Pis e independencia

O País vasco acabará sendo independente como calquera país africano que se precie. Eso sí, con menos sangue e, quizabes, con moito menos dereito. Pero que o conseguirá non o dubiden. E cando aconteza, que lle diremos aos fillos, pais, noivas, irmáns e amigos das vítimas inútiles que morreron por nada e para nada? Supoño que lles recitaremos a vella palinodia de cando os gardas civís morrían tentando descolgar ikurriñas –ilegais ata antonte– de postes de alta tensión. Desde aquela, a loita pola liberación de Euskal Herria suma preto de mil vidas, moitas de galegos. 40 anos despois do primeiro atentado, o obxectivo destes pistoleiros que consideran a España unha potencia ocupante, é o mesmo. Iso sí, hai catro décadas eran uns utópicos e hoxe fanlle o traballo sucio ao nacionalismo no seu propósito independentista. As veces estes bandoleiros –Iriondo non foi o primeiro– méxanse por eles, e siguen sendo terroristas. Porque aparte de hienas que se refocilan na traxedia das súas vítimas e rir diante das cámaras, estes gudaris de todo a cen –nada descubro– son covardes. Pero, vaia, para o choio que fan estes desalmados tanto valen eventualmente mexados como, alternativamente, lixados de sangue inocente. Ikurriñas, ikastolas, herriko tabernas, kale borroka, DNI vasco non son máis ca chanzos dunha escada á soberanía. Teñen a maioría de votos, os empresarios saben e aceptan o que custa pasar por caixa, así que alguen lle cambie os pañais ao carniceiro e que dunha puta vez remate o pesadelo.
Machiño, o teu semella calquera cousa menos unha rendición. Palabras como balas. Benvido á blogosfera.
ResponderEliminarEl País Vasco sólo se separará si le interesa a Francia. O si a Francia le es indiferente pero le interesa a alguna otra potencia global (¿Alemania?). Nunca jamás se 'independizará' si a Francia no le conviene. Y ahora, precisamente ahora, a los galos no les conviene. ¿Por qué?. Pues porque la onda expansiva de la separación les salpicaría. A ellos directamente y también a su visión de lo que han de ser las estructuras de poder territorial en Europa: los estados-nación clásicos del siglo XIX. Yo, por otra parte, añado algo de mi cosecha: un régimen en el que la izquierda abertzale se encuentre cómoda no es un régimen democrático. Saludos.
ResponderEliminarEl mensaje anterior es mío, Miguel. Soy Juan, desde Mérida.
ResponderEliminarAsunto: Sin asunto
ResponderEliminarAutor: Coruñés.
Comentario:
Para falar de asasinos un pode falar de etarras, pero tamén pode falar de certos militares en Irak e Afganistan, eu teño claro cales son os peores.
Para falar de asasinos un pode falar de etarras, pero tamén pode falar de certos militares en Irak e Afganistan, eu teño claro cales son os peores.
ResponderEliminarEstaría ben que o señor articulista, ademais de perfeccionar o seu galego, soubese desvincular o uso da violencia das aspiracións independentistas. E que moderase a súa linguaxe, tan violenta e tan nacionalista coma as que di denunciar. Tanto lle custa aceptar a independencia democrática de calquera país? Tamén se nota que non lle gustan a vostede os países africanos...
ResponderEliminarDemonizar a todo nacionalista é un erro que non vai axudar a facer máis habitable España. Se Euskadi se independiza, como se a miña muller se separa de min, que teña sorte e procurar seguir sendo amigos. Nada maís.
ResponderEliminarVeño de ler o seu comentario e lamento que non entendera o meu artigo. Polo demáis, cando dí o de demonizar a todo nacionalista teño a impresión de que vostede non leu atentamente o meu artigo. Non demonizo a ningun nacionalista, así que dificilmente podo demonizalos a todos. Nin sequera demonizo o independentismo, só o fago cos independentistas que son asasinos de xente inocente. E en canto a que se independice Euzkadi é algo que o veño defendendo dende hai 25 anos. Só que non admito que sexa o terrorismo o que impoña os términos do acordo. Non sei se agora lle quedará máis claro. Saúdos
ResponderEliminar