sábado, 27 de diciembre de 2008

A ética na política


Dixo José Bono que criticar á clase política era socavar o sistema democrático. A min paréceme que as toupas contra o goberno do pobo (iso é democracia ben entendida) son os políticos en xeral. Xa non digamos os que votan e aceptan subirse o soldo, con crise ou sin ela, ou os que cobran unha pensión cando xa non están no machito. Tamén socavan o edificio do sistema os deputados que non a rascan, un supoñer a terceira parte das Cortes e non sei cantos do noso Parlamento. Ao meu xuízo, socavan o crédito das institucións os que seguen actuando de merendiñas a pesar de pertencer a un goberno que eu cría de esquerdas pero no que ainda hai altos cargos sin sentido da ética e da austeridade, que pasan facturas de comidas pantagruélicas como as de gobernos anteriores ou máis cargadas de bombo. A min paréceme indecente que no actual
goberno haxa máis asesores que nos tempos de Fraga, e que en Cuba se dilapidaran impunemente os cartos públicos. Eu coidei que coa esquerda chegarían os comportamentos éticos e que, para faenar votos, non sería necesario manter a festa anual da terceira idade, nin multiplicar ese tipo de actos ata poñérmonos vermellos. Iluso de min, nunca crin que o presidente do meu país chegaría a aceptar un coche a proba de misís, que vale unha fortuna cuio pago nos deshonra a todos e que leva unha blindaxe fora de lugar. E, por riba, cecais agora mesmo algún dos aludidos esté tentado de socavar a libertade de expresión. Tal vez por todo iso, eu nunca puiden votar.

5 comentarios:

  1. Non creo que os políticos deste goberno teñan que ser santos. A min chégame con que sexan honestos. Con todas as imperfeccións e erros, que os teñen, a honestidade parece que é un valor que, en xeral, ainda manteñen.

    ResponderEliminar
  2. Vamos compartir a responsabilidade tódolos cidadáns. É certo o que vostede dí destes políticos que hoxe están no poder, ainda que moitos non queiran creelo. É certo que se gastan os cartos públicos, en cousas non precisas, máis ben lúdicas para os que as desfrutan, é certo o do coche fantástico que pagamos todos, é certo que o Sr. Touriño ten cerca de 50 asesores, outras tantas asistencias, con soldos que vergoña da coñecelos sequera.
    Nunca o Sr. Fraga se achegou a estas cifras en tódolos anos de goberno.
    A min dame vergoña todo iso, e por iso espero que pronto nos desfagamos de todos eles.
    A miña reflexión ven dada, porque tamén creo que é responsabilidade miña e súa, cambiar dita situación a través do dereito o voto que nos atinxe.
    E tamén creo que é responsabilidade dos medios de comunicación, informar con veracidade, e non con intereses partidistas, que adoita ser moi frecuente.
    As veces, da vergoña ler artículos non que se intiuie craramente as tendencias do que escribe, por non falar de tipos de prensa.
    Non debería facer vostede tamén unha análise da responsabilidade que teñen vostedes como informantes, como contadores de cousas, coa imparciliadade da que tanto se fala nas aulas de periodismo.
    Un voto para a súa análise, que me parece moi boa, pero permitame a través deste portal, que unha muller traballadora e ama de casa coma min, aporte tamén a miña propia reflexión

    ResponderEliminar
  3. Este artigo non é máis que unha exhibición de demagoxia barata. O autor non fai máis que lanzar varias acusacións-consignas, coma dando por suposto que calquera desas cantinelas será automáticamente aceptada coma certa, e remata acusando ao gobeno galego de que "cecais" tenta socavar a liberdades de expresión, por suposto sen probas. Non creo que o bipartito non se poida criticar: por suposto que hai aspectos nos que resulta atacábel; pero as afirmacións que hai no artigo son simples slogans que se poden desmentir ou rectificar fácilmente. De feito, a única información que aportan é a pobre capacidade de análise do autor. Véxase un exemplo: en Cuba non se dilapidaron cartos públicos. A literatura galega (é dicir, en galego) foi a convidada de honra da feira literaria máis importante de América Latina, o que supón unha promoción importantísima dentro do mercado latinoamericano. O valor é doble: directo por aumento de vendas, e á vez supón unha publicidade difícil de pagar en todo o que se relacione con Galiza. Na feira fíxose un gasto do máis razoábel para realizar as invitacións normais nun acto dese tipo, de feito en calquera recepción ou acto diplomático gástanse cifras meirandes. O resto dos ataques do artigo teñen tanta base coma este último: ningunha.

    ResponderEliminar
  4. Pasarei por alto o de demagoxia barata para lle dicir que no meu artigo o que hai son feitos: que os politicos subense so soldo mais cos obreiros, tanto cando goberna a dereita com a esquerda; que a terceira parte dos deputados das Cortes non presentaron unha soa iniciativa; que as facturas de altos cargops do actual goberno en restaurantes de Santiago supera as dos merendiñas do goberno anterior; que Quintana fai máis festas para vellos con fins obvia e lexítimamente electoralistas, que Fraga; que o presidente Touriño ten un carro con blindaxe antimisís. Non soin eslóganes senon feitos. Fun director de Diario 16 de Galicia durante 4 anos, destapei o escándalo das listas negras do goberno Fraga, fixen que aquel fora o primeiro xornal que acadou un 30% das súas páxinas en galego, con colaboradores como por exemplo Fran Alonso. Toda a miña vida periodística -30 anos- adiqueina ao que me ensinarton que debe facer un xornalista: criticar e controlar aos que mandan. Se vostede prefire sair en defensa deles, está no seu dereito. E non se preocupe que eu non teño o aparello que ten vostede para medir si algue fai demagoxia barata ou cara, ou se a sua capacidade de analise é pobre ou enriquecida. Polo demáis, en canto ao lamentable episodio de Cuba, aparte do feito inamovible de que nunca se gastara unha cantidade semellante en algo tan inútil como darlle libros a quen precisa pan, non estoun de acordo con nada do que vostede dí. Non obstante, faltaria máis, Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. Señor Hector é normal que vostede fale de demagoxia porque, polo que se vé, é un autentico artista nesta disciplina. En Cuba non se defendeu a literatura galega, que , por certo, é a que fan os galegos sexa cal sexa o idioma que lles pete empregar. En Cuba defendeuse a pseudocultura dos amiguetes que despois de escribir unhas liñas mais ou menos afortunadas colócase a calor do goberno de turno, neste caso do Bloque, para non pasar frio. O da feira literaria máis importante... é bastante dubidoso xa que se celebra nun país onde os que escriben contra o goberno non poden asistir porque están detrás das reixas do cárcere. Señor Hector na seguinte intervención cóntenos, o fin nos pagámoslle a viaxe,como lle foi na illa caribeña e que tal o pasou. Saúdos

    ResponderEliminar