domingo, 8 de marzo de 2009

Oportunistas e paniaguados

Sinto noxo de que a esquerda se enmerdara en corruptelas. Eu, dende logo, xa o viña dicindo. O que non sei é onde estaban metidos os columnistas que nestes días critican sen piedade ao fenecido bipartito e que nada dixeron nos últimos tempos. Resúltanme tan oportunistas como teimudos son, no seu particular "sostenella y no enmendalla", algúns intelectuais que aínda se empeñan en defender o indefendible. Os citados en primeiro lugar andiveron ben lixeiros para facer leña da árbore caída, sin que se lles coñeza crítica algunha en catro anos. E os paniaguados que se venderon por unha rolda de mojitos aínda non tiveron a elegancia democrática de aceptar que a dereita gañou soíña, a pesar do apoliticismo e do franquismo sociolóxico; e grazas, sen dúbida, á inexistente levedade dun inexistente cambio. Non aceptan que os populares foron respaldados pola rapaciada, polas cidades, pola alta participación. E o que compre non é botarlle outravolta as culpas aos demais; o que compre é aceptar que, cecais, as eleccións, non é que as gañara o PP, é que as perdeu o bipartito.

Xornal de Galicia - 08.03.09

6 comentarios:

  1. Difícil sintetizá-lo melhor em 180 palavras.

    ResponderEliminar
  2. O BNG,sobre todo o BNG, tiñao ben merecido. Gobernaban como si tiveran 40 escanos en troques de 13. Estaban ensoberbecidos e o menos que podía acontecer é que lles deran nos fuciños. E o PSOE non só se equivocou ao deixar aos seus socios que tiveran máis consellerías das que lles corresponderian, e aop deixalos mandar máis do normal, tamén se meteron en audis, despachos, cadeiras etc. Así que, a ver se aprenden, carallo.

    ResponderEliminar
  3. Espero que el mensaje rancio estalinista de UPG(BNG) cambie.Lo pongo en duda ,aunque el proceso de autocritica no se puede esperar de Este chavez galaico.Pierden 40.000 votos y claro la culpa es de los demas(victimismo)que vende a su camaradas militantes de base jejeje... ,la culpa sera de la oligarquia financiera y el capital molopolista.....para llorar¡¡ Gracias Miguel por esta magnifica reflexion

    ResponderEliminar
  4. Ainda non tomou posesión o Feijóo e xa lle dan leña. Os da mesa para a imposición linguistica, os naturalmente ecoloxistas, os (dous)amigos de Touriño, os que non son amigos de Touriño, os cen mil fillos do Bloque, etc etc. ¿porqué os autodenominados grupos de esquerda se lles permiten cousas que os que eles denominan "dereitas" non se lles toleran nin de coña?. O que saiba a resposta ten gañada unha viaxe desde o Obradoiro ata a porta de Monte Pio en monociclo.

    ResponderEliminar
  5. Un bo resume de Miguel Boó a propósito das consecuencias das eleccións galegas. Os socialistas xa comezaron a facer autocrítica, comezando por Touriño...agora só queda que os de extrema esquerda (lease Bloque) se miren ó ombligo e aprendan que a xente non lle gustan as imposicións nin os honestos de boquilla. Teñen catro anos para reflexionar, poñerse as pilas e intentar facer unha boa oposición ós populares.

    ResponderEliminar
  6. Difícil sintetizá-lo melhor em 180 palavras.

    ResponderEliminar