jueves, 12 de noviembre de 2009

A agresión xudeófoba de RTVE


O pasado día 4 de outubro TVE perpetrou unha nova agresión «documental» contra a obxectividade informativa, contra o principio de ecuanimidade que debería ter un medio de comunicación público e a maior groria das teses islamofascistas que golpean non so contra Israel en forma de misis, senon mesmo contra os dereitos humans dos coitados palestinos, que seguen a ter a desgraza de contar con aliados tan descerebrados como os autores, emisores e defensores da comedia titulada Las heridas de Rafáh, exhibida sen pudor no primeiro canle da TV estatal.

A reportaxe-panfleto foi escrita por Esther Vázquez, dirixido por José Antonio Guardiola e Susana Jiménez Pons, e producida por Miguel Ángel Viñas e Ana Pastor, un quinteto que, en palabras do egrexio amigo Gustavo D. Perednik, “cobra sus honorarios del pueblo español a fin de inyectarle judeofobia pura”.

Do mesmo autor citarei textualmente –ainda que só sexa porque a amizade que nos profesamos tamén lle permite a él citarme a min sempre que goste- o seu comentario, a propósito do espazo en cuestión: “En el programa, el bastardo Israel (obviamente, el único país
ilegítimo del mundo) se reduce a que «gente vino de Rusia y expulsaron de su casa» a uno de los entrevistados. La narradora repite hasta la verborragia la palabra «herida» (huelga aclarar que los judíos somos inheribles y que toda herida la producimos nosotros) y casi no deja frase sin la profesional carga de odio requerida, en un discurso que contiene más errores que palabras: «Israel utilizó armas prohibidas para causar el mayor número de bajas», «los acuerdos de Camp David rompieron familias y abrieron heridas», los túneles por donde se contrabandean armas son propaganda sionista, el Hamás ama la paz e Israel los bloqueos genocidas, Israel cierra la frontera –¡la de Gaza con Egipto!–, y «los niños sonríen ajenos a su triste provenir» (los que sonríen son víctimas del pérfido sionismo; ni que hablar de los que no sonríen).

Con su «infancia robada, son víctimas de un odio que no entienden» (los líderes palestinos sólo les enseñan que se suiciden con ternura), y además «
nadie ayuda a los palestinos» (…quienes recibieron una asistencia inigualada de casi seis mil millones de dólares). El programa recibió un enérgico repudio por parte de una de las más activas y valientes organizaciones de amistad para con Israel, la gallega AGAI, en una carta firmada por su presidente Pedro Gómez-Valadés. Todo un logro para una judeofobia si tenemos en cuenta que, según dicen, no existe”.
A marxe do comentario de Perednik, compre dicir que, logo das protestas dirixidas á defensora do telespectador de RTVE, o ente público convidou a quen isto escribe a dicir en 30 segundos o que pensaba de
Las heridas de Rafáh. O que puiden dicir diante das cámaras é o que vos ofrezo agora nas imaxes adxuntas, e prácticamente no primeiro minuto do programa.
Podes ver o programa on-line
aquí

viernes, 15 de mayo de 2009

Por que deixei de escribir no Xornal de Galicia



Como queira que os meus amigos e lectores do meu blog queren saber as razóns polas cales xa non aparecen as miñas columnas no Xornal de Galicia, paso a explicar moi brevemente o acontecido.
O 8 de abril enviei ao devandito periódico o meu artigo semanal, titulado “A UPG, cancro do BNG”, para ser publicado o Domingo de Pascoa ou de Resurrección. Como non apareceu nin na versión papel nin na edición dixital, dirixínme á responsable de opinión e deume unha curiosa explicación: que como se produciran novas en relación cos movimentos precongresuais do BNG, que aparentemente non coincidían coas apreciacións expresadas no meu artigo, decidiran aplazar a súa publicación ata despois de falar comigo.
Cando expliquei que para nada había contradicción entre o sucedido e o que eu aventuraba no texto, e que, en calquera caso se trataba dunha opinión asinada e non dunha información, quedamos en que non habería problema para publicalo ao día seguinte martes. Pero tal cousa non aconteceu. En troques diso, a segunda de a bordo da sección de Opinión respondeu, aos meus requerimentos, co seguinte mail:
...
Estimado Miguel
Escríbolle con motivo do artigo sobre a UPG e o BNG para decirlle que tal e como o recibimos non podemos publicalo. Isto é debido a que nos nosos estándares para publicar artigos de opinión, non podemos publicar artigos que conteñan descalificacións persoais e no seu artigo se inclúen calificativos como "radical e sumiso" aplicados a persoas. Ademáis, sobre o tema da candidatura de Carlos Aymerich e a UPG, segundo as nosas informacións (é o que estamos a publicar no xornal) Aymerich non vai ligado a UPG. Con todo, gustaríanos publicar o seu artigo se lle fai as modificacións precisas.
Moitas gracias e un saúdo
...
A miña inmediata resposta foi a seguinte:
Estimada M…:
Discrepo radicalmente de que tildar a alguén de radical sexa unha descalificación persoal. Moito menos ainda reputalo de sumiso (obediente, subordinado).
E, se quere atopar descualificacións personais, eu teño visto algunha publicada no Xornal.
En canto ao tema da candidatura de Aymerich, si o que facemos os colaboradores é opinar, a miña opinión non é outra que a que expoño. Opinión que, por certo concorda coa de Beiras e Nogueira, sin que iso queira decir que eu teña algo que ver con eles.
Dito o dito, mándolle de novo o artigo con autocensura, así terán a posibilidade de atender estes meus argumentos e publicar a versión orixinal, ou desoílos e publicar o texto castrado.
Cordialmente
Miguel Boó
...
Como tampouco así houbo reacción, mandei, nos seguintes termos, a miña renuncia a seguir escribindo:
“… ao meu entender se desprende que todo o anterior foi unha montaxe e que, dende un primeiro momento houbo intención de censura. Que a estas alturas da miña vida teña que oir que sustantivar ou adxetivar a un político como radical ou sumiso é unha descualificación persoal que impide a súa publicación, paréceme grotesco, indecente e atentatorio contra a libertade de expresión. Pero por si o trato que se me dispensou (e non era a primeira vez) non foi suficientemente aldraxante, velaí que ademáis incurre en flagrante discriminación.
Ainda aceptando que as palabras en cuestión foran descualificadoras -que, obviamente non o son- acontece que "os vosos estándares para publicar artigos de opinión, (que) non (vos) deixan publicar artigos que conteñan descalificacións persoais" foron literalmente pisoteados por outros colaboradores en numerosas ocasións. Como non teño tempo, somente me referirei a tres casos:
O columnista X. Pérez Igrexas deixou escrito en "Insultos desde a dereita" que Baltar é un fillo de puta e un cacique; en "Cainismo non é debate", dí que "exemplares como M. Romeu xa demostraron a súa deslealtade" (exemplar é un termo empregado despectivamente, e desleal é alguén que incumpre as leis da fidelidade, a honra e a bonomía de ben); e no artigo titulado "A covardía de Feijoo" chama neoliberal e covarde ao Feijoo.
Pero iso non foi todo. Como podes comprobar, contestei dando dúas alternativas e non aceptou ningunha delas, polo que o meu artigo sigue sin aparecer. Así que nesta situación de indefensión e atropelo dos meus dereitos, anuncio que deixo de ser colaborador de Xornal de Galicia. Iso sí, non sin agradecer sinceramente que se me convidara a formar parte dese proxecto ao que desexo moitos anos de vida.
E isa foi a historia. O artigo de marras está colgado neste mesmo blog http://miguelboo.blogspot.com/2009/04/upg-cancro-do-bng.html onde seguirei publicando o que me pete e onde espero seguir contando contigo como lector.
Apertas, meus amigos e amigas, e un brinde pola libertade de expresión outravolta aldraxada.

O DIA NO QUE TOCAMOS CON NACHA POP











Foi hai 23 anos. Antonio Vega tiña 28 anos e eu 30. O meu grupo "Esguince de Frenillo" teloneaba ao seu, os míticos "Nacha Pop", e aos non menos consagrados "Gabinete Caligari". Era nas festas do Apóstolo do ano 86. Do pasado século. Sí.

Nos nunca tocáramos diante de tanta xente. Había 8.000 persoas na Quintana. Un equipo de son de la hostia. Outro de luces como nunca tiveramos. E ata camerino. O bó de Suso Vaamonde -no repertorio tiñamos unha canción con letra miña e musica del- sobornou aos da mesa de son e luminotecnia para que nos trataran como ás estrelas que tocarían despois de nós. Deulles 5.000 pesetas daquel tempo.

Estabamos tan acovardados que só lles dixemos un tímido ola a Antonio e os seus. Logo, cando collín o micro e vin aquela morea de xente dediante, souben que me podería comer o mundo. Cando rematamos a actuación, na que lle adicamos a canción "Estoy hasta los huevos de ser guapo" ao presumido ex-alcalde Xerardo Estévez, o seu sucesor, Ernesto Vieitez Cortizo achegouse ao noso camerino a felicitarnos e a preguntarme cantos quilos perdía en cada actuación. Díxenlle que un ou dous. A Antonio Vega non creo que llelo preguntara, porque daquela xa estaba algo fraco de máis, cecais de fabricar arte coas notas de "La chica de ayer".

Boa viaxe ao firmamento, amigo !!

miércoles, 29 de abril de 2009

Aldeias históricas de Portugal: Bem haja!

Unha viaxe ás aldeas históricas de Portugal é un exercicio de mergullo en historias medievais, unha clase práctica coa poesía dos penedos e unha pelerinaxe muda pola arte popular dos nosos irmans lusitanos.

Moi recentemente baixei a estes pobos, algúns empoleirados nas terras da Serra da Estrela e outros nas provincias de Guarda e Castelo Branco. Alí levita a vila hexagonal de Almeida, coa súa fortaleza, o seu torno para recibir aos nenos expósitos abandonados no século XVI. A Almeida das casamatas onde se refuxiaba a poboación nas guerras do XIX, antesdonte. A Almeida do Hospital de Sangue do Picadeiro.

Moi preto, sobre un penedo granítico, e a case 800 metros de altitude, dormita Castelo Mendo, con unha das picotas máis fermosas nunha zona plagada desta reminiscencia medieval que servía para prender (cando non axusticiar) aos penados e expoñélos ao escanio público. O Castelo Mendo que mima as ruinas da Igrexa de santa María do Castelo…

Linhares, outros dos enclaves visitados, é a aldea das fiestras manuelinas, do Fórum, onde se facían os xuizos, do castelo, a fonte de San Caetano, a Casa do Xudeo e o solar da Corte Real. Linhares é o pobo das vivendas que nacen dos penedos graníticos, a que ten o regueiro ao pe do castelo, e aquela onde o silencio camiña canda ti. Din que ten corazón de paxaro porque os amigos do parapente teñen os seus ollos postos nela.

Sortelha, na arraiana Sabugal, ten unha fortaleza alá no alto, inexpugnable e deshabitada. E ten moradas feiticeiras con nomes como “Casa das almas” ou “Casa do vento que soa”. E presume, faltaría máis, da súa picota ou “pelourinho”, impoñente e altivo, coroado por un blasón de cinco recunchos e esfera anelada de arte manuelino. Sortelha, sempre impresionante co seu torreón, a súa calzada medieval e a súa torre das campás.

E de remate de viaxe, Idanha-a-velha, onde no seu río Pónsul, rememorei o que foron as poldras dos ríos cando non había pontes para pasalos, como no Támega ao seu paso polo Tamaguelos (Verín) dos meus país. Idanha, Monumento Nacional, coas ruinas da Sé Catedral e o torreón templario facendo garda, e o lagar de varas onde se exprime o aceite.

E de guinda o insuperable Monsanto coa súa Torre do Reloxio ou de Lucano, a Gruta, ou o Castelo no fin dunha subida interminable, para poder disfrutar, a 750 mettros de altura, da Porta da Traizón e ás sùas vistas ao pasado. O Monsanto coa capela de San Miguel rodeada de tumbas excavadas na rocha e cunhas panorámicas incomparables se miramos a poniente.

¡Canto gostei da viaxe e das súas xentes!. Así que como din por alí, en troques de obrigado: Bem haja!


martes, 28 de abril de 2009

Fotos das Aldeias históricas de Portugal: Bem haja!

Sortelha_3
Monsanto_3

Monsanto_1

Sabugal_Castelo__3

Rebaños en Sabugal

Postal_de_Sortelha_3


Monsanto_Posta_de_sol_2


Sortelha_Casa_das_almas


Sortelha_Torre_da_campana

Sortelha_Torre_do_castelo


Linhares_Ventana_manuelina-3


Linhares_Castelo_fortaleza_1


Linhares Picota Antiga cadea

Idanha-a-Velha_Torre_templarios

Idanha-a-Velha_Poldras_4

Castelo Mendo Santa Mª do Castelo.

Almeida_Rueda_orfanato__2


Almeida_Porta_entrada

lunes, 27 de abril de 2009

Gila en Gaza

Na nosa sociedade multicultural e buenista, calquera información que veña de fontes palestinas vai a misa. Eu non coñezo a ninguén, nin xornalista nin lector, que se prantexe sequera a necesidade de contrastar o que eles digan. Mesmo da igual quen o diga. Se Hamas dí que houbo 1.300 baixas, pois palabra de Deus. Si engaden que unha gran porcentaxe eran nenos, Occidente pon un grito non ceo que adquire proporcións bíblicas. Si un cámara palestino –porque os cámaras das TV occidentais son palestinos; os reporteiros prefiren esar no hotel de Xerusalem traballando a distancia- dí que ten unha gravación incriminatoria do Exército de Defensa israelí, hai hostias no mundo dos mass media para mercar os dereitos desas imaxes. Así funcionan as cousas alí. Pouco importa que o número de baixas fóra moito menor, como adoita suceder cada vez que unha fonte palestina fai rular calquera cifra que enseguida devora Europa. Pouco importa que entre os nenos abatidos figuren, sobre todo, menores armados (á UNICEF e a Amnistía Internacional se la sopla directamente).

Agora ben, si eu lles digo a eses mesmos lectores ou colegas periodistas, que as primeiras investigacións realizadas sobre a Operación Chumbo Fundido en Gaza demostran que os terroristas de Hamas son tan animais como nos temíamos, entón me pedirán que o demostre. E demostrable é que o Exército israelí fixo un traballo tan moral que si non estivera falando en serio diría que nin Gila o faría mellor. Porque, como xa saben, só ao gran cómico se lle ocorría avisar ao inimigo.

Con independencia de que houbo centos de mortes (pero serían decenas de milleiros si os hebreos se comportaran como a OTAN en Iugoslavia ou Rusia en Chechenia, por exemplo), os soldados xudeos fixeron todo o posible para advertir a poboación do perigo que corrían permanecendo en edificios que os terroristas convertían en obxectivos militares dende o momento en que disparaban desde eles.

Agora se sabe que durante o conflicto de Gaza, Israel guindou 2.250.000 folletos informativos, usou a radio palestina, chamaron telefónicamente a máis de 165.000 residentes e efectuaron disparos de advertencia (de grande estrondo sónico pero sin poder destructivo) antes de atacar.

Pola contra, estas hienas sen entrañas que son os islamofascistas de Hamas, minaron as casas dos seus propios veciños con explosivos, abriron fogo contra os soldados israelís dende as escolas dos seus propios fillos, dende hospitais e dende institucións educativas relixiosas ou internacionais e, por suposto, usaron aos propios palestinos como escudos humanos.

lunes, 13 de abril de 2009

UPG, cancro do BNG


A UPG quere perpetuarse cun enroque político que ao cabo será a súa tumba. Agora ven de apadriñar a Guillerme Vázquez como verdadeiro gardián das esencias do marxismo leninismo, pero controlando baixo corda a Aymerich, ao que nos presentan como quintanista cando en realidade é tan radical e sumiso como o anterior. Só que de cara á galería, cando Carlos Aymerich trunfe, venderánnos a moto de que a UPG manda menos. Pero a “U” sigue chuchándolle o sangue ao BNG, no que se agocha camuflado o último partido comunista que con máis poder conta en toda Europa (alcaldías, concellerías, diputados a Cortes…).

Calquera maña lles sirve para manter o seu férreo control sobre os demais nacionalistas que vexetan na Fronte, aos que acotío lles abren (ou pechan) os locais e lles acenden e controlan os ordenadores. A estas alturas deberían saber que a sociedade galega xa percibiu que debaixo da súa pel de ovella ocúltanse os mesmos que no seu programa político vixente falan duns inquietantes “principios científicos da prevención do delito e defensa racial…” (1)

domingo, 5 de abril de 2009

Sen autoridade moral

Vaia por diante que non coñezo a ningún pais, nin de dereitas nin de esquerdas, ao que lle faga gracia que a súa filla menor de idade poida abortar. Vaia por diante que, ao meu entender, na polémica sobre cando e como empeza a vida todos teñen o seu punto de razón. Pero, á marxe da lexitimidade das irreconciliables posturas de "abortistas" e "antiabortistas" estes últimos terán que admitir -coa boca pequena ou grande, tanto ten- que, en puridade, a actitude da Igrexa católica é incongruente. Eu polo menos non lle vexo autoridade moral para defender a vida, mentres en Africa morren de fame ou de SIDA milleiros de nenos que, cun simple control de natalidade por uso de preservativo, non terían nacido. Non extraña que ande a rular unha campaña co eslógan "¡Protexe a miña vida! Non me deixes con eles", na que un bebé aparece ameazado por curas pederastas, pola fame negra, e por un Vaticano que "prexudica gravemente a saúde". Unha curia, en fin, que impón o bautismo indeleble aos bebés "abusando da súa minoría de idade" e pon pegas a apostasía.
Xornal de Galicia - 05.04.09

sábado, 28 de marzo de 2009

Pandeirada do traspaso


Ata hai nada, Touriño leváballe a Feijóo certa vantaxe moral no affaire do traspaso de poderes, no que un dicía xaque ao rei e o outro respostaba branca dobre.

Co seu ultimato de que non haberá nada que rañar ata mediados da semana que ven, o mandamáis en funcións acaba de poñerse a altura dun fatalmente asesorado presidente in pectore da Xunta. Feijóo debería saber que tendo tellado de vidro (inaugurar e gastar sendo vicepresidente en funcións), non se deben tirar pedras ao do veciño.

E que non se pode ir pola vida dicindo dese audi non beberei, si no teu garaxe tes un carro desa marca, porque ninguén vai entender que cos teus cartos podes facer o que che pete. Dito o dito paréceme unha indecencia da clase política –agora e hai 4 anos– manter unha lexislación que permite o marasmo gubernamental mentres se sigue a chuchar do bote.

Un baldón máis sobre a grosaría dos tres partidos –xuntos e revoltos, dereitas, esquerdas, nacionalistas e españolistas– que empatan no episodio de inmoralidade que conleva percibir o a plus de ex altos cargos.
Xornal de Galicia - 29.03.09

miércoles, 25 de marzo de 2009

Thirty years after

Sí señor, treinta años después localicé a viejos compañeros de fatigas de "La Voz de Galicia" y los convoqué a un yantar seguido de holgar -en el sentido de estar ociosos y entretenidos- en el Hostal de los Reyes Católicos de Santiago. Allí comparecieron Valentín G. Carrera, Tita Boquete, Alberto Castroverde, Concha Veiga, Tucho Calvo, Santi Romero, Joel Gómez. El gran fotógrafo que es Fernando Bellas, y que aparece de cuclillas, hizo la instantánea. No pudieron acudir, aunque quisieron, Miguel Somovilla y Xosé M. Palmeiro. ¡¡Que bueno que vinísteis!!

lunes, 23 de marzo de 2009

Hamás e os medios


Dende que Israel decretou o alto o fogo, o 17 de xaneiro, Hamás lanzou 81 misís e 49 bombas de morteiro contra os israelíes. Os medios de comunicación españois non deron a noticia nin nun solto, nin nunha cola de telexornal. Moitos deles están á espera de que Israel resposte para demonizar aos xudeos. Os ataques de Hamás, lonxe de tratarse de accións militares, concrétanse en 13 misís Kassam e dous Grad (estes cun alcance superior a 40 km) contra o exército israelí ¡e 68 contra a poboación civil! Do mesmo xeito, dos 49 morteiros guindados contra os xudeos, 9 o foron contra os seus uniformados ¡e 40 contra vivendas e escolas! Ademáis, nestes dous meses, os terroristas de Hamás continuaron traficando armas polos túneles gazatíes e tentaron sin éxito recepcionar un barco iraní cargado de armas.
Como a opinión pública non sabe que Hamás nada respecta, ha considerar que os 5.000 millóns de dólares recadados para reconstruir Gaza (200 de España) deben irse afloxando. Con eles Hamás surtiráse de armas e habilitará máis túneles. E Israel defenderáse.
Xornal de Galicia - 22.01.09

domingo, 15 de marzo de 2009

O 25 de abril do PSOE


O congreso extraordinario do 25 de abril debería ser para o PSOE galego unha especie de revolución dos caraveis como a acontecida no pais veciño, na mesma data de hai 35 anos. Hai xente nova disposta para tan necesaria tarefa, pero teño para min que os carcas do partido, os que teñen o cu pegado aos cargos, os que esqueceron, esmagaron e aldraxaron a ética no seu tránsito á moqueta e á soberbia, non van deixar que esa manchea de rapaces da iniciativa "sumandoideas" diga nin Pamplona. E sería unha magoa. Porque o que para o PSOE quere este animoso colectivo non é o poder a calquera prezo, senón sumando nas urnas máis votos ca ninguén ou acadando a maioría absoluta. Unha arela ben plausible se temos en conta que o que postulan sintoniza de cheo co que a maioría da xente quere: autocrítica, dereito á discrepancia sin que te expulsen (como se ten feito no BNG), unha educación na que o relevante sexa a súa calidade e non o mandilón dos nenos, unha Galicia políglota sin imposicións (contraproducentes per se) ou a reforma dos medios de comunicación públicos.
Xornal de Galicia - 15.03.09

domingo, 8 de marzo de 2009

Oportunistas e paniaguados

Sinto noxo de que a esquerda se enmerdara en corruptelas. Eu, dende logo, xa o viña dicindo. O que non sei é onde estaban metidos os columnistas que nestes días critican sen piedade ao fenecido bipartito e que nada dixeron nos últimos tempos. Resúltanme tan oportunistas como teimudos son, no seu particular "sostenella y no enmendalla", algúns intelectuais que aínda se empeñan en defender o indefendible. Os citados en primeiro lugar andiveron ben lixeiros para facer leña da árbore caída, sin que se lles coñeza crítica algunha en catro anos. E os paniaguados que se venderon por unha rolda de mojitos aínda non tiveron a elegancia democrática de aceptar que a dereita gañou soíña, a pesar do apoliticismo e do franquismo sociolóxico; e grazas, sen dúbida, á inexistente levedade dun inexistente cambio. Non aceptan que os populares foron respaldados pola rapaciada, polas cidades, pola alta participación. E o que compre non é botarlle outravolta as culpas aos demais; o que compre é aceptar que, cecais, as eleccións, non é que as gañara o PP, é que as perdeu o bipartito.

Xornal de Galicia - 08.03.09