Miguel Boó fixo a doazón dunha gravación de Paz Andrade ao Consello da Cultura Galega

A gravación con un dos escasos discursos de Valentin Paz Andrade adicados á profesión periodística, custodiada dende hai máis de 28 anos por quen esto escribe, xa se atopa en lugar máis acaído ca miña humilde morada. Dende o pasado 28 de setembro deste 2012, cuxo Dia Das Letras adicamos en Galicia á figura do empresario, escritor, político, intelectual e galeguista pontevedrés afincado en Vigo, a devandita gravación –que orixinariamente se rexistrou en casette, e que ainda conservo- pertence ao Arquivo Sonoro de Galicia. O depósito do documento sonoro, neste servizo dependente do Consello da Cultura Galega, fíxose por parte da mesma Federación de Asociacións da Prensa (FEGAPE) da que eu mesmo fun promotor e anfitrión en 1984. Neste caso, os presidentes das asociacións de periodistas de Santiago de A Coruña –integrantes da FEGAPE- cederon a copia e as reseñas xornalísticas daquela data do 11 de xullo de 1984, ao presidente do CCG, Ramón Villares. Nas citadas noticias dase conta d...