Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Discurso

Transcricion da intervención de Miguel Boó na presentación do seu libro “MANUEL RIEIRO: CÓMO CONQUISTÉ BRASIL”

Imagen
Boas tardes e benvidos. Non podería empezar a miña intervención sen agradecer a presenza hoxe aquí da grande escritora universal que é Nélida Piñón Cuiñas, á que tiven o privilexio de coñecer, grazas ao seu amigo Manolo Rieiro cando no ano 1998 foi investida doutora Honoris Causa pola USC; por certo, primeira muller en 500 anos desta institución académica que acadou tal recoñecemento. E precisamente a súa “República dos sonhos”, obra mestra da literatura mundial, ten moito que ver con eles dous e mais co libro que hoxe presentamos, porque está directamente relacionado coa emigración e, especialmente, con esa idea que a gran novela de Nélida baralla: o trunfo, o éxito na vida non ten por qué estar vencellado, nen moito menos, o acúmulo de ouro e poder. Assim que contar hoje aquí con Nélida Piñón é unha honra ben grande e inesquecible. Muito obrigado. Fico en dédeda impagable con voçé. E, por suposto, quero expresar o meu fondo agradecemento ao conselleiro de Cultura,...

Fico en débeda

Imagen
Medalla Pedro Ernesto FICO EN DEBEDA * Cando eu tiña non máis de 8 ou 9 anos, empecei a coleccionar selos de correos. Nas aldeas dos meus pais en Verín atoparía, entre familiares e amigos, os meus principais fornecedores das estampiñas da correspondencia. Estou a falar do ano 1963 e entón a emigración decimaba a poboación como si fora unha peste. Moi pronto xuntei tantos selos de Brasil e Arxentina como de España. Dos brasileiros lembro sobre todo un da visita de Dwight Eisenhower a aquel país en 1960, e outro de 1964 in memoriam John Fitzerald Kennedy. Pero o que me puxo en contacto real co Brasil foi un de 1969 no que se equiparaba aos meus herois daquela, os astronautas Armstrong, Collins e Aldrin con un tal Santos Dumont. O selo reproducía na metade esquerda un debuxo do mentado Santos coa Tour Eiffel por tras, e na metade dereita o alunizaxe da nave Apolo. Souben entón que o tal Santos era un aviador e inventor brasileiro, máis importante que os irmaos Wright, ata o ponto de que ...