sábado, 13 de diciembre de 2008

Pis e independencia

O País vasco acabará sendo independente como calquera país africano que se precie. Eso sí, con menos sangue e, quizabes, con moito menos dereito. Pero que o conseguirá non o dubiden. E cando aconteza, que lle diremos aos fillos, pais, noivas, irmáns e amigos das vítimas inútiles que morreron por nada e para nada? Supoño que lles recitaremos a vella palinodia de cando os gardas civís morrían tentando descolgar ikurriñas –ilegais ata antonte– de postes de alta tensión. Desde aquela, a loita pola liberación de Euskal Herria suma preto de mil vidas, moitas de galegos. 40 anos despois do primeiro atentado, o obxectivo destes pistoleiros que consideran a España unha potencia ocupante, é o mesmo. Iso sí, hai catro décadas eran uns utópicos e hoxe fanlle o traballo sucio ao nacionalismo no seu propósito independentista. As veces estes bandoleiros –Iriondo non foi o primeiro– méxanse por eles, e siguen sendo terroristas. Porque aparte de hienas que se refocilan na traxedia das súas vítimas e rir diante das cámaras, estes gudaris de todo a cen –nada descubro– son covardes. Pero, vaia, para o choio que fan estes desalmados tanto valen eventualmente mexados como, alternativamente, lixados de sangue inocente. Ikurriñas, ikastolas, herriko tabernas, kale borroka, DNI vasco non son máis ca chanzos dunha escada á soberanía. Teñen a maioría de votos, os empresarios saben e aceptan o que custa pasar por caixa, así que alguen lle cambie os pañais ao carniceiro e que dunha puta vez remate o pesadelo.


8 comentarios:

  1. Machiño, o teu semella calquera cousa menos unha rendición. Palabras como balas. Benvido á blogosfera.

    ResponderEliminar
  2. El País Vasco sólo se separará si le interesa a Francia. O si a Francia le es indiferente pero le interesa a alguna otra potencia global (¿Alemania?). Nunca jamás se 'independizará' si a Francia no le conviene. Y ahora, precisamente ahora, a los galos no les conviene. ¿Por qué?. Pues porque la onda expansiva de la separación les salpicaría. A ellos directamente y también a su visión de lo que han de ser las estructuras de poder territorial en Europa: los estados-nación clásicos del siglo XIX. Yo, por otra parte, añado algo de mi cosecha: un régimen en el que la izquierda abertzale se encuentre cómoda no es un régimen democrático. Saludos.

    ResponderEliminar
  3. El mensaje anterior es mío, Miguel. Soy Juan, desde Mérida.

    ResponderEliminar
  4. Asunto: Sin asunto
    Autor: Coruñés.
    Comentario:
    Para falar de asasinos un pode falar de etarras, pero tamén pode falar de certos militares en Irak e Afganistan, eu teño claro cales son os peores.

    ResponderEliminar
  5. Para falar de asasinos un pode falar de etarras, pero tamén pode falar de certos militares en Irak e Afganistan, eu teño claro cales son os peores.

    ResponderEliminar
  6. Estaría ben que o señor articulista, ademais de perfeccionar o seu galego, soubese desvincular o uso da violencia das aspiracións independentistas. E que moderase a súa linguaxe, tan violenta e tan nacionalista coma as que di denunciar. Tanto lle custa aceptar a independencia democrática de calquera país? Tamén se nota que non lle gustan a vostede os países africanos...

    ResponderEliminar
  7. Demonizar a todo nacionalista é un erro que non vai axudar a facer máis habitable España. Se Euskadi se independiza, como se a miña muller se separa de min, que teña sorte e procurar seguir sendo amigos. Nada maís.

    ResponderEliminar
  8. Veño de ler o seu comentario e lamento que non entendera o meu artigo. Polo demáis, cando dí o de demonizar a todo nacionalista teño a impresión de que vostede non leu atentamente o meu artigo. Non demonizo a ningun nacionalista, así que dificilmente podo demonizalos a todos. Nin sequera demonizo o independentismo, só o fago cos independentistas que son asasinos de xente inocente. E en canto a que se independice Euzkadi é algo que o veño defendendo dende hai 25 anos. Só que non admito que sexa o terrorismo o que impoña os términos do acordo. Non sei se agora lle quedará máis claro. Saúdos

    ResponderEliminar