domingo, 15 de marzo de 2009

O 25 de abril do PSOE


O congreso extraordinario do 25 de abril debería ser para o PSOE galego unha especie de revolución dos caraveis como a acontecida no pais veciño, na mesma data de hai 35 anos. Hai xente nova disposta para tan necesaria tarefa, pero teño para min que os carcas do partido, os que teñen o cu pegado aos cargos, os que esqueceron, esmagaron e aldraxaron a ética no seu tránsito á moqueta e á soberbia, non van deixar que esa manchea de rapaces da iniciativa "sumandoideas" diga nin Pamplona. E sería unha magoa. Porque o que para o PSOE quere este animoso colectivo non é o poder a calquera prezo, senón sumando nas urnas máis votos ca ninguén ou acadando a maioría absoluta. Unha arela ben plausible se temos en conta que o que postulan sintoniza de cheo co que a maioría da xente quere: autocrítica, dereito á discrepancia sin que te expulsen (como se ten feito no BNG), unha educación na que o relevante sexa a súa calidade e non o mandilón dos nenos, unha Galicia políglota sin imposicións (contraproducentes per se) ou a reforma dos medios de comunicación públicos.
Xornal de Galicia - 15.03.09

domingo, 8 de marzo de 2009

Oportunistas e paniaguados

Sinto noxo de que a esquerda se enmerdara en corruptelas. Eu, dende logo, xa o viña dicindo. O que non sei é onde estaban metidos os columnistas que nestes días critican sen piedade ao fenecido bipartito e que nada dixeron nos últimos tempos. Resúltanme tan oportunistas como teimudos son, no seu particular "sostenella y no enmendalla", algúns intelectuais que aínda se empeñan en defender o indefendible. Os citados en primeiro lugar andiveron ben lixeiros para facer leña da árbore caída, sin que se lles coñeza crítica algunha en catro anos. E os paniaguados que se venderon por unha rolda de mojitos aínda non tiveron a elegancia democrática de aceptar que a dereita gañou soíña, a pesar do apoliticismo e do franquismo sociolóxico; e grazas, sen dúbida, á inexistente levedade dun inexistente cambio. Non aceptan que os populares foron respaldados pola rapaciada, polas cidades, pola alta participación. E o que compre non é botarlle outravolta as culpas aos demais; o que compre é aceptar que, cecais, as eleccións, non é que as gañara o PP, é que as perdeu o bipartito.

Xornal de Galicia - 08.03.09

sábado, 28 de febrero de 2009

Abstención, voto nulo e voto en contra


Neste país votar é un dereito. Noutros tamén é unha obriga. A Constitución recoñécenos o dereito de votar, traballar ou sindicarnos, pero non temos porqué aceptar o emprego de limpar letrinas. Así que xa está ben de lerias de que si non se vota non hai dereito a protestar ou esixir.
E máis, a abstención debería quedar reflectida na Cámara cun número de escanos baleiro. Podemos votar por calquera partido, facelo en branco, votar nulo ou absternos. Aínda me lembro dun referendo despois de morrer o dictador. O POG de Camilo Nogueira pedía o voto en branco, outros a abstención, e os maioritarios o sí ou o non. Aquelo era unha especie de feira, un sarampelo democrático.
Alguen fixo un póster a man que dicía: "Non sexas ordinario. Vota orixinal. Vota directamente nulo". Pegouno na redacción e cando chegou o delegado daquel xornal -un
nacionalisto que logo sería alto cargo na Xunta do Partido Popular- dixo: quitade iso daí. En fin, mágoa que non exista tamén o voto en contra. Eu, por exemplo, como non me convence partido ningún gostaría de votar en contra dun deles para que non gobernara.
Xornal de Galicia - 01.03.09

domingo, 22 de febrero de 2009

Nos volverán a enganar?


Comprendo a indignación da xente de a pé coa nosa clase política, tan inmoral que remata a lexislatura e vaise de rositas sin retirar o plus que de moca van cobrar os ex-altos cargos. Solidarízome cos que se sinten estafados por candidatos corruptos ou por evasores de capitais. Rexeito que, dende o poder, se convoquen oposicións en plena campaña. Sulfúrome como todos ao saber que os eurodeputados –os galegos tamén– veñen de subirse o soldo, ata a insultante suma mensual de 7.665 €, viaxes, dietas e outras canonxías aparte. Rebélome contra calquera alcalde que administre o conforto social, educativo e asistencial de uns poucos de miles de veciños e cobre como si tivera a responsabilidade do goberno da nación...Eu crería nos políticos si se aplicaran a xornada de 65 horas e o soldo medio dos currantes do país. Como non é así, sinto, no retrogusto de tragar máis sapos e cobras, un enxebre amargor que me leva aos comezos da democracia, cando nas rúas de Santiago os primeiros decepcionados pintaron aquelo de “Galegos non votar que nos volven engañar”.
Publicado en Xornal de Galicia - 22.01.09

Nota aclaratoria:
O autor non se identifica con Terra Galega. O video só se colga a efectos ilustrativos de cómo se sinte de cabreada e enganada a xente. Polo demais, teño por seguro que Terra Galega nunca poderá demostrar que eles non enganarían como fan os demais. O seu, xa que logo, é un brinde ao sol.

sábado, 14 de febrero de 2009

O galego, a ‘biblia’ e os afiliados autistas


A principio dos pasados anos 90 tiven a honra de dirixir o desaparecido Diario 16 de Galicia, un periódico verdadeiramente plural que acaso chegou a ter certa sona, non só pola súa insobornable liña informativa que non deixaba títere con cabeza, dende o PP ao BNG, senón quizais porque foi o primeiro en publicar ata o 30% da súa información en galego. O xornal tamén agasallou aos seus lectores cos 100 títulos da súa Biblioteca de Autores Galegos e coas láminas dos lendarios álbumes de Castelao, entre outras iniciativas das que entón se adoitaban para facer país.
Que a moitos lectores lles costara ler en galego e preferiran mercar outra cabeceira era algo habitual. O que baixo ningún concepto considerei entón de recibo foi que destacados membros da Mesa pola Normalizaciòn Lingüística, que se desfacían en louvanzas cara a aquel diario que apostaba polo galego, mercaran “El País”. Comprobeino personalmente e fixen ben sonora a miña protesta. Pero como si chovera. O xornal acabou pechando, entre outras cousas gracias a que nin a militancia galego-falante o mercaba. Preferían “a biblia” de Polanco.
O semanario A Nosa Terra, o diario Galicia Hoxe e agora o Xornal de Galicia sobreviven como poden, e non precisamente gracias a que os defensores do noso idioma rasquen o seu peto no quiosco. Si soamente o 5% dos 300.000 votantes do BNG mercara unha desas cabeceiras estarían contribuindo á súa solvencia e, ao mesmo tempo, axudarían ao mantemento do noso idioma. Ainda máis, só con que os afiliados do BNG mercaran todos estes anos o antedito semanario, xa abondaría para a mítica revista viguesa. Non digamos nada de si o noso Xornal –que pasa por ser unha cabeceira de esquerdas- o mercaran o 5% dos votantes do bipartito. Mandaría carallo!
Pero lamentablemente, a xente fala de boquilla, defende o idioma coa pancarta e despois na intimidade acaba “falando catalán” como o outro; lendo o Marca ou levitando co País. E ainda menos mal, porque outros retrasados acaban de conseguir hai sete días que moita xente de a pé, que nada tiña contra o galego, agora o consideren un idioma de violentos, porque uns fachas de todo a cen o “defenderon” a botellazos. ¡Vaia favor que lle fixeron ao galego estes descerebrados (quero pensar que só era cousa deles)!.
Publicado en Xornal de Galicia - 15.02.09

domingo, 8 de febrero de 2009

Perfectamente legal

Hai poucos días publicouse que o xuiz Garzón “podería ser condenado”, como moito, a pagar 300 € pola súa responsabilidade en ceibar a dous narcotraficantes turcos. Ao parecer o xuiz non fixera os deberes e, presuntamente pola súa culpa, as dúas almas cándidas xa poden volver, se queren, ao seu negocio criminal. Ainda que o incidente foi cualificado caritativamente como un despiste, a min antóllaseme como neglixencia. Pero, en fin, todo semella perfectamente legal. Iso si, a sanción que lle pode caer a don Baltasar é, ao meu xuizo, insultantemente desproporcionada. 300 euros, ou unha simple amonestación –que é a outra posibilidade–, por esquecer poñer en marcha a prórroga da prisión preventiva para os narcos, non me parece moi xusto por isa minucia. Vexamos por que.Na pasada Noiteboa un universitario santiagués foi asaltado en Vigo por dous individuos que o ameazaron, primeiro cun monopatín sobre a cabeza, e despois con “pinchalo” con arma branca se non lles daba o que levaba. O estudiante quixo razoar pero os seus amables atracadores dixéronlle que o ían deixar en calzóns. E, de súpeto, déronlle de patadas nos nocellos. O rapaz reaccionou, empurrou os agresores e botou a correr tanto como puido. Horas despois os delincuentes foron detidos. Un deles era a duodécima vez que o prendían.O coitado estudiante nunca esquecerá estas navidades. Tras pasar toda o noite en comisaría, denunciar o sucedido e asistir na mañanciña do día de Nadal a unha vista rápida, foi citado o 26 para recibir unha cédula de citación do xulgado de instrución, coa advertencia de que si non comparecía ao primeiro chamamento poderían multalo con 200 a 5.000 €. Algo desproporcionado se o comparamos co de Garzón; pero se non o comparamos, todo arranxado. Perfectamente legal. Como foi perfectamente legal que, na vista previa, os dous asaltantes tiveran cadanseu un avogado mentres que a vítima quedara a velas vir. Tamén foi perfectamente legal que os letrados quixeran convencer ao xuiz de que o monopatín non se pode considerar como arma. E que pasaría se, para evitarse tanta molestia e indefensión, non denunciara os feitos? Pois que os agresores sairían á rúa sen cargos. E todo sería perfectamente legal, ou sexa acorde coa lei. A que fan os políticos.

Artigo publicado en Xornal de Galicia - 08.02.09


sábado, 31 de enero de 2009

Divorcio de civilizacións

Eu pregunto: como cre Zapatero que vai faccer conxeniar ao seu amigo Erdogan coas súas vítimas kurdas, as que dí que ataca porque son terroristas? Como pensa resolver as discrepancias entre hutus e tutsis en Rwanda? De que maneira vai conseguir que o rei de Marrocos e os líderes saharauis se biquen nos morros? Con que variña máxica vai acadar o prodixio de que chineses e tibetanos cheguen a un acordo? E o máis díficil ainda: con que loctite vai ensamblar a alianza entre israelís e palestinos, e mesmo entre o Hamás terrorista e o Fatah nacionalista?A min sempre me pareceu un imposible –por pura contradicción entre os termos– a alianza de civilizacións que ilusamente plantexa ZP. E cando digo sempre, remóntome a antes de que España lle vendera a Irak o gas co que masacrou aos kurdos no 88. España é o 8ª fornecedor mundial de armas. A algúns só lles interesa que ¡o 1 por 1.000! do que se exporta vaia a Israel. Que o 25% sexa para Marrocos ou que as nosas armas acaben en Irán, Venezuela, Malasia ou Cuba, carece de interés. Quen sabe cantos saharauis, kurdos ou mesmo venezolanos morreron baixo o lume español. Sempre pensei que a mestizaxe de auga e óleo é unha quimera. As democracias fan negocios inmorais pero nunca puideron nin poderán aliarse cos chamados “trillizos totalitarios”: nazismo, comunismo e, agora, islamismo. Xa abondan os atrancos para entendermonos cos musulmáns moderados, canto máis difícil non será estar a ben, ao mesmo tempo con turcos e kurdos; con chechenos e rusos; cos islamistas de Sudán e os negros fures ou masalites; co réxime comunista cubano e co anticastrismo; cos aiatolas e coa oposición democrática iraniana; coas mulleres oprimidas e maltratadas (violacións maritais, clítoridectomía...) por paises árabes e musulmáns e cos gobernos corruptos e torturadores de Arabia, Xordania, Exipto, Hamastan, etc.Por iso, máis ca unha alianza o que hai é un divorcio insalvable entre intereses opostos de carácter xeopolítico e/ou relixioso. Pero se o presidente segue pensando, como hai tres anos, que existe unha solución flower power para tanta traxedia, que a expoña dunha vez e nos diga como facer para que os xa citados conflitos, e outros 200 máis, achen solución á luz da súa bendita Alianza de Civilizacións.

Publicado no Xornal de Galicia - 01.02.09

lunes, 26 de enero de 2009

En memoria da Shoá


O mundo civilizado conmemora cada 27 de xaneiro (liberación de Auschwitz), o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, dende que o aprobaran a ONU e a UE. Dende 2004, a Asemblea de Madrid, o Parlament de Catalunya, as Cortes e outras Cámaras programan actos de recordo daquel xenocidio –ise sí que o foi– no que eliminaron, por consideralos racialmente inferiores, a seis millóns de xudeos, e tamen a milleiros de ciganos (xitanos), homosexuais e, por suposto, republicanos galegos.A pesar dos solemnes actos que cada ano se celebran en todo o mundo, hai que dicir que neste país o antisemitismo sigue sendo un execrable deporte nacional. En España non houbo Treblinkas nin Mauthausen, nin guerra mundial, nin, obviamente, remorsos por masacres como a de Babi Yar, nas aforas de Kiev, na que asasinaron a 100.000 persoas, a terceira parte nenos. Tal vez por todo iso no noso pais persiste redivivo o antisemitismo dos tempos da Inquisición, mentres que, pola contra, en Ucraina acaban de sair á rúa miles de manifestantes en defensa do dereito de Israel –patria dos xudeos– a existir. O antisemitismo foi cousa da Igrexa, da dereita e dos nazis, ata que a esquerda máis asilvestrada decidiu sumarse á xudeofobia pola vía da banalización do Holocausto. A máis sonada incorporación a este movimento foi a do Nobel José Saramago, que comparou Auschwitz con Gaza. O ano pasado o BNG negouse a aprobar unha declaración institucional no Parlamento –como se fai en Madrid ou Barcelona– cos mesmos argumentos banalizadores do escritor portugués. Coa súa decisión castigou a pais e avós –as vitimas da barbarie nazi– polo comportamento que na actualidade achacan aos seus fillos e netos. Por suposto, nin Saramago nin o BNG –algo de comunistas teñen todos eles– admitiron nunca os xenocidios de Stalin sobre case 10 millóns de vítimas, ou o dos xemeres vermellos en Camboia, por poñer so dous exemplos. Tal vez para compensar, incurren en banalización ao falar de xenocidio en Gaza e negarse a honrar ou, como mínimo, respetar a memoria da Shoá: o episodio histórico máis documentado da historia da humanidade, incluso coa testemuña dos mesmos vitimarios que o cometeron. Paréceme inquietante que en algo coincidan con Pedro Varela, o rei dos nazis en España

Xornal de Galicia - 25.01.09


sábado, 17 de enero de 2009

Con Israel, a lei do funil

Foto tirada no que fora despacho de Yasser Arafat durante o golpe de man de Hamas contra Al Fatáh na Faixa de Gaza.


Ninguén cun mínimo de humanidade pode manterse indiferente diante da morte de inocentes, menos ainda se son nenos que exhiben pola TV á hora de xantar. Si non saes pola tele, non existes. Por iso paréceme moi inxusto que das 200 guerras que hai no mundo, mediáticamente só interese unha. E dese conflito que tanto interesa, por riba das masacres de kurdos, tibetanos, chechenos, tamiles, saharauis, tutsis ou sudaneses, chámanme poderosamente a atención dous aspectos. Un, que acapara máis cota presencial nos medios que todos os demáis conflitos xuntos, por moitos centos de milleiros de mortos que neles se rexistren. E dous, que unha das partes en disputa –os palestinos– lévase toda a solidariedade da opinión pública (ou alomenos da publicada) deste país, pero só cando morren en enfrontamentos cos israelíes. E, senón, que alguén amose os ríos de tinta, os minutados televisivos, as manifestacións multitudinarias, as acusacións de xenocidio, as denuncias do uso desproporcionado da forza, as resolucións da ONU… de cando os palestinos foron masacrados por palestinos, por árabes e/ou por islamistas. Hamás gañou unhas eleccións con tantos partidos en liza e garantías democráticas e de sufraxio universal como cando Franco mandaba por aquí, pero tanto ten; Occidente dixo que amén e punto. Tamén Hitler gañou as eleccións e o dictador de Ferrol fartouse con resultados de máis do 100% ao seu favor. Hamás deu un golpe de Estado, un detalle moi feo polo que en calquera pais civilizado tes que responder. Pero eles expulsaron ao único outro partido existente e masacraron, segundo o informe de Amnistia Internacional, a máis de 300 irmáns palestinos, incluidos mulleres e nenos. Isto foi antesdonte, pero non lin ningún artigo chamándoos parri-xenocidas. No verán de 2007, o exército libanés empregouse de forma desproporcionada contra o campamento que administraba Fatah-Al Islam en Nah al Bared, preto de Trípoli e bombardeou durante semanas aos seus 10.000 refuxiados palestinos. Ninguén esixiu un stop ao xenocidio, nin treguas, nin reunións da ONU.Quen me pode aportar artigos de opinión ou campañas mundiais condenando por xenocida ao rei Hussein de Xordania que en setembro de 1970 masacrou a entre 10.000 e 15.000 palestinos, segundo datos da nada sospeitosa UNWRA? Por certo que Arafat creou logo o grupo terrorista Setembro Negro para vingarse... ¡dos xudíos!. Ninguén condenou ao monarca, pero en 38 anos ben puido alguén xulgar e condenar ao xenocida, non? Así e todo, agora o importante é a paz canto antes.

Xornal de Galicia - 19.01.09


domingo, 11 de enero de 2009

Non ao pensamento único sobre Gaza


Ninguén pode defender a Israel baseándose no que lemos e vemos. Os que o facemos, contrastamos a propaganda que nos chega ou viaxamos alí. Así desenmascaramos as burdas mentiras de “Paliwood” e o seu culto á morte (http://es.youtube.com/watch?v=wp6tTtuOhoI). Quen queira fuxir do pensamento único que padecemos, chegará a saber que Hamás é responsable do drama de Gaza, e que sacrifica á súa propia xente (http://www.youtube.com/watch?v=eTGbP55HGi8)
só para rendibilizar o seu sangue. Calquera pode saber que os israelis telefonaron 100.000 veces antes de atacar, e ata a cidadá española María Velasco, que o confirmou, dixo na CNN que estaba atrapada en Gaza porque a “resistencia” empezou a disparar misís contra Israel cando se enterou que os estranxeiros saían da Faixa, evitando así a fuxida deses valiosos escudos humáns. Contou que tiña víveres, luz, internet… Calquera pode saber tamén que en 20 anos Europa deulle a Palestina máis cartos co plan Marshall a toda Europa, trala II Guerra Mundial, e que con parte desa esmola o Hamás puido guindar 6.000 foguetes sobre Israel dende a retirada dos xudeos de Gaza en 2005 (http://www.youtube.com/IsraelMFA). Calquera pode saber que Hamas non representa a causa palestina da bandeira cuatricor. Estes días, na TV, nas fotos, nos cadaleitos, as bandeiras eran as verdes da teocracia. Calquera pode comprobar, en fin, que os medios enferman cando hai xudeos polo medio. Lembro que case ningún dos analistas que satanizan a Israel dixo pío cando a OTAN matou 2.500 civís serbios en 38.000 misións realizadas con 1.000 avións, emprego de milleiros de bombas racimo e de 15 Tm.de uranio empobrecido. Agora ven xenocidio e desproporción. Da noxo.
Xornal de Galicia - 11.01.09

viernes, 9 de enero de 2009

Un artigo de Luis I.Gómez

NOTA:
O seguinte artigo andivo estes días rulando por internet, onde falsamente se lle atribuiu a autoría de Rosa Díez. O certo é que o seu autor é o astur-leonés, Luis I. Gómez quen dende a súa marcha a Alemaña, mantén unha interesante web chamada www.desdeelexilio.com

**********************************
La respuesta de Israel no es desproporcionada
Por Luis I. Gómez
No entiendo el tinte filoterrorista de quienes se manifiestan sin pudor en defensa de Hamas. No entiendo la pose (muchas veces inconsciente) antisemita de quienes se manifiestan en contra de Israel. No entiendo a quienes se quejan de lo complejo de la situación en Oriente Próximo y justifican en esa supuesta complejidad su incapacidad para formarse una opinión. No es tan difícil entender lo que está ocurriendo en Gaza. Y no es en absoluto difícil dilucidar quién es el verdadero agresor en esta guerra.

El sentido común debería permitirnos a todos ver con claridad lo evidente: si Hamas en los últimos ocho años no hubiese lanzado día sí y día también misiles sobre Israel, si no hubiese introducido de contrabando contínuamente armas desde Irán, Rusia y China, si no hubiesen desarrollado las tecnologías de sus “cohetes caseros” para hacerlos cada vez más efectivos, más destructivos, de mayor alcance, amenazando así una región de Israel en la que viven un millón de israelíes, si todo eso no hubiese ocurrido, Israel no hubiese tenido la necesidad de defenderse de nada..

Por ello tampoco entiendo el ejercicio de calculada equidistancia pseudo-moral de quienes, en un equilibrismo esperpéntico tachan a Hamas de irresponsable y condenan la acción militar de Israel. Después de todo ya sabemos que, digan lo que digan, Israel es el “malo” de la película. ¿No han sido los dos bandos responsables de la ruptura del alto al fuego? ¿No son los israelíes mucho más fuertes militarmente? Qué ocurre con la ocupación? ¿No es la reacción de Israel totalmente desproporcionada?

El “alto al fuego” proclamado el pasado mes de Junio de 2008, el mismo que Hamas apenas respetó un día, encontró en Israel, durante meses, a un escrupuloso y paciente cumplidor en todos sus términos. Una paciencia que, casi con toda seguridad, no hubiésemos encontrado en ningún otro país del mundo (bueno, tal vez el nuestro, en manos de unos pusilánimes cobardes; pero eso no es paciencia, es rendición)). Cuando una de las partes (Hamas) rompe el alto al fuego, no se puede hacer responsable a la otra parte por sentirse engañada y liberada del contrato ya roto. Y, sin embargo, Israel no movió un dedo hasta el pasado 19 de diciembre. Siete meses.

¿Y por qué rompió Hamas el alto al fuego? ¿Contra quién o contra qué lucha Hamas? Israel se retiró en 2005 completamente de Gaza, evacuó a todos los colonos. No hay ocupación israelí en Gaza desde entonces. Tampoco tienen los israelíes la culpa de la miserable situación en la que viven los palestinos, pero sí Hamas, sus dirigentes, quienes de forma totalmente premeditada se han dedicado a dilapidar la inmensa ayuda internacional en la adquisición de armas, el tráfico de armas y el desarrollo de armas. No en sanidad. No en infraestructuras. No en educación. Y, a pesar de ello, probablemente víctima de una especie de síndrome de estocolmo, la población de Gaza sigue dándoles su apoyo. Más probablemente, la razón de esa obstinación suicida de la que hacen gala buena parte de los habitantes de Gaza se deba a la - y en esto tampoco es culpable Israel- miseria educativa que impera en los territorios palestinos.

¿Contra qué o contra quién lucha entonces Hamas? ¿Qué pretenden? ¿Cuáles son sus metas? ¿Qué le reprocha a Israel? ¿Realmente nos resulta tan complicado comprender que de lo único que se trata es de matar israelíes - judíos, vaya- independientemente de lo que éstos hagan o dejen de hacer?

Y siempre termina saliendo a colación el reproche de la reacción desproporcionada. Ya han muerto durante la operación “Cast Lead” más palestinos que israelíes a manos de los cohetes de Hamas. En un brillantísimo artículo para el Jerusalem Post (31. diciembre 2008), Dore Gold, ex-embajador de Israel en la Naciones Unidas, destroza el argumento de la desporporcionalidad. Proporcionalidad no significa, en términos de Derecho Internacional, que la parte atacada deba defenderse con los mismos medios que usa el atacante. “Según el Derecho Internacional, Israel no está obligado a usar exactamente la misma potencia de fuego que sus atacantes. Israel no está obligada a fabricar misiles Quassam y dispararlos sobre Gaza”. El atacado está en su derecho de abortar la agresión con todos los medios de que disponga y sean necesarios para ello. No puede colocar en su punto de mira a civiles, y justamente eso es lo que, subraya Gold, está haciendo Israel. Se bombardean y atacan los edificios de Hamas - cuarteles, campos de entrenamiento, túneles para el contrabando de armas-. Las zonas residenciales no son en ningún caso el objetivo de los ataques de Israel.

Pero si Hamas, de forma premeditada, sitúa esos edificios y construcciones en zonas habitadas por civiles, para así poder utilizar a éstos como escudos humanos, si los líderes de Hamas, cobardes, se esconden al amparo de los hospitales, confiando en los escrúpulos de los israelíes (esos escrúpulos de los que ellos carecen por completo cuando lanzan misiles sobre escuelas y guarderías), entonces es Hamas quien está decididamente violando la Convención de Ginebra en su artículo58 a-c, según el cual las partes en conflicto están obligadas a mantener alejada a la población civil de las instalaciones militares, están obligadas a construir estas lejos de núcleos poblados por civiles y a adoptar todo tipo de medidas para la protección del personal no militar. Nada de esto ha hecho Hamas, sino justamente lo contrario. Se esconde en zonas residenciales, protegidos por las sonrisas de los niños palestinos. Carne de cañón.

Y sólo así podemos explicar las diferencias en el número de muertos civiles. Mientras Israel hace todo lo posible por proteger a sus civiles, construyendo búnqueres una red de sistemas de alarma civil, lo que a Hamas realmente le interesa es justamente lo contrario: un elevado número de mártires con suficiente capacidad mediática. Ellos no quieren proteger a sus niños, prefieren mostrarlos muertos ante las cámaras de televisión. Qué motivación puede tener entonces quien reprocha a Israel esas cifras y esas imágenes?

Y es llegados a este punto donde se debe pasar a la ofensiva. A todo aquel que me diga que, efectivamente, basta con mirar las cifras de bajas civiles para darse cuenta de lo desproporcionado de la respuesta de Israel, le responderé con una pregunta: ¿cuántos judíos cree usted que deben morir mañana para recuperar la proporcionalidad perdida? ¿Quinientos? ¿Un millón? ¿Mejor, todos?

sábado, 3 de enero de 2009

Hamás, asasina de palestinos

Outra volta aos medios de comunicación –ese que según o mito están controlados polos xudeos– veñen de demonizar a Israel por defenderse de Hamás, ises terroristas salvaxes, que non dubidan en usar aos seus civís, como escudos humanos. Tan responsable é Hamás do que pasa en Gaza –territorio non ocupado dende hai 3 anos; ergo o argumento da ocupación non vale– que ata o presidente palestino e o ministro de exteriores de Exipto así o proclamaron. Pero os opinadores dos medios só teñen ollos para analizar os resultados e non as causas. E entre estas cómpre salientar que Hamás non loita por un estado palestino democrático, e menos socialista. Hamás persegue, por mandato de Alá, a desaparición de Israel –o dí a súa Carta Fundacional, nunca enmendada– e a creación dun ente teocrático. E por iso, e porque sabe que ten rendida aos seus pés a unha narcotizada opinión pública occidental, se permitiu asesinar a máis palestinos de Al Fatah dos que teñen morto estes días polo fogo israelí. Hamás sabe que ninguén llelo botará en cara nin lembrará que Xordania matou a máis de 10.000 palestinos e naide chamou xenocida a Hassan II. Con todo, non serei eu quen aprobe algún tipo de violencia, nin que a celebre na rúa, con rebumbio e reparto de lambetadas, como fan os palestinos cando asesinan a xudeos en buses ou discotecas. Ao contrario, asquéome coa proposta de Balbino P. Bellas de solucionar o conflito guindando dende Irán unha bomba atómica sobre Israel, algo moi celebrado na asemblea do BNG Vigo onde se plantexou.

Publicado en Xoranl de Galicia . 04.01.09