martes, 28 de abril de 2009
lunes, 27 de abril de 2009
Gila en Gaza
Agora ben, si eu lles digo a eses mesmos lectores ou colegas periodistas, que as primeiras investigacións realizadas sobre a Operación Chumbo Fundido en Gaza demostran que os terroristas de Hamas son tan animais como nos temíamos, entón me pedirán que o demostre. E demostrable é que o Exército israelí fixo un traballo tan moral que si non estivera falando en serio diría que nin Gila o faría mellor. Porque, como xa saben, só ao gran cómico se lle ocorría avisar ao inimigo.
Con independencia de que houbo centos de mortes (pero serían decenas de milleiros si os hebreos se comportaran como a OTAN en Iugoslavia ou Rusia en Chechenia, por exemplo), os soldados xudeos fixeron todo o posible para advertir a poboación do perigo que corrían permanecendo en edificios que os terroristas convertían en obxectivos militares dende o momento en que disparaban desde eles.
Agora se sabe que durante o conflicto de Gaza, Israel guindou 2.250.000 folletos informativos, usou a radio palestina, chamaron telefónicamente a máis de 165.000 residentes e efectuaron disparos de advertencia (de grande estrondo sónico pero sin poder destructivo) antes de atacar.
Pola contra, estas hienas sen entrañas que son os islamofascistas de Hamas, minaron as casas dos seus propios veciños con explosivos, abriron fogo contra os soldados israelís dende as escolas dos seus propios fillos, dende hospitais e dende institucións educativas relixiosas ou internacionais e, por suposto, usaron aos propios palestinos como escudos humanos.
lunes, 13 de abril de 2009
UPG, cancro do BNG
domingo, 5 de abril de 2009
Sen autoridade moral
sábado, 28 de marzo de 2009
Pandeirada do traspaso
Co seu ultimato de que non haberá nada que rañar ata mediados da semana que ven, o mandamáis en funcións acaba de poñerse a altura dun fatalmente asesorado presidente in pectore da Xunta. Feijóo debería saber que tendo tellado de vidro (inaugurar e gastar sendo vicepresidente en funcións), non se deben tirar pedras ao do veciño.
miércoles, 25 de marzo de 2009
Thirty years after
lunes, 23 de marzo de 2009
Hamás e os medios
Xornal de Galicia - 22.01.09
domingo, 15 de marzo de 2009
O 25 de abril do PSOE
domingo, 8 de marzo de 2009
Oportunistas e paniaguados
sábado, 28 de febrero de 2009
Abstención, voto nulo e voto en contra
E máis, a abstención debería quedar reflectida na Cámara cun número de escanos baleiro. Podemos votar por calquera partido, facelo en branco, votar nulo ou absternos. Aínda me lembro dun referendo despois de morrer o dictador. O POG de Camilo Nogueira pedía o voto en branco, outros a abstención, e os maioritarios o sí ou o non. Aquelo era unha especie de feira, un sarampelo democrático.
Alguen fixo un póster a man que dicía: "Non sexas ordinario. Vota orixinal. Vota directamente nulo". Pegouno na redacción e cando chegou o delegado daquel xornal -un nacionalisto que logo sería alto cargo na Xunta do Partido Popular- dixo: quitade iso daí. En fin, mágoa que non exista tamén o voto en contra. Eu, por exemplo, como non me convence partido ningún gostaría de votar en contra dun deles para que non gobernara.
domingo, 22 de febrero de 2009
Nos volverán a enganar?
Nota aclaratoria:
O autor non se identifica con Terra Galega. O video só se colga a efectos ilustrativos de cómo se sinte de cabreada e enganada a xente. Polo demais, teño por seguro que Terra Galega nunca poderá demostrar que eles non enganarían como fan os demais. O seu, xa que logo, é un brinde ao sol.
sábado, 14 de febrero de 2009
O galego, a ‘biblia’ e os afiliados autistas
Que a moitos lectores lles costara ler en galego e preferiran mercar outra cabeceira era algo habitual. O que baixo ningún concepto considerei entón de recibo foi que destacados membros da Mesa pola Normalizaciòn Lingüística, que se desfacían en louvanzas cara a aquel diario que apostaba polo galego, mercaran “El País”. Comprobeino personalmente e fixen ben sonora a miña protesta. Pero como si chovera. O xornal acabou pechando, entre outras cousas gracias a que nin a militancia galego-falante o mercaba. Preferían “a biblia” de Polanco.
O semanario A Nosa Terra, o diario Galicia Hoxe e agora o Xornal de Galicia sobreviven como poden, e non precisamente gracias a que os defensores do noso idioma rasquen o seu peto no quiosco. Si soamente o 5% dos 300.000 votantes do BNG mercara unha desas cabeceiras estarían contribuindo á súa solvencia e, ao mesmo tempo, axudarían ao mantemento do noso idioma. Ainda máis, só con que os afiliados do BNG mercaran todos estes anos o antedito semanario, xa abondaría para a mítica revista viguesa. Non digamos nada de si o noso Xornal –que pasa por ser unha cabeceira de esquerdas- o mercaran o 5% dos votantes do bipartito. Mandaría carallo!
Pero lamentablemente, a xente fala de boquilla, defende o idioma coa pancarta e despois na intimidade acaba “falando catalán” como o outro; lendo o Marca ou levitando co País. E ainda menos mal, porque outros retrasados acaban de conseguir hai sete días que moita xente de a pé, que nada tiña contra o galego, agora o consideren un idioma de violentos, porque uns fachas de todo a cen o “defenderon” a botellazos. ¡Vaia favor que lle fixeron ao galego estes descerebrados (quero pensar que só era cousa deles)!.
domingo, 8 de febrero de 2009
Perfectamente legal
Hai poucos días publicouse que o xuiz Garzón “podería ser condenado”, como moito, a pagar 300 € pola súa responsabilidade en ceibar a dous narcotraficantes turcos. Ao parecer o xuiz non fixera os deberes e, presuntamente pola súa culpa, as dúas almas cándidas xa poden volver, se queren, ao seu negocio criminal. Ainda que o incidente foi cualificado caritativamente como un despiste, a min antóllaseme como neglixencia. Pero, en fin, todo semella perfectamente legal. Iso si, a sanción que lle pode caer a don Baltasar é, ao meu xuizo, insultantemente desproporcionada. 300 euros, ou unha simple amonestación –que é a outra posibilidade–, por esquecer poñer en marcha a prórroga da prisión preventiva para os narcos, non me parece moi xusto por isa minucia. Vexamos por que.Na pasada Noiteboa un universitario santiagués foi asaltado en Vigo por dous individuos que o ameazaron, primeiro cun monopatín sobre a cabeza, e despois con “pinchalo” con arma branca se non lles daba o que levaba. O estudiante quixo razoar pero os seus amables atracadores dixéronlle que o ían deixar en calzóns. E, de súpeto, déronlle de patadas nos nocellos. O rapaz reaccionou, empurrou os agresores e botou a correr tanto como puido. Horas despois os delincuentes foron detidos. Un deles era a duodécima vez que o prendían.O coitado estudiante nunca esquecerá estas navidades. Tras pasar toda o noite en comisaría, denunciar o sucedido e asistir na mañanciña do día de Nadal a unha vista rápida, foi citado o 26 para recibir unha cédula de citación do xulgado de instrución, coa advertencia de que si non comparecía ao primeiro chamamento poderían multalo con 200 a 5.000 €. Algo desproporcionado se o comparamos co de Garzón; pero se non o comparamos, todo arranxado. Perfectamente legal. Como foi perfectamente legal que, na vista previa, os dous asaltantes tiveran cadanseu un avogado mentres que a vítima quedara a velas vir. Tamén foi perfectamente legal que os letrados quixeran convencer ao xuiz de que o monopatín non se pode considerar como arma. E que pasaría se, para evitarse tanta molestia e indefensión, non denunciara os feitos? Pois que os agresores sairían á rúa sen cargos. E todo sería perfectamente legal, ou sexa acorde coa lei. A que fan os políticos.
Artigo publicado en Xornal de Galicia - 08.02.09