inyectarle judeofobia pura”.
Do mesmo autor citarei textualmente –ainda que só sexa porque a amizade que nos profesamos tamén lle permite a él citarme a min sempre que goste- o seu comentario, a propósito do espazo en cuestión: “En el programa, el bastardo Israel (obviamente, el único país
Con su «infancia robada, son víctimas de un odio que no entienden» (los líderes palestinos sólo les enseñan que se suiciden con ternura), y además «
A marxe do comentario de Perednik, compre dicir que, logo das protestas dirixidas á defensora do telespectador de RTVE, o ente público convidou a quen isto escribe a dicir en 30 segundos o que pensaba de Las heridas de Rafáh. O que puiden dicir diante das cámaras é o que vos ofrezo agora nas imaxes adxuntas, e prácticamente no primeiro minuto do programa.
Podes ver o programa on-line aquí