sábado, 28 de febrero de 2009

Abstención, voto nulo e voto en contra


Neste país votar é un dereito. Noutros tamén é unha obriga. A Constitución recoñécenos o dereito de votar, traballar ou sindicarnos, pero non temos porqué aceptar o emprego de limpar letrinas. Así que xa está ben de lerias de que si non se vota non hai dereito a protestar ou esixir.
E máis, a abstención debería quedar reflectida na Cámara cun número de escanos baleiro. Podemos votar por calquera partido, facelo en branco, votar nulo ou absternos. Aínda me lembro dun referendo despois de morrer o dictador. O POG de Camilo Nogueira pedía o voto en branco, outros a abstención, e os maioritarios o sí ou o non. Aquelo era unha especie de feira, un sarampelo democrático.
Alguen fixo un póster a man que dicía: "Non sexas ordinario. Vota orixinal. Vota directamente nulo". Pegouno na redacción e cando chegou o delegado daquel xornal -un
nacionalisto que logo sería alto cargo na Xunta do Partido Popular- dixo: quitade iso daí. En fin, mágoa que non exista tamén o voto en contra. Eu, por exemplo, como non me convence partido ningún gostaría de votar en contra dun deles para que non gobernara.
Xornal de Galicia - 01.03.09

2 comentarios:

  1. Magnífico, Miguel, absolutamente dacordo contigo. Votar é um direito; só é obriga nas ditaduras (a ver se alguns se inteiram)Porém, botar fóra a alguns -como se passou esta jornada- sim que deveria sem uma obriga cívica ;-)

    ResponderEliminar
  2. Por certo, onde están os listillos -eses que van de oráculos, de pitonisos, de xente superior e soberbia que todo o saben- que acusaron aos abstencionistas de favorecer ao PP? Hostia, si chega a haber máis participación, como eses parvos reclamaban -Reixa entre outros- entón o PP saca 50 escanos. Listos do carallo! E paniaguados... e gorróns de mojitos a conta dos demais. Sinvergonzas é o que son.

    ResponderEliminar