Oportunistas e paniaguados
Sinto noxo de que a esquerda se enmerdara en corruptelas. Eu, dende logo, xa o viña dicindo. O que non sei é onde estaban metidos os columnistas que nestes días critican sen piedade ao fenecido bipartito e que nada dixeron nos últimos tempos. Resúltanme tan oportunistas como teimudos son, no seu particular "sostenella y no enmendalla", algúns intelectuais que aínda se empeñan en defender o indefendible. Os citados en primeiro lugar andiveron ben lixeiros para facer leña da árbore caída, sin que se lles coñeza crítica algunha en catro anos. E os paniaguados que se venderon por unha rolda de mojitos aínda non tiveron a elegancia democrática de aceptar que a dereita gañou soíña, a pesar do apoliticismo e do franquismo sociolóxico; e grazas, sen dúbida, á inexistente levedade dun inexistente cambio. Non aceptan que os populares foron respaldados pola rapaciada, polas cidades, pola alta participación. E o que compre non é botarlle outravolta as culpas aos demais; o que compre é a...