Entradas

Aqueles marabillosos 80´s

Imagen
Tal como éramos. A foto ven de ser publicada no volume editado pola Fundación Araguaney de Santiago de Compostela nos seus 25 anos de andaina. Correspóndese cunha actuación do meu grupo "Esguince de Frenillo" a beneficio dos xogadores da SD Compostela. Corría o ano 1986. Daquela os xogadores tampouco cobraban. De recordo regaláronnos unha bandeirola bordada a man polas monxas de Santa Clara. Coitadas, tiveron que escri bir con fio de ouro aquelo de "A S.D. Compostela, agradecida a Esguince de Frenillo "...

A agresión xudeófoba de RTVE

Imagen
O pasado día 4 de outubro TVE perpetrou unha nova agresión «documental» contra a obxectividade informativa, contra o principio de ecuanimidade que debería ter un medio de comunicación público e a maior groria das teses islamofascistas que golpean non so contra Israel en forma de misis, senon mesmo contra os dereitos humans dos coitados palestinos, que seguen a ter a desgraza de contar con aliados tan descerebrados como os autores, emisores e defensores da comedia titulada Las heridas de Rafáh , exhibida sen pudor no primeiro canle da TV estatal. A reportaxe-panfleto foi escrita por Esther Vázquez, dirixido por José Antonio Guardiola e Susana Jiménez Pons, e producida por Miguel Ángel Viñas e Ana Pastor, un quinteto que, en palabras do egrexio amigo Gustavo D. Perednik, “cobra sus honorarios del pueblo español a fin de inyectarle judeofobia pura”. Do mesmo autor citarei textualmente –ainda que só sexa porque a amizade que nos profesamos tamén lle permite a él citarme a min sempre que go...

Por que deixei de escribir no Xornal de Galicia

Imagen
Como queira que os meus amigos e lectores do meu blog queren saber as razóns polas cales xa non aparecen as miñas columnas no Xornal de Galicia , paso a explicar moi brevemente o acontecido. O 8 de abril enviei ao devandito periódico o meu artigo semanal, titulado “A UPG, cancro do BNG”, para ser publicado o Domingo de Pascoa ou de Resurrección. Como non apareceu nin na versión papel nin na edición dixital, dirixínme á responsable de opinión e deume unha curiosa explicación: que como se produciran novas en relación cos movimentos precongresuais do BNG, que aparentemente non coincidían coas apreciacións expresadas no meu artigo, decidiran aplazar a súa publicación ata despois de falar comigo. Cando expliquei que para nada había contradicción entre o sucedido e o que eu aventuraba no texto, e que, en calquera caso se trataba dunha opinión asinada e non dunha información, quedamos en que non habería problema para publicalo ao día seguinte martes. Pero tal cousa non aconteceu. En troques d...

O DIA NO QUE TOCAMOS CON NACHA POP

Imagen
Foi hai 23 anos. Antonio Vega tiña 28 anos e eu 30. O meu grupo "Esguince de Frenillo" teloneaba ao seu, os míticos "Nacha Pop", e aos non menos consagrados "Gabinete Caligari". Era nas festas do Apóstolo do ano 86. Do pasado século. Sí. Nos nunca tocáramos diante de tanta xente. Había 8.000 persoas na Quintana. Un equipo de son de la hostia. Outro de luces como nunca tiveramos. E ata camerino. O bó de Suso Vaamonde -no repertorio tiñamos unha canción con letra miña e musica del- sobornou aos da mesa de son e luminotecnia para que nos trataran como ás estrelas que tocarían despois de nós. Deulles 5.000 pesetas daquel tempo. Estabamos tan acovardados que só lles dixemos un tímido ola a Antonio e os seus. Logo, cando collín o micro e vin aquela morea de xente dediante, souben que me podería comer o mundo. Cando rematamos a actuación, na que lle adicamos a canción "Estoy hasta los huevos de ser guapo" ao presumido ex-alcalde Xerardo Estévez, o seu s...

Aldeias históricas de Portugal: Bem haja!

Imagen
Unha viaxe ás aldeas históricas de Portugal é un exercicio de mergullo en historias medievais, unha clase práctica coa poesía dos penedos e unha pelerinaxe muda pola arte popular dos nosos irmans lusitanos. Moi recentemente baixei a estes pobos, algúns empoleirados nas terras da Serra da Estrela e outros nas provincias de Guarda e Castelo Branco. Alí levita a vila hexagonal de Almeida, coa súa fortaleza, o seu torno para recibir aos nenos expósitos abandonados no século XVI. A Almeida das casamatas onde se refuxiaba a poboación nas guerras do XIX, antesdonte. A Almeida do Hospital de Sangue do Picadeiro. Moi preto, sobre un penedo granítico, e a case 800 metros de altitude, dormita Castelo Mendo, con unha das picotas máis fermosas nunha zona plagada desta reminiscencia medieval que servía para prender (cando non axusticiar) aos penados e expoñélos ao escanio público. O Castelo Mendo que mima as ruinas da Igrexa de santa María do Castelo… Linhares, outros dos enclaves visitados, é a al...

Fotos das Aldeias históricas de Portugal: Bem haja!

Imagen
Sortelha_3 Monsanto_3 Monsanto_1 Sabugal_Castelo__3 Rebaños en Sabugal Postal_de_Sortelha_3 Monsanto_Posta_de_sol_2 Sortelha_Casa_das_almas Sortelha_Torre_da_campana Sortelha_Torre_do_castelo Linhares_Ventana_manuelina-3 Linhares_Castelo_fortaleza_1 Linhares Picota Antiga cadea Idanha-a-Velha_Torre_templarios Idanha-a-Velha_Poldras_4 Castelo Mendo Santa Mª do Castelo. Almeida_Rueda_orfanato__2 Almeida_Porta_entrada

Gila en Gaza

Imagen
Na nosa sociedade multicultural e buenista, calquera información que veña de fontes palestinas vai a misa. Eu non coñezo a ninguén, nin xornalista nin lector, que se prantexe sequera a necesidade de contrastar o que eles digan. Mesmo da igual quen o diga. Se Hamas dí que houbo 1.300 baixas, pois palabra de Deus. Si engaden que unha gran porcentaxe eran nenos, Occidente pon un grito non ceo que adquire proporcións bíblicas. Si un cámara palestino –porque os cámaras das TV occidentais son palestinos; os reporteiros prefiren esar no hotel de Xerusalem traballando a distancia- dí que ten unha gravación incriminatoria do Exército de Defensa israelí, hai hostias no mundo dos mass media para mercar os dereitos desas imaxes. Así funcionan as cousas alí. Pouco importa que o número de baixas fóra moito menor, como adoita suceder cada vez que unha fonte palestina fai rular calquera cifra que enseguida devora Europa. Pouco importa que entre os nenos abatidos figuren, sobre todo, menores armados (...