Ninguén pode defender a Israel baseándose no que lemos e vemos. Os que o facemos, contrastamos a propaganda que nos chega ou viaxamos alí. Así desenmascaramos as burdas mentiras de “Paliwood” e o seu culto á morte ( http://es.youtube.com/watch?v=wp6tTtuOhoI ). Quen queira fuxir do pensamento único que padecemos, chegará a saber que Hamás é responsable do drama de Gaza, e que sacrifica á súa propia xente ( http://www.youtube.com/watch?v=eTGbP55HGi8 )
só para rendibilizar o seu sangue. Calquera pode saber que os israelis telefonaron 100.000 veces antes de atacar, e ata a cidadá española María Velasco, que o confirmou, dixo na CNN que estaba atrapada en Gaza porque a “resistencia” empezou a disparar misís contra Israel cando se enterou que os estranxeiros saían da Faixa, evitando así a fuxida deses valiosos escudos humáns. Contou que tiña víveres, luz, internet… Calquera pode saber tamén que en 20 anos Europa deulle a Palestina máis cartos co plan Marshall a toda Europa, trala II Guerr...
Como queira que os meus amigos e lectores do meu blog queren saber as razóns polas cales xa non aparecen as miñas columnas no Xornal de Galicia , paso a explicar moi brevemente o acontecido. O 8 de abril enviei ao devandito periódico o meu artigo semanal, titulado “A UPG, cancro do BNG”, para ser publicado o Domingo de Pascoa ou de Resurrección. Como non apareceu nin na versión papel nin na edición dixital, dirixínme á responsable de opinión e deume unha curiosa explicación: que como se produciran novas en relación cos movimentos precongresuais do BNG, que aparentemente non coincidían coas apreciacións expresadas no meu artigo, decidiran aplazar a súa publicación ata despois de falar comigo. Cando expliquei que para nada había contradicción entre o sucedido e o que eu aventuraba no texto, e que, en calquera caso se trataba dunha opinión asinada e non dunha información, quedamos en que non habería problema para publicalo ao día seguinte martes. Pero tal cousa non aconteceu. En troques d...
Outra volta aos medios de comunicación –ese que según o mito están controlados polos xudeos– veñen de demonizar a Israel por defenderse de Hamás, ises terroristas salvaxes, que non dubidan en usar aos seus civís, como escudos humanos. Tan responsable é Hamás do que pasa en Gaza –territorio non ocupado dende hai 3 anos; ergo o argumento da ocupación non vale– que ata o presidente palestino e o ministro de exteriores de Exipto así o proclamaron. Pero os opinadores dos medios só teñen ollos para analizar os resultados e non as causas. E entre estas cómpre salientar que Hamás non loita por un estado palestino democrático, e menos socialista. Hamás persegue, por mandato de Alá, a desaparición de Israel –o dí a súa Carta Fundacional, nunca enmendada– e a creación dun ente teocrático. E por iso, e porque sabe que ten rendida aos seus pés a unha narcotizada opinión pública occidental, se permitiu asesinar a máis palestinos de Al Fatah dos que teñen morto estes días polo fogo israelí. Hamás sa...
Comentarios
Publicar un comentario