PALABRAS DO AUTOR NA PRESENTACIÓN DO LIBRO NO CLUB FARO DE VIGO, NA COMPAÑA DE VICTOR FREIXANES, PTE. REAL ACADEMIA GALEGA Suso Vaamonde viviu a maior parte da súa vida vencellado a Vigo. Aquí estudou, aquí montou os seus primeiros grupos –un conxunto músico vocal de corte ye-yé e un trío de claro marchamo galeguista-; aquí casou e tivo o seu único fillo… e aquí finou con só 49 anos. Precisamente una tarde/noite como a de hoxe, hai 19 anos, encamiñaría os seus últimos folgos na súa carreira cara a eternidade. Escribín a biografía de Suso Vaamonde porque mo pediu él cando non podía nin imaxinar que morrería sen cumplir os 50. Fíxome depositario do seu arquivo persoal que, de cando en vez, fornecíamo con máis material. Pediume que non escribira un conto, senón que relatara as cousas como foron. Quería, por exemplo, que se soubera da soedade dos independentes e rebeldes como él, tantas veces abandonados polas siglas e polos compañeiros de viaxe. Quería que se soubera ...
Outra volta aos medios de comunicación –ese que según o mito están controlados polos xudeos– veñen de demonizar a Israel por defenderse de Hamás, ises terroristas salvaxes, que non dubidan en usar aos seus civís, como escudos humanos. Tan responsable é Hamás do que pasa en Gaza –territorio non ocupado dende hai 3 anos; ergo o argumento da ocupación non vale– que ata o presidente palestino e o ministro de exteriores de Exipto así o proclamaron. Pero os opinadores dos medios só teñen ollos para analizar os resultados e non as causas. E entre estas cómpre salientar que Hamás non loita por un estado palestino democrático, e menos socialista. Hamás persegue, por mandato de Alá, a desaparición de Israel –o dí a súa Carta Fundacional, nunca enmendada– e a creación dun ente teocrático. E por iso, e porque sabe que ten rendida aos seus pés a unha narcotizada opinión pública occidental, se permitiu asesinar a máis palestinos de Al Fatah dos que teñen morto estes días polo fogo israelí. Hamás sa...
Como queira que os meus amigos e lectores do meu blog queren saber as razóns polas cales xa non aparecen as miñas columnas no Xornal de Galicia , paso a explicar moi brevemente o acontecido. O 8 de abril enviei ao devandito periódico o meu artigo semanal, titulado “A UPG, cancro do BNG”, para ser publicado o Domingo de Pascoa ou de Resurrección. Como non apareceu nin na versión papel nin na edición dixital, dirixínme á responsable de opinión e deume unha curiosa explicación: que como se produciran novas en relación cos movimentos precongresuais do BNG, que aparentemente non coincidían coas apreciacións expresadas no meu artigo, decidiran aplazar a súa publicación ata despois de falar comigo. Cando expliquei que para nada había contradicción entre o sucedido e o que eu aventuraba no texto, e que, en calquera caso se trataba dunha opinión asinada e non dunha información, quedamos en que non habería problema para publicalo ao día seguinte martes. Pero tal cousa non aconteceu. En troques d...
Comentarios
Publicar un comentario