Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como viaxes

Aldeias históricas de Portugal: Bem haja!

Imagen
Unha viaxe ás aldeas históricas de Portugal é un exercicio de mergullo en historias medievais, unha clase práctica coa poesía dos penedos e unha pelerinaxe muda pola arte popular dos nosos irmans lusitanos. Moi recentemente baixei a estes pobos, algúns empoleirados nas terras da Serra da Estrela e outros nas provincias de Guarda e Castelo Branco. Alí levita a vila hexagonal de Almeida, coa súa fortaleza, o seu torno para recibir aos nenos expósitos abandonados no século XVI. A Almeida das casamatas onde se refuxiaba a poboación nas guerras do XIX, antesdonte. A Almeida do Hospital de Sangue do Picadeiro. Moi preto, sobre un penedo granítico, e a case 800 metros de altitude, dormita Castelo Mendo, con unha das picotas máis fermosas nunha zona plagada desta reminiscencia medieval que servía para prender (cando non axusticiar) aos penados e expoñélos ao escanio público. O Castelo Mendo que mima as ruinas da Igrexa de santa María do Castelo… Linhares, outros dos enclaves visitados, é a al...