A agresión xudeófoba de RTVE

O pasado día 4 de outubro TVE perpetrou unha nova agresión «documental» contra a obxectividade informativa, contra o principio de ecuanimidade que debería ter un medio de comunicación público e a maior groria das teses islamofascistas que golpean non so contra Israel en forma de misis, senon mesmo contra os dereitos humans dos coitados palestinos, que seguen a ter a desgraza de contar con aliados tan descerebrados como os autores, emisores e defensores da comedia titulada Las heridas de Rafáh , exhibida sen pudor no primeiro canle da TV estatal. A reportaxe-panfleto foi escrita por Esther Vázquez, dirixido por José Antonio Guardiola e Susana Jiménez Pons, e producida por Miguel Ángel Viñas e Ana Pastor, un quinteto que, en palabras do egrexio amigo Gustavo D. Perednik, “cobra sus honorarios del pueblo español a fin de inyectarle judeofobia pura”. Do mesmo autor citarei textualmente –ainda que só sexa porque a amizade que nos profesamos tamén lle permite a él citarme a min sempre que go...