domingo, 5 de abril de 2009

Sen autoridade moral

Vaia por diante que non coñezo a ningún pais, nin de dereitas nin de esquerdas, ao que lle faga gracia que a súa filla menor de idade poida abortar. Vaia por diante que, ao meu entender, na polémica sobre cando e como empeza a vida todos teñen o seu punto de razón. Pero, á marxe da lexitimidade das irreconciliables posturas de "abortistas" e "antiabortistas" estes últimos terán que admitir -coa boca pequena ou grande, tanto ten- que, en puridade, a actitude da Igrexa católica é incongruente. Eu polo menos non lle vexo autoridade moral para defender a vida, mentres en Africa morren de fame ou de SIDA milleiros de nenos que, cun simple control de natalidade por uso de preservativo, non terían nacido. Non extraña que ande a rular unha campaña co eslógan "¡Protexe a miña vida! Non me deixes con eles", na que un bebé aparece ameazado por curas pederastas, pola fame negra, e por un Vaticano que "prexudica gravemente a saúde". Unha curia, en fin, que impón o bautismo indeleble aos bebés "abusando da súa minoría de idade" e pon pegas a apostasía.
Xornal de Galicia - 05.04.09

1 comentario:

  1. Duas cousas fan este mundo inhabitable para uhna mayoría: O Luxo e a hipocresia das xerarquias relixiosas,sen eles habería de todo para todos...parabens Sr.Boo polo seu artigo,coma case sempre mete o dedo noa ferida...

    ResponderEliminar