sábado, 28 de marzo de 2009

Pandeirada do traspaso


Ata hai nada, Touriño leváballe a Feijóo certa vantaxe moral no affaire do traspaso de poderes, no que un dicía xaque ao rei e o outro respostaba branca dobre.

Co seu ultimato de que non haberá nada que rañar ata mediados da semana que ven, o mandamáis en funcións acaba de poñerse a altura dun fatalmente asesorado presidente in pectore da Xunta. Feijóo debería saber que tendo tellado de vidro (inaugurar e gastar sendo vicepresidente en funcións), non se deben tirar pedras ao do veciño.

E que non se pode ir pola vida dicindo dese audi non beberei, si no teu garaxe tes un carro desa marca, porque ninguén vai entender que cos teus cartos podes facer o que che pete. Dito o dito paréceme unha indecencia da clase política –agora e hai 4 anos– manter unha lexislación que permite o marasmo gubernamental mentres se sigue a chuchar do bote.

Un baldón máis sobre a grosaría dos tres partidos –xuntos e revoltos, dereitas, esquerdas, nacionalistas e españolistas– que empatan no episodio de inmoralidade que conleva percibir o a plus de ex altos cargos.
Xornal de Galicia - 29.03.09

2 comentarios:

  1. Parabéns Sr Boo, fai falla máis xente como vostede. Cada semán deleitanos con ideas claras, concisas e ben argumentadas. Non deixe de aportar luz a ésta confusión na que estamos sumerxidos e na que maioritariamte só chegan cantos de sirena os nosos oidos..ou de pandeiretas.

    ResponderEliminar
  2. Uns con Audis de 80 millóns, outros de cubateos en luxosos iates de empresarios e os que veñen xa están tirando pedras contra o seu propio tellado... Dan noxo! Coincido co señor Boó na inmoralidade de percibir, ainda por enriba, o plus de ex-altos cargos! Que traballen e se deixen de caralladas!

    ResponderEliminar