Por que deixei de escribir no Xornal de Galicia

Como queira que os meus amigos e lectores do meu blog queren saber as razóns polas cales xa non aparecen as miñas columnas no Xornal de Galicia , paso a explicar moi brevemente o acontecido. O 8 de abril enviei ao devandito periódico o meu artigo semanal, titulado “A UPG, cancro do BNG”, para ser publicado o Domingo de Pascoa ou de Resurrección. Como non apareceu nin na versión papel nin na edición dixital, dirixínme á responsable de opinión e deume unha curiosa explicación: que como se produciran novas en relación cos movimentos precongresuais do BNG, que aparentemente non coincidían coas apreciacións expresadas no meu artigo, decidiran aplazar a súa publicación ata despois de falar comigo. Cando expliquei que para nada había contradicción entre o sucedido e o que eu aventuraba no texto, e que, en calquera caso se trataba dunha opinión asinada e non dunha información, quedamos en que non habería problema para publicalo ao día seguinte martes. Pero tal cousa non aconteceu. En troques d...