sábado, 31 de enero de 2009

Divorcio de civilizacións

Eu pregunto: como cre Zapatero que vai faccer conxeniar ao seu amigo Erdogan coas súas vítimas kurdas, as que dí que ataca porque son terroristas? Como pensa resolver as discrepancias entre hutus e tutsis en Rwanda? De que maneira vai conseguir que o rei de Marrocos e os líderes saharauis se biquen nos morros? Con que variña máxica vai acadar o prodixio de que chineses e tibetanos cheguen a un acordo? E o máis díficil ainda: con que loctite vai ensamblar a alianza entre israelís e palestinos, e mesmo entre o Hamás terrorista e o Fatah nacionalista?A min sempre me pareceu un imposible –por pura contradicción entre os termos– a alianza de civilizacións que ilusamente plantexa ZP. E cando digo sempre, remóntome a antes de que España lle vendera a Irak o gas co que masacrou aos kurdos no 88. España é o 8ª fornecedor mundial de armas. A algúns só lles interesa que ¡o 1 por 1.000! do que se exporta vaia a Israel. Que o 25% sexa para Marrocos ou que as nosas armas acaben en Irán, Venezuela, Malasia ou Cuba, carece de interés. Quen sabe cantos saharauis, kurdos ou mesmo venezolanos morreron baixo o lume español. Sempre pensei que a mestizaxe de auga e óleo é unha quimera. As democracias fan negocios inmorais pero nunca puideron nin poderán aliarse cos chamados “trillizos totalitarios”: nazismo, comunismo e, agora, islamismo. Xa abondan os atrancos para entendermonos cos musulmáns moderados, canto máis difícil non será estar a ben, ao mesmo tempo con turcos e kurdos; con chechenos e rusos; cos islamistas de Sudán e os negros fures ou masalites; co réxime comunista cubano e co anticastrismo; cos aiatolas e coa oposición democrática iraniana; coas mulleres oprimidas e maltratadas (violacións maritais, clítoridectomía...) por paises árabes e musulmáns e cos gobernos corruptos e torturadores de Arabia, Xordania, Exipto, Hamastan, etc.Por iso, máis ca unha alianza o que hai é un divorcio insalvable entre intereses opostos de carácter xeopolítico e/ou relixioso. Pero se o presidente segue pensando, como hai tres anos, que existe unha solución flower power para tanta traxedia, que a expoña dunha vez e nos diga como facer para que os xa citados conflitos, e outros 200 máis, achen solución á luz da súa bendita Alianza de Civilizacións.

Publicado no Xornal de Galicia - 01.02.09

7 comentarios:

  1. Problema fundamental:
    No existen varias civilizaciones que se puedan aliar. Existe una civilización, la occidental y después está el resto, que es barbarie o no civilización. Hay distintos grados en la barbarie, pero no en la civilización. Por lo tanto, el término nace muerto, la civilización nunca puede aliarse con la no civilización, porque dejaría de ser lo que es. Además para "aliarnos" debemos "comprendernos", "intercambiar", ¿Miraremos con buenos ojos la ablación de clítorix a cambio de que respeten el libre comercio?, ¿soportaremos la violencia contra una determinada casta a cambio de que respeten nuestra prensa libre? ¿cuál debe ser el intercambio para que nos "aliemos"?

    Los principios son claros y no debemos renunciar: Libertad, Igualdad,Fraternidad. El resto no se negocia, porque, de hacerlo habremos perdido la batalla que tanto nos ha costado ganar.

    Saludos

    ResponderEliminar
  2. Muy de acuerdo con usted, Toni. Espero que se entendiera la ironía de mi artículo. Cordialmente

    ResponderEliminar
  3. Un artigo que pon os puntos sobre as íes nese disparate da Alianza de Civilizacións. Moi ben feito.

    ResponderEliminar
  4. UNA VEZ MÁS COINCIDO CASI PLENAMENTE CON EL SR.BOO EN SUS CONTENIDOS.PARA MÍ LA ALIANZA DE CIVILIZACIONES ES UNO DE LOS TANTOS CONEJOS DE CHISTERA DEL SR.RODRÍGUEZ ZAPATERO PARA HACER DEMAGOGIA Y DESVIAR LAS MIRADAS DE LOS VERDADEROS PROBLEMAS DE NUESTRA SOCIEDAD.
    LO DE LA ALIANZA DE CIVILIZACIIONES QUE SE LO CUENTE A SUS NIETOS ALGÚN DÍA A VER SI SE LO CREEN.
    DESDE AQUÍ Y UNA VEZ MÁS:ÁNIMO ISRAEL.

    ResponderEliminar
  5. El artículo 'Divorcio de civilizacións' es el mejor que he leído sobre este controvertido asunto en las últimas semanas. Incluida la prensa nacional y parte de la internacional. Certero, exacto y meridiano. Está claro que no hacen falta mil párrafos para llegar al fondo de una cuestión. Ya está bien de hipocresías de mercadillo.

    ResponderEliminar
  6. Un artigo que fala ben clariño dese disparate da Alianza de Civilizacións. Parabéns señor Bóo!

    ResponderEliminar
  7. A min o que me chamou a atención foi que o rapaz que lle preguntou a Zapatero pola venda de armas, en realidade o único que pretendía era demonizar a Israel coas culpas de todos os países que mercan/venden armas e as usan para matar a calquera inocente en calquera parte do mundo. Si o obxectivo do preguntador non fora ese, tiña moi fácil retrucarlle a Zapatero que é un mentirán cando vai de pacifista, de misións de paz, porque lle vende armas a todo dios. Pero a él só lle importaba -como di o autor do artigo, que parece referirse indirectamente ao rapaz de "teño unhanpregunta para vostede"- o millón e medio de dólares (ou 4, dame igual)vendidos a Israel en Armas. Os outros 999 millóns non deben servir para matar, según o pacifista preguntón, e, por tanto Zapatero xa non ten responsabilidade e queda limpo mentres Israel queda inxustamente emporcado. Estamos rodeados de demagogos. ¡Qué lle mos facer!

    ResponderEliminar