Entradas

Pandeirada do traspaso

Imagen
Ata hai nada, Touriño leváballe a Feijóo certa vantaxe moral no affaire do traspaso de poderes, no que un dicía xaque ao rei e o outro respostaba branca dobre. Co seu ultimato de que non haberá nada que rañar ata mediados da semana que ven, o mandamáis en funcións acaba de poñerse a altura dun fatalmente asesorado presidente in pectore da Xunta. Feijóo debería saber que tendo tellado de vidro (inaugurar e gastar sendo vicepresidente en funcións), non se deben tirar pedras ao do veciño. E que non se pode ir pola vida dicindo dese audi non beberei, si no teu garaxe tes un carro desa marca, porque ninguén vai entender que cos teus cartos podes facer o que che pete. Dito o dito paréceme unha indecencia da clase política –agora e hai 4 anos– manter unha lexislación que permite o marasmo gubernamental mentres se sigue a chuchar do bote. Un baldón máis sobre a grosaría dos tres partidos –xuntos e revoltos, dereitas, esquerdas, nacionalistas e españolistas– que empatan no episodio de inmoralid...

Thirty years after

Imagen
Sí señor, treinta años después localicé a viejos compañeros de fatigas de "La Voz de Galicia" y los convoqué a un yantar seguido de holgar -en el sentido de estar ociosos y entretenidos- en el Hostal de los Reyes Católicos de Santiago. Allí comparecieron Valentín G. Carrera, Tita Boquete, Alberto Castroverde, Concha Veiga, Tucho Calvo, Santi Romero, Joel Gómez. El gran fotógrafo que es Fernando Bellas, y que aparece de cuclillas, hizo la instantánea. No pudieron acudir, aunque quisieron, Miguel Somovilla y Xosé M. Palmeiro. ¡¡Que bueno que vinísteis!!

Hamás e os medios

Imagen
Dende que Israel decretou o alto o fogo, o 17 de xaneiro, Hamás lanzou 81 misís e 49 bombas de morteiro contra os israelíes. Os medios de comunicación españois non deron a noticia nin nun solto, nin nunha cola de telexornal. Moitos deles están á espera de que Israel resposte para demonizar aos xudeos. Os ataques de Hamás, lonxe de tratarse de accións militares, concrétanse en 13 misís Kassam e dous Grad (estes cun alcance superior a 40 km) contra o exército israelí ¡e 68 contra a poboación civil! Do mesmo xeito, dos 49 morteiros guindados contra os xudeos, 9 o foron contra os seus uniformados ¡e 40 contra vivendas e escolas! Ademáis, nestes dous meses, os terroristas de Hamás continuaron traficando armas polos túneles gazatíes e tentaron sin éxito recepcionar un barco iraní cargado de armas. Como a opinión pública non sabe que Hamás nada respecta, ha considerar que os 5.000 millóns de dólares recadados para reconstruir Gaza (200 de España) deben irse afloxando. Con eles Hamás surtiráse...

O 25 de abril do PSOE

Imagen
O congreso extraordinario do 25 de abril debería ser para o PSOE galego unha especie de revolución dos caraveis como a acontecida no pais veciño, na mesma data de hai 35 anos. Hai xente nova disposta para tan necesaria tarefa, pero teño para min que os carcas do partido, os que teñen o cu pegado aos cargos, os que esqueceron, esmagaron e aldraxaron a ética no seu tránsito á moqueta e á soberbia, non van deixar que esa manchea de rapaces da iniciativa "sumandoideas" diga nin Pamplona. E sería unha magoa. Porque o que para o PSOE quere este animoso colectivo non é o poder a calquera prezo, senón sumando nas urnas máis votos ca ninguén ou acadando a maioría absoluta. Unha arela ben plausible se temos en conta que o que postulan sintoniza de cheo co que a maioría da xente quere: autocrítica, dereito á discrepancia sin que te expulsen (como se ten feito no BNG), unha educación na que o relevante sexa a súa calidade e non o mandilón dos nenos, unha Galicia políglota sin imposicións...

Oportunistas e paniaguados

Imagen
Sinto noxo de que a esquerda se enmerdara en corruptelas. Eu, dende logo, xa o viña dicindo. O que non sei é onde estaban metidos os columnistas que nestes días critican sen piedade ao fenecido bipartito e que nada dixeron nos últimos tempos. Resúltanme tan oportunistas como teimudos son, no seu particular "sostenella y no enmendalla", algúns intelectuais que aínda se empeñan en defender o indefendible. Os citados en primeiro lugar andiveron ben lixeiros para facer leña da árbore caída, sin que se lles coñeza crítica algunha en catro anos. E os paniaguados que se venderon por unha rolda de mojitos aínda non tiveron a elegancia democrática de aceptar que a dereita gañou soíña, a pesar do apoliticismo e do franquismo sociolóxico; e grazas, sen dúbida, á inexistente levedade dun inexistente cambio. Non aceptan que os populares foron respaldados pola rapaciada, polas cidades, pola alta participación. E o que compre non é botarlle outravolta as culpas aos demais; o que compre é a...

Abstención, voto nulo e voto en contra

Imagen
Neste país votar é un dereito. Noutros tamén é unha obriga. A Constitución recoñécenos o dereito de votar, traballar ou sindicarnos, pero non temos porqué aceptar o emprego de limpar letrinas. Así que xa está ben de lerias de que si non se vota non hai dereito a protestar ou esixir. E máis, a abstención debería quedar reflectida na Cámara cun número de escanos baleiro. Podemos votar por calquera partido, facelo en branco, votar nulo ou absternos. Aínda me lembro dun referendo despois de morrer o dictador. O POG de Camilo Nogueira pedía o voto en branco, outros a abstención, e os maioritarios o sí ou o non. Aquelo era unha especie de feira, un sarampelo democrático. Alguen fixo un póster a man que dicía: "Non sexas ordinario. Vota orixinal. Vota directamente nulo". Pegouno na redacción e cando chegou o delegado daquel xornal -un nacionalisto que logo sería alto cargo na Xunta do Partido Popular- dixo: quitade iso daí. En fin, mágoa que non exista tamén o voto en contra. Eu, p...

Nos volverán a enganar?

Comprendo a indignación da xente de a pé coa nosa clase política, tan inmoral que remata a lexislatura e vaise de rositas sin retirar o plus que de moca van cobrar os ex-altos cargos. Solidarízome cos que se sinten estafados por candidatos corruptos ou por evasores de capitais. Rexeito que, dende o poder, se convoquen oposicións en plena campaña. Sulfúrome como todos ao saber que os eurodeputados –os galegos tamén– veñen de subirse o soldo, ata a insultante suma mensual de 7.665 €, viaxes, dietas e outras canonxías aparte. Rebélome contra calquera alcalde que administre o conforto social, educativo e asistencial de uns poucos de miles de veciños e cobre como si tivera a responsabilidade do goberno da nación...Eu crería nos políticos si se aplicaran a xornada de 65 horas e o soldo medio dos currantes do país. Como non é así, sinto, no retrogusto de tragar máis sapos e cobras, un enxebre amargor que me leva aos comezos da democracia, cando nas rúas de Santiago os primeiros decepcionado...

O galego, a ‘biblia’ e os afiliados autistas

Imagen
A principio dos pasados anos 90 tiven a honra de dirixir o desaparecido Diario 16 de Galicia, un periódico verdadeiramente plural que acaso chegou a ter certa sona, non só pola súa insobornable liña informativa que non deixaba títere con cabeza, dende o PP ao BNG, senón quizais porque foi o primeiro en publicar ata o 30% da súa información en galego. O xornal tamén agasallou aos seus lectores cos 100 títulos da súa Biblioteca de Autores Galegos e coas láminas dos lendarios álbumes de Castelao, entre outras iniciativas das que entón se adoitaban para facer país. Que a moitos lectores lles costara ler en galego e preferiran mercar outra cabeceira era algo habitual. O que baixo ningún concepto considerei entón de recibo foi que destacados membros da Mesa pola Normalizaciòn Lingüística, que se desfacían en louvanzas cara a aquel diario que apostaba polo galego, mercaran “El País”. Comprobeino personalmente e fixen ben sonora a miña protesta. Pero como si chovera. O xornal acabou pechando, ...

Perfectamente legal

Imagen
Hai poucos días publicouse que o xuiz Garzón “podería ser condenado”, como moito, a pagar 300 € pola súa responsabilidade en ceibar a dous narcotraficantes turcos. Ao parecer o xuiz non fixera os deberes e, presuntamente pola súa culpa, as dúas almas cándidas xa poden volver, se queren, ao seu negocio criminal. Ainda que o incidente foi cualificado caritativamente como un despiste, a min antóllaseme como neglixencia. Pero, en fin, todo semella perfectamente legal. Iso si, a sanción que lle pode caer a don Baltasar é, ao meu xuizo, insultantemente desproporcionada. 300 euros, ou unha simple amonestación –que é a outra posibilidade–, por esquecer poñer en marcha a prórroga da prisión preventiva para os narcos, non me parece moi xusto por isa minucia. Vexamos por que.Na pasada Noiteboa un universitario santiagués foi asaltado en Vigo por dous individuos que o ameazaron, primeiro cun monopatín sobre a cabeza, e despois con “pinchalo” con arma branca se non lles daba o que levaba. O estudi...

Divorcio de civilizacións

Imagen
Eu pregunto: como cre Zapatero que vai faccer conxeniar ao seu amigo Erdogan coas súas vítimas kurdas, as que dí que ataca porque son terroristas? Como pensa resolver as discrepancias entre hutus e tutsis en Rwanda? De que maneira vai conseguir que o rei de Marrocos e os líderes saharauis se biquen nos morros? Con que variña máxica vai acadar o prodixio de que chineses e tibetanos cheguen a un acordo? E o máis díficil ainda: con que loctite vai ensamblar a alianza entre israelís e palestinos, e mesmo entre o Hamás terrorista e o Fatah nacionalista?A min sempre me pareceu un imposible –por pura contradicción entre os termos– a alianza de civilizacións que ilusamente plantexa ZP. E cando digo sempre, remóntome a antes de que España lle vendera a Irak o gas co que masacrou aos kurdos no 88. España é o 8ª fornecedor mundial de armas. A algúns só lles interesa que ¡o 1 por 1.000! do que se exporta vaia a Israel. Que o 25% sexa para Marrocos ou que as nosas armas acaben en Irán, Venezuela, ...

En memoria da Shoá

Imagen
O mundo civilizado conmemora cada 27 de xaneiro (liberación de Auschwitz), o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, dende que o aprobaran a ONU e a UE. Dende 2004, a Asemblea de Madrid, o Parlament de Catalunya, as Cortes e outras Cámaras programan actos de recordo daquel xenocidio –ise sí que o foi– no que eliminaron, por consideralos racialmente inferiores, a seis millóns de xudeos, e tamen a milleiros de ciganos (xitanos), homosexuais e, por suposto, republicanos galegos.A p esar dos solemnes actos que cada ano se celebran en todo o mundo, hai que dicir que neste país o antisemitismo sigue sendo un execrable deporte nacional. En España non houbo Treblinkas nin Mauthausen, nin guerra mundial, nin, obviamente, remorsos por masacres como a de Babi Yar, nas aforas de Kiev, na que asasinaron a 100.000 persoas, a terceira parte nenos. Tal vez por todo iso no noso pais persiste redivivo o antisemitismo dos tempos da Inquisición, mentres que, pola contra, en Ucraina acaba...

Con Israel, a lei do funil

Imagen
Foto tirada no que fora despacho de Yasser Arafat durante o golpe de man de Hamas contra Al Fatáh na Faixa de Gaza. Ninguén cun mínimo de humanidade pode manterse indiferente diante da morte de inocentes, menos ainda se son nenos que exhiben pola TV á hora de xantar. Si non saes pola tele, non existes. Por iso paréceme moi inxusto que das 200 guerras que hai no mundo, mediáticamente só interese unha. E dese conflito que tanto interesa, por riba das masacres de kurdos, tibetanos, chechenos, tamiles, saharauis, tutsis ou sudaneses, chámanme poderosamente a atención dous aspectos. Un, que acapara máis cota presencial nos medios que todos os demáis conflitos xuntos, por moitos centos de milleiros de mortos que neles se rexistren. E dous, que unha das partes en disputa –os palestinos– lévase toda a solidariedade da opinión pública (ou alomenos da publicada) deste país, pero só cando morren en enfrontamentos cos israelíes. E, senón, que alguén amose os ríos de tinta, os minutados televi...