miércoles, 29 de abril de 2009

Aldeias históricas de Portugal: Bem haja!

Unha viaxe ás aldeas históricas de Portugal é un exercicio de mergullo en historias medievais, unha clase práctica coa poesía dos penedos e unha pelerinaxe muda pola arte popular dos nosos irmans lusitanos.

Moi recentemente baixei a estes pobos, algúns empoleirados nas terras da Serra da Estrela e outros nas provincias de Guarda e Castelo Branco. Alí levita a vila hexagonal de Almeida, coa súa fortaleza, o seu torno para recibir aos nenos expósitos abandonados no século XVI. A Almeida das casamatas onde se refuxiaba a poboación nas guerras do XIX, antesdonte. A Almeida do Hospital de Sangue do Picadeiro.

Moi preto, sobre un penedo granítico, e a case 800 metros de altitude, dormita Castelo Mendo, con unha das picotas máis fermosas nunha zona plagada desta reminiscencia medieval que servía para prender (cando non axusticiar) aos penados e expoñélos ao escanio público. O Castelo Mendo que mima as ruinas da Igrexa de santa María do Castelo…

Linhares, outros dos enclaves visitados, é a aldea das fiestras manuelinas, do Fórum, onde se facían os xuizos, do castelo, a fonte de San Caetano, a Casa do Xudeo e o solar da Corte Real. Linhares é o pobo das vivendas que nacen dos penedos graníticos, a que ten o regueiro ao pe do castelo, e aquela onde o silencio camiña canda ti. Din que ten corazón de paxaro porque os amigos do parapente teñen os seus ollos postos nela.

Sortelha, na arraiana Sabugal, ten unha fortaleza alá no alto, inexpugnable e deshabitada. E ten moradas feiticeiras con nomes como “Casa das almas” ou “Casa do vento que soa”. E presume, faltaría máis, da súa picota ou “pelourinho”, impoñente e altivo, coroado por un blasón de cinco recunchos e esfera anelada de arte manuelino. Sortelha, sempre impresionante co seu torreón, a súa calzada medieval e a súa torre das campás.

E de remate de viaxe, Idanha-a-velha, onde no seu río Pónsul, rememorei o que foron as poldras dos ríos cando non había pontes para pasalos, como no Támega ao seu paso polo Tamaguelos (Verín) dos meus país. Idanha, Monumento Nacional, coas ruinas da Sé Catedral e o torreón templario facendo garda, e o lagar de varas onde se exprime o aceite.

E de guinda o insuperable Monsanto coa súa Torre do Reloxio ou de Lucano, a Gruta, ou o Castelo no fin dunha subida interminable, para poder disfrutar, a 750 mettros de altura, da Porta da Traizón e ás sùas vistas ao pasado. O Monsanto coa capela de San Miguel rodeada de tumbas excavadas na rocha e cunhas panorámicas incomparables se miramos a poniente.

¡Canto gostei da viaxe e das súas xentes!. Así que como din por alí, en troques de obrigado: Bem haja!


martes, 28 de abril de 2009

Fotos das Aldeias históricas de Portugal: Bem haja!

Sortelha_3
Monsanto_3

Monsanto_1

Sabugal_Castelo__3

Rebaños en Sabugal

Postal_de_Sortelha_3


Monsanto_Posta_de_sol_2


Sortelha_Casa_das_almas


Sortelha_Torre_da_campana

Sortelha_Torre_do_castelo


Linhares_Ventana_manuelina-3


Linhares_Castelo_fortaleza_1


Linhares Picota Antiga cadea

Idanha-a-Velha_Torre_templarios

Idanha-a-Velha_Poldras_4

Castelo Mendo Santa Mª do Castelo.

Almeida_Rueda_orfanato__2


Almeida_Porta_entrada

lunes, 27 de abril de 2009

Gila en Gaza

Na nosa sociedade multicultural e buenista, calquera información que veña de fontes palestinas vai a misa. Eu non coñezo a ninguén, nin xornalista nin lector, que se prantexe sequera a necesidade de contrastar o que eles digan. Mesmo da igual quen o diga. Se Hamas dí que houbo 1.300 baixas, pois palabra de Deus. Si engaden que unha gran porcentaxe eran nenos, Occidente pon un grito non ceo que adquire proporcións bíblicas. Si un cámara palestino –porque os cámaras das TV occidentais son palestinos; os reporteiros prefiren esar no hotel de Xerusalem traballando a distancia- dí que ten unha gravación incriminatoria do Exército de Defensa israelí, hai hostias no mundo dos mass media para mercar os dereitos desas imaxes. Así funcionan as cousas alí. Pouco importa que o número de baixas fóra moito menor, como adoita suceder cada vez que unha fonte palestina fai rular calquera cifra que enseguida devora Europa. Pouco importa que entre os nenos abatidos figuren, sobre todo, menores armados (á UNICEF e a Amnistía Internacional se la sopla directamente).

Agora ben, si eu lles digo a eses mesmos lectores ou colegas periodistas, que as primeiras investigacións realizadas sobre a Operación Chumbo Fundido en Gaza demostran que os terroristas de Hamas son tan animais como nos temíamos, entón me pedirán que o demostre. E demostrable é que o Exército israelí fixo un traballo tan moral que si non estivera falando en serio diría que nin Gila o faría mellor. Porque, como xa saben, só ao gran cómico se lle ocorría avisar ao inimigo.

Con independencia de que houbo centos de mortes (pero serían decenas de milleiros si os hebreos se comportaran como a OTAN en Iugoslavia ou Rusia en Chechenia, por exemplo), os soldados xudeos fixeron todo o posible para advertir a poboación do perigo que corrían permanecendo en edificios que os terroristas convertían en obxectivos militares dende o momento en que disparaban desde eles.

Agora se sabe que durante o conflicto de Gaza, Israel guindou 2.250.000 folletos informativos, usou a radio palestina, chamaron telefónicamente a máis de 165.000 residentes e efectuaron disparos de advertencia (de grande estrondo sónico pero sin poder destructivo) antes de atacar.

Pola contra, estas hienas sen entrañas que son os islamofascistas de Hamas, minaron as casas dos seus propios veciños con explosivos, abriron fogo contra os soldados israelís dende as escolas dos seus propios fillos, dende hospitais e dende institucións educativas relixiosas ou internacionais e, por suposto, usaron aos propios palestinos como escudos humanos.

lunes, 13 de abril de 2009

UPG, cancro do BNG


A UPG quere perpetuarse cun enroque político que ao cabo será a súa tumba. Agora ven de apadriñar a Guillerme Vázquez como verdadeiro gardián das esencias do marxismo leninismo, pero controlando baixo corda a Aymerich, ao que nos presentan como quintanista cando en realidade é tan radical e sumiso como o anterior. Só que de cara á galería, cando Carlos Aymerich trunfe, venderánnos a moto de que a UPG manda menos. Pero a “U” sigue chuchándolle o sangue ao BNG, no que se agocha camuflado o último partido comunista que con máis poder conta en toda Europa (alcaldías, concellerías, diputados a Cortes…).

Calquera maña lles sirve para manter o seu férreo control sobre os demais nacionalistas que vexetan na Fronte, aos que acotío lles abren (ou pechan) os locais e lles acenden e controlan os ordenadores. A estas alturas deberían saber que a sociedade galega xa percibiu que debaixo da súa pel de ovella ocúltanse os mesmos que no seu programa político vixente falan duns inquietantes “principios científicos da prevención do delito e defensa racial…” (1)

domingo, 5 de abril de 2009

Sen autoridade moral

Vaia por diante que non coñezo a ningún pais, nin de dereitas nin de esquerdas, ao que lle faga gracia que a súa filla menor de idade poida abortar. Vaia por diante que, ao meu entender, na polémica sobre cando e como empeza a vida todos teñen o seu punto de razón. Pero, á marxe da lexitimidade das irreconciliables posturas de "abortistas" e "antiabortistas" estes últimos terán que admitir -coa boca pequena ou grande, tanto ten- que, en puridade, a actitude da Igrexa católica é incongruente. Eu polo menos non lle vexo autoridade moral para defender a vida, mentres en Africa morren de fame ou de SIDA milleiros de nenos que, cun simple control de natalidade por uso de preservativo, non terían nacido. Non extraña que ande a rular unha campaña co eslógan "¡Protexe a miña vida! Non me deixes con eles", na que un bebé aparece ameazado por curas pederastas, pola fame negra, e por un Vaticano que "prexudica gravemente a saúde". Unha curia, en fin, que impón o bautismo indeleble aos bebés "abusando da súa minoría de idade" e pon pegas a apostasía.
Xornal de Galicia - 05.04.09