Entradas populares de este blog
Hamás, asasina de palestinos
Outra volta aos medios de comunicación –ese que según o mito están controlados polos xudeos– veñen de demonizar a Israel por defenderse de Hamás, ises terroristas salvaxes, que non dubidan en usar aos seus civís, como escudos humanos. Tan responsable é Hamás do que pasa en Gaza –territorio non ocupado dende hai 3 anos; ergo o argumento da ocupación non vale– que ata o presidente palestino e o ministro de exteriores de Exipto así o proclamaron. Pero os opinadores dos medios só teñen ollos para analizar os resultados e non as causas. E entre estas cómpre salientar que Hamás non loita por un estado palestino democrático, e menos socialista. Hamás persegue, por mandato de Alá, a desaparición de Israel –o dí a súa Carta Fundacional, nunca enmendada– e a creación dun ente teocrático. E por iso, e porque sabe que ten rendida aos seus pés a unha narcotizada opinión pública occidental, se permitiu asesinar a máis palestinos de Al Fatah dos que teñen morto estes días polo fogo israelí. Hamás sa
PRESENTACIÓN EN OURENSE DE ``SUSO VAAMONDE, VOZ DE TREBON´´
NA TERRA ADOPTIVA DE OURENSE Convite á presentación do acto en Ourense Suso Vaamonde viviu grande parte da súa vida vencellado a Ourense. De aquí era natural a súa primeira muller, Sinda, que tamén nos deixou, ¡tan nova! Aquí estudiou o fillo de ambos, Susiño. E aquí casaría con outra ourensá, Yuli Cuiñas. Aquí se entregou ás autoridades para pasar 43 días polo cárcere antes de ser indultad. E mesmo volveu a prisión para darlles un concerto aos reclusos. Aquí, en Ourense, non deixou de participar na “Escola Internacional de Vrao”, dentro das “Jornadas do Ensino Galiza-Portugal”, dende 1996 a 1999. Aquí fixo grandes amigos como o gran Celso Emilio, sen dúbida un dos seus preferidos, senón o máis. De feito, Celso morreu escoitando a música que Suso lle puxera a aqueles versos inmorrentes de “Celanova ten un vento…” E aquí cultivou amizades como a de moitos dos presentes, en primeiro lugar á de Miguel Santalices e Rosendo Fernández, que hoxe me honran coa sua presencia xunto a
Comentarios
Publicar un comentario