domingo, 8 de febrero de 2009

Perfectamente legal

Hai poucos días publicouse que o xuiz Garzón “podería ser condenado”, como moito, a pagar 300 € pola súa responsabilidade en ceibar a dous narcotraficantes turcos. Ao parecer o xuiz non fixera os deberes e, presuntamente pola súa culpa, as dúas almas cándidas xa poden volver, se queren, ao seu negocio criminal. Ainda que o incidente foi cualificado caritativamente como un despiste, a min antóllaseme como neglixencia. Pero, en fin, todo semella perfectamente legal. Iso si, a sanción que lle pode caer a don Baltasar é, ao meu xuizo, insultantemente desproporcionada. 300 euros, ou unha simple amonestación –que é a outra posibilidade–, por esquecer poñer en marcha a prórroga da prisión preventiva para os narcos, non me parece moi xusto por isa minucia. Vexamos por que.Na pasada Noiteboa un universitario santiagués foi asaltado en Vigo por dous individuos que o ameazaron, primeiro cun monopatín sobre a cabeza, e despois con “pinchalo” con arma branca se non lles daba o que levaba. O estudiante quixo razoar pero os seus amables atracadores dixéronlle que o ían deixar en calzóns. E, de súpeto, déronlle de patadas nos nocellos. O rapaz reaccionou, empurrou os agresores e botou a correr tanto como puido. Horas despois os delincuentes foron detidos. Un deles era a duodécima vez que o prendían.O coitado estudiante nunca esquecerá estas navidades. Tras pasar toda o noite en comisaría, denunciar o sucedido e asistir na mañanciña do día de Nadal a unha vista rápida, foi citado o 26 para recibir unha cédula de citación do xulgado de instrución, coa advertencia de que si non comparecía ao primeiro chamamento poderían multalo con 200 a 5.000 €. Algo desproporcionado se o comparamos co de Garzón; pero se non o comparamos, todo arranxado. Perfectamente legal. Como foi perfectamente legal que, na vista previa, os dous asaltantes tiveran cadanseu un avogado mentres que a vítima quedara a velas vir. Tamén foi perfectamente legal que os letrados quixeran convencer ao xuiz de que o monopatín non se pode considerar como arma. E que pasaría se, para evitarse tanta molestia e indefensión, non denunciara os feitos? Pois que os agresores sairían á rúa sen cargos. E todo sería perfectamente legal, ou sexa acorde coa lei. A que fan os políticos.

Artigo publicado en Xornal de Galicia - 08.02.09


2 comentarios:

  1. Vaia, vaia...cómo se nota que a xente está acostumada ós erros xudiciais e as inxustizas sociais...

    Resulta que si Miguel Boó non escribe sobre Israel ou os mojitos do bipartito en Cuba aquí xa non hai nada que comentar.
    Estou seguro de que si hoxe, Boó se decidise a criticar o fascismo dos que hoxe intentaron reventar a manifestación en Santiago outro galo cantaría.

    Pois eu teño que felicitar unha vez máis o autor deste artigo. É unha mágoa que este pobre estudiante teña que sentir na súa pel as distintas varas de medir que hai nesas leis que fan os políticos.

    ResponderEliminar
  2. Estoy de acuerdo con usted, es una injusticia, como muchas que hay en este pais, pero para resolver estas historias, hay que empezar por reciclar el Código Penal. La justicia española tiene muchos vacios legales que no se pueden resolver por no haber normas que dicten como llevar los procedimientos. Los jueces están con las manos atadas, no dan hecho su trabajo que lleva amontonado meses , los choricillos como no comenten agresiones físicas con armas se los suelta porque no tienen motivos suficientes para castigarlos, además ellos ( los choricillos) saben perfectamente hasta donde pueden llegar y cuanto le va a caer según el delito que cometan, saben mas de leyes que cualquier español de la calle.

    ResponderEliminar