domingo, 22 de febrero de 2009

Nos volverán a enganar?


Comprendo a indignación da xente de a pé coa nosa clase política, tan inmoral que remata a lexislatura e vaise de rositas sin retirar o plus que de moca van cobrar os ex-altos cargos. Solidarízome cos que se sinten estafados por candidatos corruptos ou por evasores de capitais. Rexeito que, dende o poder, se convoquen oposicións en plena campaña. Sulfúrome como todos ao saber que os eurodeputados –os galegos tamén– veñen de subirse o soldo, ata a insultante suma mensual de 7.665 €, viaxes, dietas e outras canonxías aparte. Rebélome contra calquera alcalde que administre o conforto social, educativo e asistencial de uns poucos de miles de veciños e cobre como si tivera a responsabilidade do goberno da nación...Eu crería nos políticos si se aplicaran a xornada de 65 horas e o soldo medio dos currantes do país. Como non é así, sinto, no retrogusto de tragar máis sapos e cobras, un enxebre amargor que me leva aos comezos da democracia, cando nas rúas de Santiago os primeiros decepcionados pintaron aquelo de “Galegos non votar que nos volven engañar”.
Publicado en Xornal de Galicia - 22.01.09

Nota aclaratoria:
O autor non se identifica con Terra Galega. O video só se colga a efectos ilustrativos de cómo se sinte de cabreada e enganada a xente. Polo demais, teño por seguro que Terra Galega nunca poderá demostrar que eles non enganarían como fan os demais. O seu, xa que logo, é un brinde ao sol.

4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. a intención era deixar que a ideoloxia participase pero Miguel coma sempre ca sua vision demostroume unha vez mais que é mais coherente tomar a politica como utilidade e non como ser Tifossi de un equipo-partido de futbol,que lles dén.O final o que xungue fortemente a clase política e as suas deferencias hacia si mesmos sen ter en conta a cor do partido no que militen,non me gusta chegar á conclusion que tantas veces lle oín os vellos de que só miran para o seu cú

    ResponderEliminar
  3. Magnífica parodia la del videoclip. ¿Existe ese partido en la realidad?

    ResponderEliminar
  4. Aínda que compartindo en xeral o expresado por Miguel, coido que nunca é de todo xusto xeralizar sobre nengún colectivo, tampouco sobre o político.
    Aqueles que normalmente fan incluso máis de 65 horas non acostuman cobrar nada, non son mediáticamente coñecidos, pero sí son os que máis preto están do pobo, e de seguro que son a maioría.
    Por contra, ao resto é millor para todos que nen se lles ocurra traballar ese tempo, porque sería no seu propio beneficio.
    E todo caso, a nosa clase política non é outra cosa que o reflexo da nosa sociedade.
    Nas nosas maos está o cambio.

    ResponderEliminar