Hamás, asasina de palestinos
Outra volta aos medios de comunicación –ese que según o mito están controlados polos xudeos– veñen de demonizar a Israel por defenderse de Hamás, ises terroristas salvaxes, que non dubidan en usar aos seus civís, como escudos humanos. Tan responsable é Hamás do que pasa en Gaza –territorio non ocupado dende hai 3 anos; ergo o argumento da ocupación non vale– que ata o presidente palestino e o ministro de exteriores de Exipto así o proclamaron. Pero os opinadores dos medios só teñen ollos para analizar os resultados e non as causas. E entre estas cómpre salientar que Hamás non loita por un estado palestino democrático, e menos socialista. Hamás persegue, por mandato de Alá, a desaparición de Israel –o dí a súa Carta Fundacional, nunca enmendada– e a creación dun ente teocrático. E por iso, e porque sabe que ten rendida aos seus pés a unha narcotizada opinión pública occidental, se permitiu asesinar a máis palestinos de Al Fatah dos que teñen morto estes días polo fogo israelí. Hamás sa...


















Comentarios
Publicar un comentario