Entradas

Aldeias históricas de Portugal: Bem haja!

Imagen
Unha viaxe ás aldeas históricas de Portugal é un exercicio de mergullo en historias medievais, unha clase práctica coa poesía dos penedos e unha pelerinaxe muda pola arte popular dos nosos irmans lusitanos. Moi recentemente baixei a estes pobos, algúns empoleirados nas terras da Serra da Estrela e outros nas provincias de Guarda e Castelo Branco. Alí levita a vila hexagonal de Almeida, coa súa fortaleza, o seu torno para recibir aos nenos expósitos abandonados no século XVI. A Almeida das casamatas onde se refuxiaba a poboación nas guerras do XIX, antesdonte. A Almeida do Hospital de Sangue do Picadeiro. Moi preto, sobre un penedo granítico, e a case 800 metros de altitude, dormita Castelo Mendo, con unha das picotas máis fermosas nunha zona plagada desta reminiscencia medieval que servía para prender (cando non axusticiar) aos penados e expoñélos ao escanio público. O Castelo Mendo que mima as ruinas da Igrexa de santa María do Castelo… Linhares, outros dos enclaves visitados, é a al...

Fotos das Aldeias históricas de Portugal: Bem haja!

Imagen
Sortelha_3 Monsanto_3 Monsanto_1 Sabugal_Castelo__3 Rebaños en Sabugal Postal_de_Sortelha_3 Monsanto_Posta_de_sol_2 Sortelha_Casa_das_almas Sortelha_Torre_da_campana Sortelha_Torre_do_castelo Linhares_Ventana_manuelina-3 Linhares_Castelo_fortaleza_1 Linhares Picota Antiga cadea Idanha-a-Velha_Torre_templarios Idanha-a-Velha_Poldras_4 Castelo Mendo Santa Mª do Castelo. Almeida_Rueda_orfanato__2 Almeida_Porta_entrada

Gila en Gaza

Imagen
Na nosa sociedade multicultural e buenista, calquera información que veña de fontes palestinas vai a misa. Eu non coñezo a ninguén, nin xornalista nin lector, que se prantexe sequera a necesidade de contrastar o que eles digan. Mesmo da igual quen o diga. Se Hamas dí que houbo 1.300 baixas, pois palabra de Deus. Si engaden que unha gran porcentaxe eran nenos, Occidente pon un grito non ceo que adquire proporcións bíblicas. Si un cámara palestino –porque os cámaras das TV occidentais son palestinos; os reporteiros prefiren esar no hotel de Xerusalem traballando a distancia- dí que ten unha gravación incriminatoria do Exército de Defensa israelí, hai hostias no mundo dos mass media para mercar os dereitos desas imaxes. Así funcionan as cousas alí. Pouco importa que o número de baixas fóra moito menor, como adoita suceder cada vez que unha fonte palestina fai rular calquera cifra que enseguida devora Europa. Pouco importa que entre os nenos abatidos figuren, sobre todo, menores armados (...

UPG, cancro do BNG

Imagen
A UPG quere perpetuarse cun enroque político que ao cabo será a súa tumba. Agora ven de apadriñar a Guillerme Vázquez como verdadeiro gardián das esencias do marxismo leninismo, pero controlando bai xo corda a Aymerich, ao que nos presentan como quintanista cando en realidade é tan radical e sumiso como o anterior. Só que de cara á galería, cando C arlos Aymerich trunfe, venderánnos a moto de que a UPG manda menos. Pero a “U” sigue chuchándolle o sangue ao BNG, no que se agocha camuflado o último partido comunista que con máis poder conta en toda Europa (alcaldías, concellerías, diputados a Cortes…). Calquera maña lles sirve para manter o seu férreo control sobre os demais nacionalistas que vexetan na Fronte, aos que acotío lles abren (ou pechan) os locais e lles acenden e controlan os ordenadores. A estas alturas deberían saber que a sociedade galega xa percibiu que debaixo da súa pel de ovella ocúltanse os mesmos que no seu programa político vixente falan duns inquietantes “principio...

Sen autoridade moral

Imagen
Vaia por diante que non coñezo a ningún pais, nin de dereitas nin de esquerdas, ao que lle faga gracia que a súa filla menor de idade poida abortar. Vaia por diante que, ao meu entender, na polémica sobre cando e como empeza a vida todos teñen o seu punto de razón. Pero, á marxe da lexitimidade das irreconciliables posturas de "abortistas" e "antiabortistas" estes últimos terán que admitir -coa boca pequena ou grande, tanto ten- que, en puridade, a actitude da Igrexa católica é incongruente. Eu polo menos non lle vexo autoridade moral para defender a vida, mentres en Africa morren de fame ou de SIDA milleiros de nenos que, cun simple control de natalidade por uso de preservativo, non terían nacido. Non extraña que ande a rular unha campaña co eslógan "¡Protexe a miña vida! Non me deixes con eles", na que un bebé aparece ameazado por curas pederastas, pola fame negra, e por un Vaticano que "prexudica gravemente a saúde". Unha curia, en fin, que i...

Pandeirada do traspaso

Imagen
Ata hai nada, Touriño leváballe a Feijóo certa vantaxe moral no affaire do traspaso de poderes, no que un dicía xaque ao rei e o outro respostaba branca dobre. Co seu ultimato de que non haberá nada que rañar ata mediados da semana que ven, o mandamáis en funcións acaba de poñerse a altura dun fatalmente asesorado presidente in pectore da Xunta. Feijóo debería saber que tendo tellado de vidro (inaugurar e gastar sendo vicepresidente en funcións), non se deben tirar pedras ao do veciño. E que non se pode ir pola vida dicindo dese audi non beberei, si no teu garaxe tes un carro desa marca, porque ninguén vai entender que cos teus cartos podes facer o que che pete. Dito o dito paréceme unha indecencia da clase política –agora e hai 4 anos– manter unha lexislación que permite o marasmo gubernamental mentres se sigue a chuchar do bote. Un baldón máis sobre a grosaría dos tres partidos –xuntos e revoltos, dereitas, esquerdas, nacionalistas e españolistas– que empatan no episodio de inmoralid...

Thirty years after

Imagen
Sí señor, treinta años después localicé a viejos compañeros de fatigas de "La Voz de Galicia" y los convoqué a un yantar seguido de holgar -en el sentido de estar ociosos y entretenidos- en el Hostal de los Reyes Católicos de Santiago. Allí comparecieron Valentín G. Carrera, Tita Boquete, Alberto Castroverde, Concha Veiga, Tucho Calvo, Santi Romero, Joel Gómez. El gran fotógrafo que es Fernando Bellas, y que aparece de cuclillas, hizo la instantánea. No pudieron acudir, aunque quisieron, Miguel Somovilla y Xosé M. Palmeiro. ¡¡Que bueno que vinísteis!!