Entradas

Eu non estiven alí

Imagen
Artigo de Pedro Gómez-Valadés, amigo e compañeiro en AGAI . Un ano máis xurde entre a friaxe do calendario invernal un novo 27 de xaneiro. Un 27 que ate hai pouco máis de medio século era só a véspera do 28, como moito un modesto Santo Tomé de Aquino no calendario santoral católico ou simplemente, o vixesimoséptimo día do ano no calendario gregoriano. Mais todo iso mudou de xeito brutal e para sempre un 27 de xaneiro de 1945. Ese día, unidades da División número 100 do Exército Roxo, baixo o mando do xeneral Krasávina, entraron en Auschwitz-Birkenau e liberaron aos 2.819 prisioneiros que despois de 5 anos de masacre ficaban con vida. 2.819 testemuñas da infamia, 2.819 testemuñas do horror inexplicábel que asolou o corazón da vella e culta Europa, a nosa Europa, e que converteu para sempre a un vello e frío cuartel do Exército polaco no monumento funerario perenne de máis de millón e medio de seres humanos que desde aqueles días fican soterrados para sempre e c...

Israel, te llevo en mi corazón

Imagen
Miguel Boó * La educación lo es todo. Hace unos meses un catedrático de Arte y una licenciada en Historia –ambos docentes- me dejaron perplejo. El primero sostenía en sus clases la existencia de Palestina como algo vagamente contemporáneo de los imperios asirio y persa. La segunda, una mujer profundamente católica, discurseaba en una tertulia de café –sospecho que en sus clases no privará a sus alumnos de su equivocado magisterio- convencida de que Jesucristo, la virgen María y los apóstoles eran palestinos y, por tanto, ancestros de los actuales herederos del egipcio Yasser Arafat. Naturalmente, no sirvió de nada decirle al primero que por favor me pusiera al corriente de cuales habían sido los emperadores, reyes o dirigentes de esa Palestina que él había descubierto y cuyo conocimiento se nos había vedado al resto de los mortales. Le interrogué, sin éxito, sobre cuáles fueron sus profetas, sus dioses –puesto que religiones monoteístas sólo existía la judía-, sus ciudades. Le pedí que...

Texto do Manifesto: "Pola Paz contra o Boicot a Israel"

Imagen
Os abaixo asinantes, cidadáns vascos, cataláns e galegos, que defendemos o dereito de autodeterminación dos nosos respectivos pobos, mediante este escrito, queremos amosar a nosa oposición á campaña que sob o nome BDS (Boicot, Desinversión e Sancións), promove accións de todo tipo contra produtos, actividades ou profesionais provintes de Israel en ámbitos económicos, académicos, culturais ou deportivos. Consideramos que esta campaña, que pretende ser un instrumento de presión sobre o goberno israelí para que mude a súa política respecto dos territorios palestinos, non favorece en nada ao devandito fin, e pola contra cremos que por medio da mesma, estanse a cometer actos discriminatorios contra cidadáns israelís que reavivan o odio contra os xudeus en xeral. Cremos que a creación dun Estado palestino viábel, (prevista na resolución das Nacións Unidas de 1947 dividindo a Palestina británica en dous estados un xudeu e outro árabe), pode ser a solución ao conflito se comporta o ...

Aqueles marabillosos 80´s

Imagen
Tal como éramos. A foto ven de ser publicada no volume editado pola Fundación Araguaney de Santiago de Compostela nos seus 25 anos de andaina. Correspóndese cunha actuación do meu grupo "Esguince de Frenillo" a beneficio dos xogadores da SD Compostela. Corría o ano 1986. Daquela os xogadores tampouco cobraban. De recordo regaláronnos unha bandeirola bordada a man polas monxas de Santa Clara. Coitadas, tiveron que escri bir con fio de ouro aquelo de "A S.D. Compostela, agradecida a Esguince de Frenillo "...

A agresión xudeófoba de RTVE

Imagen
O pasado día 4 de outubro TVE perpetrou unha nova agresión «documental» contra a obxectividade informativa, contra o principio de ecuanimidade que debería ter un medio de comunicación público e a maior groria das teses islamofascistas que golpean non so contra Israel en forma de misis, senon mesmo contra os dereitos humans dos coitados palestinos, que seguen a ter a desgraza de contar con aliados tan descerebrados como os autores, emisores e defensores da comedia titulada Las heridas de Rafáh , exhibida sen pudor no primeiro canle da TV estatal. A reportaxe-panfleto foi escrita por Esther Vázquez, dirixido por José Antonio Guardiola e Susana Jiménez Pons, e producida por Miguel Ángel Viñas e Ana Pastor, un quinteto que, en palabras do egrexio amigo Gustavo D. Perednik, “cobra sus honorarios del pueblo español a fin de inyectarle judeofobia pura”. Do mesmo autor citarei textualmente –ainda que só sexa porque a amizade que nos profesamos tamén lle permite a él citarme a min sempre que go...

Por que deixei de escribir no Xornal de Galicia

Imagen
Como queira que os meus amigos e lectores do meu blog queren saber as razóns polas cales xa non aparecen as miñas columnas no Xornal de Galicia , paso a explicar moi brevemente o acontecido. O 8 de abril enviei ao devandito periódico o meu artigo semanal, titulado “A UPG, cancro do BNG”, para ser publicado o Domingo de Pascoa ou de Resurrección. Como non apareceu nin na versión papel nin na edición dixital, dirixínme á responsable de opinión e deume unha curiosa explicación: que como se produciran novas en relación cos movimentos precongresuais do BNG, que aparentemente non coincidían coas apreciacións expresadas no meu artigo, decidiran aplazar a súa publicación ata despois de falar comigo. Cando expliquei que para nada había contradicción entre o sucedido e o que eu aventuraba no texto, e que, en calquera caso se trataba dunha opinión asinada e non dunha información, quedamos en que non habería problema para publicalo ao día seguinte martes. Pero tal cousa non aconteceu. En troques d...

O DIA NO QUE TOCAMOS CON NACHA POP

Imagen
Foi hai 23 anos. Antonio Vega tiña 28 anos e eu 30. O meu grupo "Esguince de Frenillo" teloneaba ao seu, os míticos "Nacha Pop", e aos non menos consagrados "Gabinete Caligari". Era nas festas do Apóstolo do ano 86. Do pasado século. Sí. Nos nunca tocáramos diante de tanta xente. Había 8.000 persoas na Quintana. Un equipo de son de la hostia. Outro de luces como nunca tiveramos. E ata camerino. O bó de Suso Vaamonde -no repertorio tiñamos unha canción con letra miña e musica del- sobornou aos da mesa de son e luminotecnia para que nos trataran como ás estrelas que tocarían despois de nós. Deulles 5.000 pesetas daquel tempo. Estabamos tan acovardados que só lles dixemos un tímido ola a Antonio e os seus. Logo, cando collín o micro e vin aquela morea de xente dediante, souben que me podería comer o mundo. Cando rematamos a actuación, na que lle adicamos a canción "Estoy hasta los huevos de ser guapo" ao presumido ex-alcalde Xerardo Estévez, o seu s...