A ética na política

Dixo José Bono que criticar á clase política era socavar o sistema democrático. A min paréceme que as toupas contra o goberno do pobo (iso é democracia ben entendida) son os políticos en xeral. Xa non digamos os que votan e aceptan subirse o soldo, con crise ou sin ela, ou os que cobran unha pensión cando xa non están no machito. Tamén socavan o edificio do sistema os deputados que non a rascan, un supoñer a terceira parte das Cortes e non sei cantos do noso Parlamento. Ao meu xuízo, socavan o crédito das institucións os que seguen actuando de merendiñas a pesar de pertencer a un goberno que eu cría de esquerdas pero no que ainda hai altos cargos sin sentido da ética e da austeridade, que pasan facturas de comidas pantagruélicas como as de gobernos anteriores ou máis cargadas de bombo. A min paréceme indecente que no actual goberno haxa máis asesores que nos tempos de Fraga, e que en Cuba se dilapidaran impunemente os cartos públicos. Eu coidei que coa esquerda chegarían os comportam...